25 de Abril: cravos e P2P

Hai uns días enlazaba república e estándares abertos: o que puido ser e non foi … co que hoxe debe ser. Hoxe toca enlazar A revoluçao dos cravos e as diretivas europeas de P2P.

Según a diretiva e enmendas aprobadas o 25 de abril do 2007 (33 anos despois de que os cravos nos fusís derrubasen o ditadura de Salazar), temos que:

Se sitúa así en el punto de mira penal a los portales P2P que sin contar con la autorización de los titulares de derechos de autor obtengan beneficios comerciales. Ello no obstante, y en virtud de la enmienda número 13, el artículo 2 de la Directiva excluye la punibilidad de los actos efectuados por usuarios privados con fines personales y no lucrativos.

Queda claro entón: o P2P sen ánimo de lucro é legal. Agora, e según o dereito comunitario europeo, só resta que cada país transpoña esta directiva ó seu ordenamento xurídico nacional.

Como reza a canción… O povo é quem mais ordena…

NOTA: O cartaz que acompaña a este post está tirado do traballo que fixo Calidonia (seguindo a linha iniciada por Berto) para visibilizar 100 cartaces do 25 de abril.

Taller: a mañán do sábado

Última sesión do seminario de Novas Tecnoloxías e Comunicación. Taller realizado por Xosé Ramil, da Fundación Chandra.

# 10:20h – 12:00h. Comezamos a sesión matinal repasando o feito o día anterior: cómo crear bitácoras e manter as estatísticas, as alertas de Google News para facer seguemento da entidade, de eventos ou palabras clave. Finalmente recórdase a creación da lista de correo para resolver dúbidas.

Continue reading

Taller: venres, sesión tarde

Transcripción do seminario de novas tecnoloxías e comunicación. Venres 20 de Abril. Sesión da tarde. Facultade de dereito, USC.

Xosé Ramil, periodista nos inicios do proxecto Vieiros, logo participa en Inicia (primeira iniciativa de PRISA en internet). Posteriormente, coordinador do proxecto Canal Solidario. Actualmente actúa como coordinador do proxecto Ekoos.org tamén da Fundación Chandra.

Continue reading

Taller: venres, sesión matinal

Transcripción do seminario de novas tecnoloxías. Venres 20 de Abril. Sesión matinal. Facultade de dereito da USC.

Ponencia a cargo de Xabier Meilán. Ex-redactor do Ciberpaís, profesor da Escola de Xornalismo UAM/El País e do Máster de Comunicación Política do Instituto Uniersitario de Investigación Ortega e Gasset. Consultor electoral internacional, analista político e de medios.

Continue reading

Taller NNTT, comunicación e ciberpoderes

Estes días andamos atando os últimos cabos para a realización do taller de novas tecnoloxías e comunicación, organizado pola Coordinadora galega de ONGD e impartido pola Fundación Chandra (ponentes: Xosé Ramil e Xavier Meilán).

Co seminario pretendemos que a xente das ONGD galegas empecen a manexar con fluidez as ferramentas que internet pón á súa disposición. Capacitar, alfabetización dixital.

O certo é que no “mundo ONGD” se descoñece a potencialidade de internet para creación de axenda pública (recordemos: a primeira tarefa dun activista). Así, hoxe en día, os activistas poden chegar a obter “ciberpoderes” que -na maior parte dos casos- descoñecen. Co seminario non esperamos resolver esto dunha tacada, o que sería irreal… mais sí fomentar a creación dunha rede de xente coñecedora destos temas e dende a que poden xurdir novas iniciativas. Queremos sembrar, non diseñar.

Tratarei de facer no blog actas diarias do ocorrido no seminario… non sexa que se cumpla o refrán… “na casa do ferreiro, cuchara de pao”.

Relacionados neste blog:

De raíñas republicanas e estándares abertos

«Porque sepan que para nosotros no hay más reyes terrenales que los de la baraja (española, para más señas), ni más reinas que las que, de tanto en tanto, nos roban el sueño con apenas una mirada y así nos va.»

Con esta máxima paso -de camiño cara á estación- pola concentración republicana no MARCO. O sábado. 14 de abril. Pura nostalxia do que puido ser e non foi. E do atraso que iso nos supuxo.

Hoxe, 16 de Abril penso nos novos retos cos que temos que lidiar: a LAECAP e a LISI. Éstes, retos lexislativos, mais que marcarán de igual modo o que poderemos ser. Ou non ser.

Globalización, localización e novos medios

abraço grátisEste ano cúmplense 5 dende que a revista tecnolóxica Código Cero comezara a súa andadura. Para celebrar esta ocasión, na revista impresa número 52 [PDF] invitaron a algúns internautas galegos a que contaran as súas sensacións/experiencias logo destes 5 anos … ou que fixesen un exercicio de prospectiva para os 5 seguintes.

Manuel Gago enumera os 10 sitios webs que cambiaron a súa vida, Eva escribe un artigo sobre internet e o xénero e David Lombardía describe as 5 killer aplications 2002-2007.

Eu –sen ánimo de xogar a futurólogo, exercicio que require persoas renacentistas– escribín un artigo bastante conservador, nada novo pero que convén deixar claro: limítome a describi-los dous eixos que potencian a emerxencia dos novos medios: o global e o local.

Así, a tese principal é que de forma simultánea a emerxencia dos novos medios potencia o eixo global e o local, ampliando os espazos (xeográficos e non xeográficos) de cooperación e competencia. Nada máis, pero tampouco nada menos.

Por suposto, esto ten consecuencias que é necesario explorar, mais non é a miña intención enumeralas de momento, senón deixar clara a idea.

