in All, Galego, How our society works

A produtividade das TIC

codigo cero 48O #48 da revista Código Cero [PDF 1.37Mb] publica este mes un artigo meu, anteriormente aparecido neste blog. Titúlase Habitando unha sociedade pos-fordista: o informacionismo.

Nel trato de explica-lo contexto que nos rodea. Qué significa a Sociedade Rede e o Informacionismo. A Sociedade da Información e o Coñecemento. Concretando, qué significa que o motor da economía sexan hoxe os intanxibles.

Este artigo é o primeiro dunha serie que me propuxen facer para aclarar conceptos. Ás veces ocorre, que se non o escribes non o tes claro de todo. Os seguintes desta serie tratarán de desgranar de xeito conciso cales son as principais características deste tipo de economía, unha vez aclarado o contexto que nos rodea.

Así, navegando, buscando exemplos claros para citar (son un convencido do aprendizaxe a partir de casos) atopeime cun artigo de Lantania sobre a produtividade das TIC. Explicita algo do que terei que falar sen dúbida: cómo melloran as TIC a produtividade. E velaquí un exemplo claro:

É increíbel o aforro económico que supón a elusión das persoas na xestión de trámites burocráticos.

Coa certificación dixital, un cambio de enderezo fiscal, e unha simple vida laboral supoñen aforros cuantificables de horas de traballo e inxentes cantidade de papel inútil.

Cada minuto de uso de certificado dixital equivale a 3/4 de hora en tempo real realizando a mesma xestión en persoa nas oficinas dunha axencia, incluido o tempo de desprezamento, regreso, etc.

Seguimos buscando e redactando…

Leave a Reply

  1. Coñezo esa revista. Lina por primeira vez na empresa na que traballo e a verdade é que está moi ben.

    No entanto, como referín de pasada nun post, as TIC aumentan a productividade de usarense con xeito. En caso contrario o seu uso pode consumir máis tempo do que aforra.

  2. Sr. Mendinho o que di é de caixón, pero non creo que estiveramos falar precisamente de empregar os cd`s como espantallos.
    Vostede e calquera pode perder o tempo, e incluso empregar tres tractores para fresar media hectárea.
    Estamos a falar, por exemplo, de que as TIC permiten que os cd`s conteñan información transportábel a menor peso; e anque só sexa por obvio, a presentación dos orzamentos da forma actual é un caso de aforro de horas de fotocopistas que temos alcanzado.
    Xa sabemos que aos fotocopistas este avance non os convencerá…

Webmentions

  • O bazar de nes » Blog action day: Informacionalismo e medio ambiente 14 November, 2006

    […] Non só pola mera informatización de procesos que ata o de agora consumían a meirande cantidade de papel, ou porque non se estilen as tarxetas de visita nun mundo no que a podemos levar como tarxeta de visita bluethoot no noso dispositivo móvil favorito co conseguinte aforro de papel. Estas son pequenas vantaxes, aristas dun poliedro meirande: o actual modo de desenvolvemento. A potencia do informacionalismo radica en conseguir maiores cotas de produtividade á vez que é menos agresivo co medio. Ésa é a súa potencia. […]