Cuestión de fé: unha despedida ó “movemento”

Hai xa algúns anos, tiven que escribir para a asignatura de filosofía no bacharelato unha reflexión sobre o que aprendera ó longo do curso [PDF]. Non era tanto un resumo dos contidos, senón do proceso interno de maduración de ideas, explicar qué nos aportou o ano de estudio.

A día de hoxe estou moi orgulloso del. En moi poucos dos meus traballos me vexo aínda tan reflexado. Non pola redacción que é pobre. Non polo estilo que é mediocre. Tampouco por certas ideas colaterais do texto nas que hoxe xa non creo, senón pola idea central que rezuma todo el: non hai verdade absoluta, mais sí debemos recoñecer…

as verdades, regras ou teorías necesarias -máis ou menos probables-, éstas son as que nos permiten describir o xenoma humano, mandar un cohete á lúa ou simplemente vivir en sociedade ou dar unha clase. Pero estas reglas nunca poden chegar a ser dogmáticas porque nese caso a única labor que teñen é a de desacreditar teorías que poden aparecer posteriormente e que poderían supoñer un avance respecto ás existentes.

Non pode hoxe máis que sorprenderme a madurez dese rapaz de 17 anos, en plena pubertade e posmoderno sin el sabelo. Desculpade a sinceridade, pero escribo hoxe isto afectado por xa demasiadas discusións antiglobis ou ecologetas que non son debate senón exposición de dogmas de fé.

Pode que sexa eu tamén un “neoliberal de tierra plana”, mais o que me move son os valores seminais dese mesmo movemento do que tanto disto: a felicidade, a xustiza social, a liberdade individual, o respeto ó medio, … e o que me separa deles é a fé. Eu non teño fé. Dubido a cotío e prefiro as ideas á adrenalina. Non gosto desa actitude de desapego á realidade, desa fobia polo análise ponderado, desa postura estética que fai máis dano do que pretende aliviar.

É a cuestión de fé o que me separa do movemento. Xusto iso. A cuestión de fé: nuclear non, solar sí; ecoaldeas sí, cidades non; comercio non, soberanía alimentaria sí; … eslógans que se repiten e nos alienan, que nos convirten en seres que siguen traballando en cadeas de montaxe en serie… aínda que xa non coas mans, sí coas ideas. Podemos debatir sin dogmas previos? Podemos dudar?

Recordo agora as palabras de Brecht ó respecto en Loa de la duda:

[…] Pero también suda a mares el hombre que construye su propia casa.
Son los irreflexivos los que nunca dudan.
Su digestión es espléndida, su juicio infalible.
No creen en los hechos, sólo creen en sí mismos.
Si llega el caso, son los hechos los que tienen que creer en ellos.
Tienen ilimitada paciencia consigo mismos. Los argumentos
los escuchan con oídos de espía.

Frente a los irreflexivos, que nunca dudan,
están los reflexivos, que nunca actúan.
No dudan para legar a la decisión, sino
para eludir la decisión. Las cabezas
sólo las utilizan para sacudirlas. Con aire grave
advierten contra el agua a los pasajeros de naves hundiéndose.

Mais non sexa a dúbida a que nos lastre, tomar decisións é necesario:

Por eso, si alabáis la duda,
no alabéis, naturalmente,
la duda que es desesperación.
¿De qué sirve poder dudar
a quien no puede decidirse?
Puede actuar equivocadamente
quien se contente con razones demasiado escasas,
pero quedará inactivo ante el peligro
quien necesite demasiadas.

Definitivamente paso. Eterno debate sen límite. A partir de agora toca traballar de cheo no que eu creo. Non no que vós evanxelizades. Grazas e adeus.

Cidades do coñecemento

«El cambio desde el industrialismo al informacionalismo se va a producir en todo caso. No es una opción. La elección está entre asistir pasivamente a ese proceso inevitable o intentar obtener ventajas de una rápida adaptación mediante el máximo aprovechamiento de los recursos de que dispone la ciudad.»

— ZGZ: hacia la sociedad del conocimiento

Relacionadas: Habitando unha sociedade pos-fordista: o informacionalismo (sobre o informacionalismo) e ¿Aldea global = sociedade redistributiva? (un contexto para entender e explorar o papel das cidades no S-XXI).

A perfeita recoluçom…

Un twist de de Marful (Leverelem ) para ameniza-lo inicio da semana:

é concepçom monoteísta
pensar que existe umha só soluçom
é um conceito banal
o dividendo por baixo do divisor
é umha história perdida
a coeréncia de grande pensador
é um debate sem limite como fazer a perfeita revoluçom
é um debate sem limite como fazê-la perfeita.

