A madurez da tecnoloxía informática (I)

A TECNOLOXÍA COMO MAXIA
Nun célebre escrito de Umberto Eco (El mago y el científico), téndese o paralelismo entre a maxia na idade obscura e a tecnoloxía na sociedade moderna. Tal afirmación esconde

a presunción de que se pode pasar de golpe dunha causa a un efecto por cortocircuito, ignorando os pasos intermedios.

O que pedimos da tecnoloxía, é que sexa transparente. Que se adecúe ás nosas necesidades e nos facilite a realización de certas tarefas, aumentando deste xeito o noso nivel de benestar. Non comprendela, senón utilizala.

Así, chegamos ó primeiro dos retos dunha tecnoloxía: a fiabilidade. Que funcione como lle pedimos sin importar a caixa negra dos pasos intermedios. De igual modo ocurre coa informática e, máis concretamente, cos programas que usamos, o software.

No campo do software, nembargantes, debido ó recurso estratéxico que manexa -a información- a fiabilidade faise crítica, engadindo ademáis outro requisito indispensable: a seguridade da información. Por un lado desexamos que o contido non sexa accesible por quen non desexemos, asegurar a integridade, etc. Por outro, minimizar os posibles erros do programa -os bugs- que poden permitir a outros colarse no noso sistema e acceder ós datos.

(ler seguinte …)

3 pensamientos en “A madurez da tecnoloxía informática (I)

  1. Pingback: O bazar de nes » A madurez da tecnoloxía informática (II)

  2. Pingback: O bazar de nes » Internet: o pozo e a traída

  3. Pingback: O bazar de nes » A constitución española e o software libre

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>