Conversas e homes renacentistas

«- Reivindica usted al hombre renacentista: Leonardo, Galileo, …
– Aquellos fueron los momentos estelares de la cultura y no hay política ministerial que lo provoque.
– ¿Qué propone?
– Es un problema de cafetería. En mi época de estudiante, tomaba café con físicos, biólogos, químicos, … y conversábamos. Ahora cada catedrático se hace el café en su propia habitación.»

— Entrevista a Jorge Wagensberg, físico y director del museo de la ciencia de Barcelona)

Habitando unha sociedade pos-fordista: o informacionalismo

O INFORMACIONALISMO E A SOCIEDADE REDE

No medievo, o motor da economía e da sociedade eran a agricultura e a gandeiría. Os terratenentes que figuraban en primeiro lugar da revista Forbes da época era xente que vivía das terras. Básica e superficialmente explotando a outros que as traballaban.

Coa progresiva chegada da Industrialización esto foi cambiando e, a pesar de que seguían existindo gandeiros e agricultores, o motor da sociedade foron as industrias. Con este novo paradigma tecnolóxico -derivado dos avances nas tecnoloxías de transportes, comunicación e enerxía- producíronse cambios profundos na sociedade. E non me refiro só ó aumento da produción e novos inventos, senón tamén á relación co traballo, o diñeiro e o tempo. Por exemplo: os traballadores campesiños difiren en moito dos industriais. Para empezar os primeiros traballan conforme a obxectivos, sen un horario establecido. Os segundos ríxense por horarios e fichas que ticar. O caso paradigmático da industrialización pode ser o modelo de traballo derivado de Ford: os traballadores non son máis que eslabóns dunha cadea. Coas consecuencias que non só Tempos Modernos caricaturiza. Senón algunha máis profunda.

Hoxe en día, habitamos unha Sociedade Rede (ou da Información e o Coñecemento) que ten como paradigma tecnolóxico o Informacionalismo. En La ética hacker y el espíritu del informacionalismo, Pekka Himanen contrapón as raíces da Industrialización e o Capitalismo: a Ética Protestante (algo que explicara Max Weber en “La ética protestante y el espíritu del capitalismo“), coas da nosa sociedade actual. Defende que o Informacionalismo (do que deriva en parte a Sociedade Rede) funde as súas raíces na Ética Hacker.

Mais, antes de tentar explicar qué cambios pode implicar esta nova época no noso modo de vida, debemos entender o que significa na práctica o novo paradigma tecnolóxico: o Informacionalismo.

O INFORMACIONALISMO: CASOS “PRÁCTICOS”

O traballo intanxible, do coñecemento, ven aumentando o seu valor nos procesos produtivos. De mostra, un botón:

… desde 1945 el peso en Kg del PIB mundial ha decrecido mientras su valor en moneda constante ha crecido prácticamente sin parar.

¿Pero, qué significa isto?

Para empezar, si botamos un ollo á INDUSTRIA CONVENCIONAL, vemos que agora -a diferencia de na era industrial- xa non abonda con fabricar. Os novos tempos ríxense pola organización do traballo (para optimizar tempos de produción, minimizar stocks, …) e a inversión en I+D+i (para aportar valor ó producido, algo que nos diferencie do competidor) porque fabricar xa o pode facer “calquera”. Traballos intanxibles: de enxeñeiros de organización, economistas, etc. Xente que non traballa coas mans, senón coa cabeza. Non en vano hai hoxe máis xente ca nunca nas universidades.

Mais non só na industria convencional se nota o cambio. Por todos lados florece: só hai que abri-los ollos e desexar ver.

Nun maremágnum de información como a que temos hoxe en día á nosa disposición provócanse colapsos de información. Colapsos por exceso. Así, hoxe máis que nunca precisamos xente que se dedique a categorizar e re-distribuir a información: tradutores para entende-los conflitos internacionais (sen dúbida os máis demandados deben ser os de linguas árabes), homes renacentistas con coñecemento de varias disciplinas (para tender pontes entre a superespecialización do traballo), xestores do coñecemento e da innovación (esas persoas que se encargan de deseñar procesos para que a experiencia non se perda), etc.

