Categories
All Galego

«Tarde o temprano has de decidir quiénes son tus compatriotas: aquellos con los que compartes lengua y tatarabuelos o aquellos con los que compartes el ansia de habitar un planeta más justo en el que todos podamos vivir dignamente en paz. De esta decisión dependerá cuál sea tu patria, el miedo o el mundo.»

— Gonzalo Sánchez-Terán, Carta desde África

Categories
All Galego

Revolución…

«Jedes herz ist eine revolutionare zelle: En cada corazón late unha célula revolucionaria

— Los edukadores

E vida…

«A maneira máis razonable de servir a unha causa non consiste en morrer por ela, senón en sobrevivila

— Yashmina Kadra, El otoño de las quimeras

Categories
All Galego

O desenho (¿de camisolas?) galego

Xa todos coñecedes o desenho galego: as camisolas están de moda. Non vos vou descubrir nada. Simplemente quero pór uns enlaces que atopei chuzando (grazañas polos enlaces a IaRRoVaWo e a Marcus polos videos continuos!):

A Vaca LácteaAduaneiros Sem FronteirasCaramuxoEiovai – FentoKillermundiNicetripOcochoOnce Varas – Projecto GlobalRei ZentoloWestopia

PD: non vos perde-la crítica/posición de panchez en torno ó personalismo/autoría e os mass-media. Poderíase resumi-la súa posición como ¿Opacidade ós medios, transparencia coa audiencia? Nótase a influencia da ala “dura e creativa” italiana.

Categories
All Galego

¡Occidental lo será usted!

«Con la globalización, “Oriente” y “Occidente” se relocalizan, a través del planeta y en cada ciudad. Lo mismo ocurre con el “Norte” y el “Sur” del mundo: ¿dónde buscar la estrella polar o la Cruz de Sur cuando nos enfrentamos a la coexistencia de una élite muy rica de un país asiático y de chinos sin papeles reducidos a la esclavitud en una tienda de alimentación del nordeste italiano? ¿O a la coexistencia de los “hombres-topo” en las alcantarillas de Nueva York y de un cortesano de Brunei?»

— Wu Ming 1, ¡Occidental lo será usted!

De los textos publicados en Esta revolución no tiene rostro.

Categories
All Galego

Plutón: a realidade, a ciencia e o relato

Estes días de Agosto do 2006, e a raíz do descenso de Plutón de “planeta” a “planeta enano” -calificativo dado pola “traxectoria” do mesmo no sistema solar ;P -, tivéronse debates interesantes sobre a filosofía da ciencia e a nosa época -que chamaremos en términos xerais- posmoderna. O debate calou na blogsfera hispana tanto como nos medios convencionais.

En 3 cartas ó director do diario El País – Plutón posmoderno; Más Plutón y menos Platón; Ciencia y Religión – poñémonos en órbita. ¿A ciencia é ou non é científica? ¿Pódese coñecer a realidade ou todo é relativo?

En primeiro lugar e como aclaración, dicir que actualmente dámoslle validez á observación e á construción teórica a partir do observado para relata-lo sucedido. Chamámoslle a iso Ciencia. Outra cousa ben distinta é a realidade: simplemente o que sucede.Ben. A realidade, sen dúbida, é un sistema dinámico e complexo dende o punto de vista matemático (si é que así se puidese modelar). Complexo porque presenta múltiples variables que o fan cambiar, e dinámico porque non sempre ocorre do mesmo xeito: esas mesmas variables que o compoñen (e/ou outras externas) poden modifica-la “estrutura” da realidade, como si dixéramos.

Sendo así, tratar de explica-la realidade pode parecer unha tarefa inconmensurable. Inútil. Mais non o é. Ahí temos os resultados: podemos viaxar á Lúa, almacenar ondas e sonidos e escoitalos mentras comemos hamburguesas con ketchup (non tódalos resultados son do noso agrado, claro).

E aquí o nudo gordiano do debate: entón… ¿a ciencia é a realidade?

Evidentemente: non. Mais sérvemos para relatala. Cremos que o mundo se pode coñecer, aínda máis, cremos que se pode modelar (facer un modelo que se aproxime á realidade) tendo como linguaxe as matemáticas. Mais o modelo segue sin se-la realidade.

A realidade ocorre, a ciencia nárrase.

A Ciencia como suxeito histórico non sufriu unha progresión liñal, senón que se foi desenvolvemento “a tombos”. Foise actualizando. Hai verdades científicas no seu momento que agora son verdadeiras estupideces: ¿ou volve A Terra a ser plana?. E incluso vou máis alá: existen “mentiras” que usamos para a nosa vida cotiá porque nos son útiles. A mecánica clásica de Newton foi superada pola cuántica de Einstein en canto a estrutura que modela mellor a realidade. Pero seguímola usando porque nos serve para ir de Vigo a Compostela co R-598 de Renfe (polo menos ata que se privatice, logo xa veremos… ).

Isto é o que é a ciencia: relato do que nos sucede según unhas estruturas que creamos para así entendelo e poder modificalo. Relato. Simple relato. Nada máis, pero tampouco nada menos. Agora ben, si o comparamos con outros relatos -mitoloxía, relixión, etc- sae ben parada.

Estas estruturas creadas para coñecer non son boas nin malas, pero tampouco neutras: estas estruturas son o noso filtro da realidade.

Volvendo ó inicio… ¿Qué pasou con Plutón? ¿Por qué agora xa non é planeta? Pois porque ó parecer tocaba actualiza-las estruturas coas que miramos a realidade. Parece que en Astrofísica tamén houbo avances que nos fixeron crear modelos mellores que os anteriores.

Compilando. Logo de todo este relato parezo un posmoderno. Pode que o sexa, pois ó fin e ó cabo, creo que a Ciencia é subxectiva. Mais asumo que hai verdades, regras e teorías válidas e necesarias -tanto na Ciencia como na Convivencia- sen as cales nos sería imposible existir tal e como nos coñecemos.