Nuns días emprenderei unha longa viaxe: Vigo – Compostela – Madrid – Málaga. E volver. Espero todo saia como espero, polo momento… prometer, promete.
Mais tranquilos que non pasarei pola T4! Con moita pena quédome na T2. Parece ser que Spanair non meteu suficiente pasta para que a trasladaran, ou non quixo facelo. Sexa o que sexa non sairei na tele como un pasaxeiro máis dos que estes días entrevistan pola inauguración. Pensándoo mellor. Viva a T2!!
Os que aínda vos preguntades a qué vou… ben, só busco respostas a certas preguntas que me rondan. Con esta viaxe retomo temas que deixei hai uns meses aparcados, logo de comezar a ler o libro de Himanen: La ética Hacker y el espíritu del informacionalismo.
Xa vos contarei.