Mais logo de categoriza-la info e tela á nosa disposición precisamos darlle forma: o analistas. Sociólogos, filósofos e periodistas; pero tamén brokers, consultores de tecnoloxía, etc. Think tanks, en definitiva.

E, para rematar cos exemplos de qué significa a “intanxibilidade da economía”, hai 3 industrias especialmente características da nosa época: a audiovisual, a farmacéutica e a das telecomunicacións e informática (refírome aquí principalmente á industria software). Todas traballan coas ideas, con intanxibles. Todas envoltas nos novos conflitos que David De Ugarte describe como Tecnoimperialismo.

Con estes exemplos e coas teorizacións de Castells, Himanen e outros podemos entender xa onde estamos: a era do Informacionalismo e a Sociedade Rede.

(continuará…)

Cartografiando a guerra do lume

Teléfono de voluntariado: 900 400 800 | Incendios 085 | Protección Civil 112

Fontes oficiais: Consellería de Medio Rural e novas da Xunta.

Na blogosfera:

(Actualización 14-agosto) >> O blog do campesiño e incendios forestales.

>> As sospeitas razoábeis de Calidonia, ou unha posible relación entre lumes e negocio urbanístico.
>> Os incendios forestais en Galicia. Libro de actas das xornadas de novembro do 2005 para analiza-la problemática e buscar solucións.
>> ArdeGaliza.info, Indymedia GZ,
>> As imaxes: O teu monte precisa de ti, Lume Nunca Máis, O lume é o 1º invasor, grupo público en flickr.

Os medios de comunicación convencionais:

>> Na Voz de Galicia: as causas posibles e as lagunas coa lexislación que permiten a recalificación.
>> En Vieiros fan seguemento intensivo: no escáner.

Animacións: El mundo, El País

¿U-la dereita galega e responsable?

O lider fala…
onde hai gobernos divididos como o famoso tripartito en Cataluña ou o bipartito aquí, é onde hai máis lumes“. Fraga dixit.

…e a dirección entende: hai que vende-lo caos. A posta en escena:
>> A comitiva de Rajoy e Feijoo visita un lugar afectado. De repente reavívase un foco e alguén da mesma se apresura a apaga-lo lume. A metáfora queda clara.
>> Crean un “gabinete de crise autónomo” en cada un dos seus concellos: o alcalde, concellal de medio natural e os xefe da policía e protección civil. Nada de integrarse na axuda da Federación de Concellos nin oir falar da Xunta. Hai que vender descoordinación.

Chega o verdadeiro cortocircuito. Brota a culpa, o pecado:
Nosotros, con el Prestige teníamos montado un gabinete de crisis a las 48 horas“, oio dicir a Rajoy na TVG.

As bases tamén entenden:

  • SMS1: El bipartito gallego descabezo el Servicio de Incendios de Fraga,les acuso de beneficiarse de los incendios.Resultado 4 muertos,40000 Has quemadas en 4 dias y lo que falta ¿Donde estan nunca mais y el resto de la manifestacion? pasalo
  • SMS2: En la crisis del chapapote cero muertos y a dia de hoy las playas de galicia las mas limpias de ESPAÑA. Con los incendios de este verano 3 muertos y los daños medioambientales duraran varias decadas.¿Donde estan los del NUNCA MAIS? Dimision de ZP, Narbona y Touriño. PASALO

Señor Feijoo, por favor, apareza. Faga ver de novo a dereita responsable que asomaba pola porta no arranque da discusión do estatuto (unha reunión BNG-PP hai 3 anos era impensable, alomenos que quixeran tirarse dos pelos).

Entendo o xogo da política. Goberno-oposición. Pero hai límites. Eses límites son os que separan os partidos responsables dos irresponsables, os partidos que buscan a confianza da poboación e os que buscan a súa sumisión.

Galiza precisa de partidos que busquen da confianza dos seus cidadáns. Non que nos avasallen outros 16 anos.