Boiro, infraestruturas e turismo

Turismo en Boiro
Domingo 28 de maio. Ano 2006. Un calor sofocante. As praias da comarca do Barbanza abarrotadas. Como tódolos veráns. Cada vez máis Arousa Norte é un destino apetecible para os turistas. E tamén para os atascos.

Este fin de semana xa se sufriron os primeiros atascos na Vía Rápida que une Ribeira e Padrón. Aínda que a localidade máis afectada foi a de Noia.

Por suposto este é un simulacro do que será este verán. Só iso, porque a estas alturas, a afluencia de xente non é nada comparado cos meses claves para o “turismo estacional” que lle chaman. Un dato significativo: dous dos bares de Boiro de maior afluencia están agora de vacacións, por reformas ou descanso do persoal. Preparándose para o que está por vir.
O verán promete, e será máis conflitivo que os anteriores por dúas razóns principais: o aumento da presión poboacional sobre a vila de Boiro e a redución dos carrís lentos á altura de Rianxo, as conocidas curvas de Vilas.

O das curvas de Vilas darían para un blog enteiro: Nacemento e historia da Vía Rápida do Barbanza. As curvas de vilas, un tramo mortal. Dende a construción inicial chea de peraltes ó reves e curvas imposibles ata a eterna demora no desdoblamento e mellora da carretera… Pero o segundo factor é o que máis me interesa para o que quero resaltar. O aumento da densidade poboacional, ou da presión do ladrillo sobre a costa.

Escarabote
A economía de Boiro -ó igual que os veciños do Barbanza- depende en gran medida do ladrillo, turismo e conserveiras. Sufrindo éstas últimas un proceso de deslocalización máis ou menos forte. A construción de vivendas multifamiliares a menos de 100m da costa é un feito que atinxe sobre todo á zona de Escarabote (situada no tramo Boiro-Pobra do Caramiñal), sen desmerecer outras zonas do concello.

Estas vivendas adícanse sobre todo a 2ª residencia. Xente de Compostela e arredores, pero non só. A presión sobre a costa -e sobre o prezo da vivenda- aumentou desmesuradamente a golpe de Plan Urbanístico. E non se contou co adecuado dimensionamento dos servizos e as infraestruturas. Xa non só das carreteras, senón tamén da auga, servizos de alcantarillado, etc
O que vimos este fin de semana non é un feito puntual, senón que é consecuencia dun determinado modelo de desenvolvemento. Un modelo de pan para hoxe e fame para mañán. Algo que se agravará este verán máis que nunca polo crecemento sin control das vivendas a pé de plaia.

Non se pode abordar unha posible solución ó problema dos atascos, perdas de auga, mal saneamento, etc sen repensar o desenvolvemento e progreso da zona. Cando todo o mundo trata de informacionalizar a súa economía (investimento en I+D, servizos, etc) nós aínda dependemos en gran medida do modelo de ladrillo e turismo estival.

A Xunta e a bolsa de aluguer

Aparece hoxe, na voz de Galicia, un artigo sobre a bolsa de aluguer da Xunta. Sobre cómo a primeira bolsa que xurdiu por iniciativa do PP (boa cousa, hai que darlle aquí a razón ó vello) só fixo aumenta-los prezos do aluguer pois non se controlaban os arrendamentos (pero mal implantada, quizá ás presas).

O actual goberno, logo de repensa-las condicións da bolsa, volve a ofertala con novas condicións que pretenden controla-lo prezo e evita-los fraudes.

A nova: O final da bolsa de aluguer frea a escalada de prezos en Galicia.

A toda costa

Nos últimos tempos estamos vendo unha progresiva marbellización da costa galega. Plans urbanísticos desmesurados, construcións a pé de costa, etc

Para chamar a atención sobre esta problemática e xerar debate en torno á edificabilidade da costa e o acceso á vivenda, na rede arredemo empézase a move-la xente. A idea consiste en crear debate e denuncia-la situación actual. Ámbalas dúas cousas deben ir da man. Non olvidemos o que pasou coas últimas “sentadas por una vivienda digna”: desmovilización por non ter un claro obxectivo.