Post relacionados neste blog:

Crónica vacacional: a cultura emerxente

Logo duns días na casa cuasi-aillado, recupero a vida en Vigo, mais non sen antes dar un apunte sobre o ocio e a cultura no “meu concello”.

Dentro da mancomunidade, pódese dicir que Boiro é o pobo do fin de semana, o pobo botellón ou “da marcha” na comarca do Barbanza a arredores. Algo polo que tamén é unha opción habitual para as vacacións do verán: a vila como lugar turístico, creando asimesmo os conflitos no modelo de desenvolvemento. O turismo como problema e solución á vida dos residentes en Boiro.

En todos estes anos ademáis, existe unha emerxente comunidade de persoas que desexan convertilo en algo máis que ladrillo e ron. Que pelexan por crear espazos de convivencia, diversión e crítica. A grosso modo podemos destacar 2 axentes principais en torno ós que se artellan:

  • O proxecto Leñaverde nado co beneplácito da concellería de cultura e que serve de palanca de promoción de outras iniciativas: o ciclo de curtametraxes, exposicións, concertos, iniciativa de locais de ensaio da Xunta, etc
  • Certos bares da vila. A Pousada das ánimas como principal axente (semana latina, tripijazz, …) máis tamén outros como o Esmorga que agora programan actividades (fundamentalmente concertos) máis alá da happy hour.

Así, logo dunha longa ausencia do meu pobo (máis alá das visitas esporádicas), descubro que ós poucos se converte nun lugar máis habitable. Descubro que existen cousas por facer e persoas que coñecer: un Boiro novo. Descubro que pode ter futuro a pesar de todo.

Déixovos un video do grupo The Ellas (Luis Tosar e Piti Sanz están entre os compoñentes). Grupo que puidemos ver esta semana na Pousada … e que nos encantou! Unha particular homenaxe ás mulleres: cancións “de mulleres” cantada e tocada por homes: Garbage, Alanis Morrisette, No Doubt, Gloria Gaynor, … ó final quedámonos coas ganas de que Tosar volvese a cantar a Pearl Jam

(estamos tendo problemas co engadido WP-SWFObject para o muPress, de tódolos xeitos -e mentras non demos co erro- podedes ve-lo video nos enlaces)

[SWF] http://media.vieiros.com/vieiros/tosar/tosar_walk.flv, 450, 370[/SWF]

Crónica vacacional: a conexión

[Actualización 09-abril] Amén de algunha persoa coa rede wi-fi aberta (según me contan os residentes) tamén existe a primeira cafetería con wi-fi (a Irish Tabern, na praza da mancomunidade) como servizo ós seus clientes… Boiro na vangarda 😛

– Tienes que teclear otro nombre de usuario. Ése está cogido. Usa por ejemplo el apellido o combina nombre y apellido.
– Aah.. gracias!
– Y la próxima vez que entres tienes que recordar el usuario y contraseñ que elegiste.
– Vale, vale, gracias!

Ambas eran mulleres de mediana idade. A primeira bibliotecaria, a segunda usuaria do servizo de internet nas bibliotecas. Sirva esta anécdota para ilustrar a necesaria alfabetización dixital do concello de Boiro.

Sí, estou no “meu concello“, onde nacín. De vacacións. E penso nestas cousas mentres me desespero porque carecemos da primeira condición – necesaria pero non suficiente- para a alfabetización: a infraestrutura.

No núcleo urbano de Boiro só existe un ciber (co ratio prezos/ servizos bastante malo). É habitual que os PC se colguen… e todos por suposto en windows.

Pola banda pública as deficiencias son enormes. No núcleo existen 2 centros onde podes conectarte…

  • a biblio da Casa da cultura: 3 computadoras con sesións máximas de 45 minutos… diarias!
  • o novo Centro Social: 10 computadoras sen restriccións horarias… pero na que hai algunhas que levan meses (por non dicir un ano) estropeadas sen que ninguén as arranxe.

Por suposto todo funcionando baixo Windows. E de pena. Ata hai uns meses non podía abrir arquivos PDF (non estaba instalado ningún programa para facelo)… e a día de hoxe non podo abrir arquivos comprimidos .rar.

A rede wi-fi do concello non é mellor: só hai conexión nos dous centros indicados … e limitada a 45 minutos diarios. A non ser, claro, que simplemente crees outro usuario (hai que facelo para conectarse).

E a iniciativa privada individual? ben, non teño datos sobre isto. Mais, as conversas das persoas de 22 a 29 anos son aínda moi analóxicas, nada dixitais. Palabras como blog sonan a innovación … a estas alturas! Polo que me supoño que non moitos teñen internet na casa.

Mais non todo é negativo, e hai 2 factores que -penso- axudarán a impulsar tamén aquí a sociedade do coñecemento, non só da información.

En primeiro lugar -e destacado- a chegada de R, o operador de cable galego (quixera poder adxuntar fotos… mais non me da tempo!). En segundo, a existencia dun ciclo superior de informática en Ribeira, aquí cerca, onde se xera persoal educado nas novas tecnoloxías e servirán, sen dúbida, como axentes alfabetizadores. Mais todo iso ocorrerá a medio plazo.

Si ben é preciso cambia-lo modelo de desenvolvemento da vila, parece que poucos queren enterarse. Así, mentres noutros lugares xa se considera a conexión un servizo básico e outros están en camiño (alomenos entra como factor nas promesas electorais), a rica comarca do Barbanza nin sequera o plantexa (a excepción quizáis do concello de Rianxo).

Remato por hoxe esta crónica vacacional amarga. Acábaseme a sesión e chego tarde. Igual que Boiro ó futuro.