Categories
All Galego

… e integrados

E fronte ós apocalípticos estamos os integrados. Compartir é bo, as redes P2P facilitan a distribución, bla, bla, …

Mais non hai mellor apoloxía dos integrados que ésta: Bob Dylan en The Times, They are changin.

(na foto aparece con Joan Baez na Marcha polos Dereitos Civís en Washington, D.C, 1963)

The Times, They are changin

Come gather ’round people
Wherever you roam
And admit that the waters
Around you have grown
And accept it that soon
You’ll be drenched to the bone.
If your time to you
Is worth savin’
Then you better start swimmin’
Or you’ll sink like a stone
For the times they are a-changin’.

Come writers and critics
Who prophesize with your pen
And keep your eyes wide
The chance won’t come again
And don’t speak too soon
For the wheel’s still in spin
And there’s no tellin’ who
That it’s namin’.
For the loser now
Will be later to win
For the times they are a-changin’.

Categories
All Galego Society

A constitución española e o software libre

Hoxe, no xornal estatal El País, sae un artigo de Esteban González Pons relativo ó software libre e á constitución española. Conclué que a constitución é pro-software libre. Os eixos de razoamento son os habituais:

1. A obligada neutralidade do estado en relación cos seus cidadáns: a relación estado-cidadán non pode estar marcada pola dependencia de uso dun PRODUTO ESPECÍFICO de software.

2. A privacidade e seguridade dos nosos datos: derivadas de non ter acceso ó código fonte, non se pode asegurar que non existan erros inconscientes ou erros conscientes que permitan acceder a outras persoas ós nosos datos privados: declaración da renda, datos seguridade social, etc

3. A eficiencia no uso dos recursos. A mellor maneira de obter software seguro e fiable é desenvolvelo según unha filosofía aberta.

4. A independencia do estado con respecto ás empresas que lle dan servizo: cos sistemas cerrados, os estados están a merced da compañía proveedora. Non se pode asegurar que non existan puntos de acceso ó programa dende fóra do sistema (obsérvese a crise do petróleo en Bolivia no golpe de estado contra Chávez).

O artigo non di nada novo en sí mesmo. Simplemente é reseñable polo contexto:

> A plataforma: o maior periódico de tirada nacional.
> O defensor: Esteban González Pons, Conselleiro da Presidencia da Generalitat Valenciana e promotor e ex-Presidente da Comisión de Internet do Senado.

Ó fin e ó cabo comunicar é seducir, conquistar. E aínda hoxe consiste máis en facelo non con argumentos, senón coa gramática cultural. Así, o noso traballo debe ser facer presión -lobby- : obligar ós nosos representantes a que defendan o que nós cremos. Traballemos nese sentido.

Categories
All Events Galego

¿Qué é para ti o galego?

Co gallo do día das letras galegas -que tamén é o día de internet- no xornal Vieiros, lanzouse un reto á rede. Defini-lo galego a través de fotografías: o galego no espello.

As propostas deben evita-los tópicos. Hai que facer un esforzo e encherse de imaxinación, pois:

“Non queremos rosalías. Non queremos castelaos. A dificultade da proposta é que deberedes evitar unha serie de tópicos tabú. As fotografías non poderán incluír nin retratos de autores ou xente da cultura, nin bandeiras, nin, libros, nin letras, nin bibliotecas, nin imaxes de xornais impresos”

Xa sabedes pois. A pensar un chisco na metáfora adecuada para a nosa lingua materna. Logo, sacade o voso ollo tecnolóxico e fotografádea. Imprimídea en pequenos anacos de silicio. O mesmo esforzo pagará a pena.

NOTA1: a iniciativa encádrase noutra de promovida pola consellería de innovación e industria da Xunta: + internet, +galego, + futuro
NOTA2: a foto é unha das presentadas a concurso, autor: o ghaio

Categories
All Galego

«O valor das cousas nao está no tempo que elas duran, mas na intensidade com que acontecen. Por isso, existem momentos inesquecíveis, coisas inesplicáveis e pessoas imcomparábeis.»

— Fernando Pessoa

Categories
All Galego

A aprendizaxe (e o software)

Hai uns días reencontreime de novo cun par de artigos moi interesantes, e cunha páxina –La web de JM– que levaba tempo sin visitar.

>> De volta ás bases
>> Aprende a programar en 10 años

Ambos teñen que ver cos procesos de desenvolvemento de software e coa aprendizaxe. Fíxome reflexionar sobre a relación universidade-empresa: ¿qué debemos aprender ou qué nos deben ensinar? Eu quédome co seguinte…

Si quieres enseñar a alguien alguna cosa bien, debes empezar en los niveles más bajos. Como en “Karate Kid”. Limpiar, Encerar. Limpiar, Encerar. Haz esto durante tres semanas. Después, tumbar a otros karatekas es fácil.

(artigo orixinal, tradución ó español)

Coda para programadores: ALGORITMO DE SHEMIEL O PINTOR

Shemiel consiguió un trabajo como pintor de calles, pintando la línea discontinua de las carreteras. El primer día cogió su cubo de pintura y acabó 300 yardas de carretera. “¡Eso está realmente bien!” le dijo su jefe. “Eres un trabajador muy rápido” y le dio una propina.

El día siguiente, sólo consiguió hacer 150 yardas. “Bueno, no ha estado tan bien como ayer pero todavía eres un trabajador rápido. 150 yardas es una cantidad muy respetable”. Y le pagó una pequeña propina.

Al día siguiente, Shemiel completó 30 yardas de carretera. “¡Sólo 30 yardas!” le gritó su jefe. “¡Esto es inaceptable!. El primer día hiciste 10 veces más distancia ¿Qué está pasando aquí?”

“No puedo hacerlo mejor”, dijo Juanito, “cada día estoy más y más lejos del bote de pintura.”

Categories
All Galego Society

Eppur, si mouve…

Galileo foi un gran físico/filósofo (recordade a separación exigua que existían entre as dúas ciencias agora ben diferenciadas). Un dos seus logros máis célebres foi argumentar definitivamente as tesis heliocentristas do universo, principalmente que a terra se movía, e para máis inri facíao ó redor do sol.

Por divulgar estas ideas foi requerido en Roma pola Inquisición. Tras un longo e agotador interrogatorio, o 22 de xuño de 1633, admiteu o seu “erro” e negou que o Sol fose o centro do universo e a Terra xirase en torno ó seu eixo e ó redor do Sol.

Eppur, si mouve….

Supoño que Galileo non era irresponsable (na medida en que non dicía cousas por dicir, senón que si defendía esa tese era porque tiña datos fiables). Pero tampouco se sentía un mártir. Unha confesión así daríalle a oportunidade de saír e seguir traballando nas súas teorías, sen dúbida. Sendo asçi, refórzase a idea de que ó sair do xuízo obligado pola inquisición a desmentir o movemento da terra, fíxoo mascullando… “y sin embargo, se mueve…”

Ben. Hai un tempo comentaba a noticia saída en tódolos medios de comunicación: ¿persoas detidas por descargar de internet películas, música e porno?.

Mais agora parece que non era para tanto, que se sobreseen os casos e a xustiza incluso se plantexa demandar ós demandantes por calumnias… (visto en código cero).

Como defendíamos nos medios; cidadáns… e sen embargo, móvese.