Co gallo das eleccións municipais do 2007 é un bo momento para realiza-la campaña, xa que os concellos teñen moito que dicir ó respecto. Démoslle contido pois!

Os primeiros pasos:
— artellar un mini-discurso co que ir “en campaña”.
— creación dun grupo público en Flickr para subir fotos-denuncia.
— creación dun logo “A TODA COSTA” para publicitar nos blogs e outras webs a campaña.
— outras obras audiovisuais estilo microfundismos de ACC. Microfundismo “feísmo”, etc

Día de reflexión: a ironía Miralles

Hoxe é día de reflexión na Universidade de Vigo. Mañán son as eleccións a reitor.

Eu apliqueime o conto e estiven reflexionando sobre “ésta, nuestra universidad“. E como elemento de modernidade para mostrarvos escollín o edificio Miralles, sito no campus universitario das Lagoas-Marcosende. 450 millóns de pesetas ben invertidos. Boa mostra de cómo os reitores e o seu equipo de goberno invirten coidadosamente os cartos das nosas baratas matrículas.

Non vou facer aquí apoloxía de ningún candidato, pois estou seguro que gañe quen gañe mañán governará esta nosa universidade con sentido común e boa maña. Déixovos cunha serie de fotos que fixen do grandioso e premiado edificio:


(acceso á serie completa)

A cultura circula en Boiro

A cultura circula. Non reside en cidade algunha. Pertence a un país: Imaxinario, soterrado.

Esta semana asistín en Boiro ó espectáculo Tentacular da Cultura Circula.

A montaxe residía nunha mezcolanza de circo: malabares, acróbatas, mimo; audiovisual: microfundismos de Control Z; monólogos: Quico Cadaval, Carlos Meixide -non sei si chamarlle monólogo á súa “actuación”-; e risas sen parar: Teatro Trévere (o domador da faneca brava e outros varios) e Mofa e Befa (coa montaxe Os Romeros de Hondarribia). Todo elo aderezado por unha banda fabulosa (a Banda Baliza) e outras actuacións musicais: Mónica de Nut. (ver programa completo).

A montaxe é espectacular e non podo máis que falar ben dela: unha idea atrevida e levada a bo porto. Variedade. Diversidade. Identidade por suposto. Cun nexo común (o mar) varios artistas integran unha gran obra, demostrando que é posible facer cousas fóra do star system do espectáculo. Pode que sexa hora de que os artistas volvan a gañarse os cuartos traballando, de xira en xira. Polo que eu vin en Boiro a xente responde e gusta deste tipo de obras.

Apocalípticos …

Xa o dicía Umberto Eco. Hainos apocalípticos e hainos integrados. Como non pode ser doutro xeito nesto das novas tecnoloxías ocorre o mesmo: redes P2P… piratería! – videoxogos… pornografía, destrución!

Velaquí algúns retazos dos apocalípticos…

Sobre as novelas

“The free access which many young people have to romances, novels, and plays has poisoned the mind and corrupted the morals of many a promising youth; and prevented others from improving their minds in useful knowledge. Parents take care to feed their children with wholesome diet; and yet how unconcerned about the provision for the mind, whether they are furnished with salutary food, or with trash, chaff, or poison?”

– Reverend Enos Hitchcock, Memoirs of the Bloomsgrove Family, 1790

Sobre as películas

“This new form of entertainment has gone far to blast maidenhood … Depraved adults with candies and pennies beguile children with the inevitable result. The Society has prosecuted many for leading girls astray through these picture shows, but GOD alone knows how many are leading dissolute lives begun at the ‘moving pictures.'”

– The Annual Report of the New York Society for the Prevention of Cruelty to Children, 1909

Sobre os videoxogos

“The disturbing material in Grand Theft Auto and other games like it is stealing the innocence of our children and it’s making the difficult job of being a parent even harder … I believe that the ability of our children to access pornographic and outrageously violent material on video games rated for adults is spiraling out of control.”

– US senator Hillary Rodham Clinton, 2005

(máis apocalípticos neste artigo da Wired de abril)