A madurez da tecnoloxía informática (e III)

(ler anterior …)

OS RETOS ACTUAIS E AS PERSPECTIVAS DE FUTURO
A día de hoxe parece claro que a mellor maneira de obter un software fiable e de calidade é a de traballar según o modelo da academia. O debate xa non parece ser academia VS monasterio.

Non cando por doquier observamos cómo as administracións e empresas migran a aplicacións abertas. Non é unha elección trivial que países enteiros -como Alemania, Venezuela- opten xa por estes produtos, nin cando o maior banco mundial corre os seus sistemas sobre aplicacións abertas. O último Congreso Internacional de Software Libre de Málaga di moito nese sentido, xa que conseguiu reunir a administracións, empresas e á comunidade en torno a unha mesma pregunta: Os retos actuais do Software Libre. É máis, atrevereime a dicir que a pregunta formulada era realmente… os retos actuais do mundo do Software. É de especial interese o caso das empresas desenvolvedoras de software propietario presentes. Según dixeron, cada vez máis, os seus produtos tenden a ser abertos “porque así no lo piden os usuarios”.

En resumo, a conclusión que se puido obter das numerosas conferencias foi que os retos do desenvolvemento de software na actualidade -acusados por anos de uso de software propietario- céntrase agora en profundizar no que podemos considerar a proba de madurez da tecnoloxía informática: a estandarización e accesibilidade.

1 thought on “A madurez da tecnoloxía informática (e III)”

Leave a Reply