in All, Español, Software Libre

2008: o ano do software libre

A raíz dun comentario do señor Carreira doume conta de que teño este blog en suspensión. O proceso foi progresivo, sen grandes aspaventos. A fenda dixital (aínda que como nos recorda este domingo Castells é principalmente educativa) tamén me afectou, pois non ter internet no fogar tamén retarda o proceso de lectura-escritura de posts no blog. Lento, pero non inexistente.

Unido a esto está a distancia. As conversas co señor Puga na cafetería de teleco sembraban as ganas de escribir e de montar empresas tan necesarias como pouco tendentes a estar nos primeiros rankings da web 2.0 😉

Mais, principalmente, o proceso de suspensión sucedeu porque a día de hoxe outros proxectos acaparan toda a miña atención. Paso os días relendo (e tamén re-escribindo). Estou en “modo esponxa“: absorvo todo o que podo dos que máis saben. E tamén hai cidades que merecen ser vividas off-line, como polo momento me sucede con Coruña. Será que son recén chegado.

Sexa como sexa o 2008 creo que será máis do mesmo destes últimos meses: máis e máis software libre. Ler, pensar, escribir e programar son as tarefas que ocuparan o meu tempo este ano. Porque o 2008, será para min o ano do software libre.

Leave a Reply

  1. Agradécese a referencia, ti tamén es un inspirador 🙂

    Supoño que tódalas cousas teñen un ciclo, e as veces, o máis importante é identificar que estás en época de cambio para acertar coa estratexía (¿ou era táctica?) máis adecuada a ese momento, centrarse e obter o que realmente te faga feliz. E ti, vas por bo camiño.