é muito definitivo
umha janela tapiada na habitaçom
é altamente agradável
conhecer um valente que tenha valor
de feito é habitual
nom dizer nada novo na conversaçom
é um debate sem limite como fazer a perfeita revoluçom
é um debate sem limite como fazê-lo perfeito.
levere leverelem.

Ciberguerras e identidade

No caso do ciberataque a Estonia, existen aínda dúbidas da autoría. A pesar de que nos primeiros momentos, os estonios acusaron directamente a Rusia, actualmente os expertos están a dilui-lo papel ruso no ataque, pero dan outras claves:

“Attributing a distributed denial-of-service attack like this to a government is hard,” Johannes Ullrich, chief research officer of the Bethesda, Md.-based SANS Internet Storm Center (ISC), said in an email exchange. “It may as well be a group of bot herders showing ‘patriotism,’ kind of like what we had with Web defacements during the US-China spy-plane crisis [in 2001].”

As acusacións sostíñanse en que algún dos computadores atacantes era das institucións rusas, mais o argumento é feble:

“If you were the Russian government and wanted to launch an attack against Estonian authority Web sites — knowing that the world would take a keen interest — would you really use your own PCs to do it?” Cluley said. “It is quite possible that this is a small group of politically motivated hackers who have a grievance against the Estonian authorities who have taken remote control of PCs to attack Estonian Web sites.”

Porén, Rusia ten incentivos suficientes como para se-lo autor/sponsor do ataque, que non sería máis que o rostro de outras medidas tomadas ultimamente a raíz do desmantelamento dun monumento soviético en Tallín. É irónica a pesar de todo a denuncia moscovita dos excesos policiais dos estonios nos disturbios (aínda que poidan ter razón) debido á súa traxectoria dende que está Putin no poder.

Si aínda é defendible o papel de Rusia como sponsor, éste non pasa tanto polo uso de computadoras do goberno, senón polos enlaces entre os hackers rusos implicados e o kremlin (formación e/ou posta a disposición de ferramentas), así como pola construción narrativa ou da identidade da rede. Porque esté ou non implicada Rusia, non é casual que se producise o ataque xusto en torno ó desmantelamento do monumento.

Ese é o camiño a explorar no futuro das guerras en rede. O campo de batalla son as “identidades fortes”: sexan nacionais -como neste caso- ou relixiosas, como no de AlQuaeda. Porque a batalla narrativa é a historia común coa que se lexitiman as accións.

Ciberguerras e software libre

Hai uns días saltaba á prensa o caso dos ataques informáticos que recibiron os sistemas de Estonia. Na súa maioría a sistemas públicos, aínda que tamén a algunha entidade privada. De tal magnitude que a OTAN enviou a un enviado especial á rexión. Non tanto para axudar, como para aprender do caso estonio.

O ataque en sí foi un DDOS (ataque de denegación de servicio distribuido) que consiste en bloquea-los sistemas informáticos a base de facerlles múltiples peticións (Denial Of Service). Múltiples peticións que veñen de múltiples computadoras (Distributed DOS). Puro swarming.

Para a realización de ataques DDOS, en primeira instancia débese conseguir unha rede de computadores dende a que facelo (netbot). Os principais candidatos a ser membros destas redes son os usuarios con sistemas de seguridade descoidados: ben por falta de parches para os erros de seguridade, ben por desidia. Os atacantes, toman o control deses computadores e úsanos como plataforma para lanzar os seus programas. Os métodos son os mesmos que os usados para o envío masivo de spam.

Unha vez atendida a tipoloxía do ataque (ver tamén os datos), é sinxelo comprender que -a pesar das medidas que se poidan tomar nos servidores destino do ataque- a potencia do mesmo radica no número de computadores cautivos da netbot (ata un millón parecen ser os usados neste caso). Por isto, a robustez contra ataques informáticos DDOS radica máis en aumenta-la seguridade do usuario medio que de grandes gastos nos servidores atacados.

Como indicaron Bruce Schneier e compañía hai anos: o monocultivo informático é unha peza clave da fortaleza dos atacantes. Porque a tecnoloxía non é boa nin mala, pero tampouco neutra.

Aparece así unha das vantaxes esenciais do software libre: a seguridade asociada ó mesmo. Seguridade que o goberno estadounidense xa ten en conta dentro da súa “Estratexia Nacional para asegura-lo ciberespacio“. E logo do caso Estonio, é seguro que a OTAN e a Unión Europea teñen en mente algo parecido. Mais o principal seguirá sendo asegura-los sistemas usados polo usuario medio para este tipo de ataques.

É probable ademáis que, en breve, nos vexamos enfrontados de novo a recortes dos nosos ciberdereitos. Haberá que estar alerta, porque …

cuando dos elefantes se pelean, quien sufre es la hierba