Infraestruturas de acceso

A partir dun comentario ó artigo de O estilo da Web 2.0 refiro aquí as impresións que teño sobre as infraestructuras de acceso á rede.

Como moi ben dicía Fran..”Cando a maoir parte dos españois nin sequera teñen acceso a rede, falar de web 2.0 é case utópico”

Según a tan manida lei de Metcalfe: o valor dunha rede é igual ó cuadrado do número de usuarios do sistema. É dicir, o valor da rede reside na abundancia, reside en que cada vez sexamos máis os que estemos en disposición de conectarnos. Así pois, vemos con claridade que o primeiro paso para rachar coa fenda dixital, para chegar a ser unha sociedade da información é a conexión.

Un artigo de David de Ugarte ó respecto sintetiza ben as impresións de moitos dándolle forma: Redes públicas: ¿libertad de mercado o libertades cívicas?. Non me estenderei aquí no que moi ben defendeu David…

derecho al acceso, porque no debemos confundir derechos con servicios ni ciudadanos con consumidores.

O estilo da Web 2.0

Nos tempos que corren as leis de Moore e Metcalfe quedáronse obsoletas. Aparecen novos termos por doquier e ás veces é complexo manterse ó día no léxico da tecnosfera.

Mais estes días acabo de comprender un deles en todo o seu apoxeo: a Web 2.0. Hai algún tempo que o coñezo, o uso e incluso poño algúns exemplos do que sería a Web 2.0, mais agora compréndoa (si se pode dicir algo tan pretencioso dun termo, claro está).

A Web 2.0 non se refire a un salto cualitativo nas tecnoloxías que subxacen na rede. É algo moito máis profundo, de filosofía, de estilo: proclama unha nova forma de producir, distribuir e consumir contidos para a web. Agora as tres etapas fanse de xeito distribuido, é dicir, entre todos. Non hai centros. Ten que ver máis cos bazares que coas catedrais, que diría Raymond.

Como moi ben dixo PJorge: “A Web 1.0 consúmese, a 2.0 úsase.

Os exemplos…

» A MÚSICA. Na Web 1.0 baixamos a música de servidores tipo mp3.com (correxido: puxen mp3.com no lugar de Napster, que é un P2P), na 2.0 usamos clientes Peer To Peer tipo e-Mule, bitTorrent nos que ademáis de consumir (descargar pelis, música, …) podemos producir (nós mesmos convertímonos en servidores, distribuimos o que posuímos).

» A INFORMACIÓN. Na Web 1.0 as novas encontrábanse centralizadas en portais de grandes compañías tipo Terra. Na 2.0 usamos distintos canais de información distribuida onde ademáis de consumir info tamén a “creamos”: blogs de confianza para ler (o noso propio para producir); sitios como Barrapunto, Chuza!, Arredemo, …

Así pois, estamos ante un cambio no uso da web e no aproveitamento das súas ferramentas (por exemplo do tan manido RSS), aquelas que potencian a creación de redes sociais.

Agora ben.. ¿está este “novo” paradigma creando novos modelos de sociedade?

Os costes de formación

Na IICISL falouse de diversos modelos de negocio para as empresas que traballan en torno ó software libre. Un dos máis comentados e obvios é a formación: aportar a formación necesaria para que os usuarios doutra empresa migren a un sistema libre sen problemas.

Mais a pregunta é … ¿por qué? É dicir, ¿por qué o software propietario non ten eses costes de formación? Estaba niso cando recordei un artigo de David de Ugarte no que se mencionaba o seguinte…

El caso es que tenemos a una generación que no sólo utiliza software privativo sino que lo utiliza ilegalmente. Y no sólo no se plantea la necesidad de cambiar la ley, es que piensa que la ley es justa. El resultado hipócrita es el peor resultado. Porque… ¿dónde caen los costes?

Desde luego no en las grandes empresas de software privativo (ni en las multinacionales de la música). Durante mucho tiempo las empresas de software han mantenido una actitud sumamente hipócrita respecto a las copias ilegales hechas por individuos. No se puede decir que las fomentaran, pero las consentían. Para ellas era un negocio redondo. ¿Recordáis como se impuso el Word? Era símplemente el procesador de texto más fácil de copiar y encontrar gratis. Los trabajadores llegaban a las empresas, que en aquella época, empezaban a tirar las últimas máquinas de escribir, acostumbrados a usarlo. Es decir venían con la formación hecha. Las empresas -y Microsoft- ahorraban costes de formación que recaían sobre los usuarios… Microsoft nunca estuvo realmente interesado en el mercado doméstico para Office, sino en el de empresas, y una cierta tolerancia con la copia personal ilegal, era su mejor ariete para imponerse en ellas.

Así as cousas. Sen dúbida o futuro desexable será ese no cal non existan tales costes. Mais o futuro inmediato a corto e medio plazo asemella ser ben distinto.

As cinzas

Gran viaxe. Pódese observar nas notas que deixamos despois dunha …

O congreso non foi de todo como me esperaba. Un pouco frouxo. Demasiados ponentes e moi pouco tempo para cada un deles. Así, ós que realmente tiñan algo que dicir faltoulles tempo.

O curioso -como dicía Jordi– é que nun congreso de software libre, o ponente que nos roubou o corazón e nos mantivo en vilo fose un filósofo chamado Bustamante!

Mais a pesar do desconcerto inicial, non é tan extraño que fose así.

A pregunta da mesa de debate na que participaba era a seguinte … ¿estanse a xerar novos modelos de sociedade?. Un envite -de por sí- non moi sinxelo de escorrentar.

Os ponentes respondérona con maior ou menor fortuna. Bustamante bordouno. Enlazando con boa man filosofía, economía e software libre conseguiu algo que moi poucos durante os 3 días conseguiron: que lle prestásemos atención con verdadeiro interese (entusiasmo nalgún caso). Non en vano no seu discurso podíanse entrever raíces ciberpunks con algunha que outra referencia a Himanen. Mais non só iso, of course.

De tódolos xeitos, sí conseguín aclarar certas dúbidas. Dúbidas que irei publicando de maneira periódica de agora en diante. E que moito me temo que encherán gran parte dos estantes deste bazar.

Málaga, regreso ó futuro

Nuns días emprenderei unha longa viaxe: Vigo – Compostela – Madrid – Málaga. E volver. Espero todo saia como espero, polo momento… prometer, promete.

Mais tranquilos que non pasarei pola T4! Con moita pena quédome na T2. Parece ser que Spanair non meteu suficiente pasta para que a trasladaran, ou non quixo facelo. Sexa o que sexa non sairei na tele como un pasaxeiro máis dos que estes días entrevistan pola inauguración. Pensándoo mellor. Viva a T2!!

Os que aínda vos preguntades a qué vou… ben, só busco respostas a certas preguntas que me rondan. Con esta viaxe retomo temas que deixei hai uns meses aparcados, logo de comezar a ler o libro de Himanen: La ética Hacker y el espíritu del informacionalismo.

Xa vos contarei.