A vida política galega

A través de Chuza, acabo de descubri-la páxina orzamentaria da Xunta de Galicia.

Máis alá da pura discusión dos orzamentos 2007 quixera salientar a propia iniciativa de mostralos de forma pública e entendibles. Con afán de desexar que se entendan, non polo mero feito de mostralos e punto. Este cambio de actitude é o que se precisaba na vida política galega. Significa para min moito este nimio feito. É un gran avance. Ó ser públicos e non crípticos poderanse tanto auditar como critica-las partidas. Aínda que non o fagamos, existe a posibilidade.

Hoxe estou contento.

2 thoughts on “A vida política galega”

  1. Eu creo que mellorou a presentación con respeto ao que eu vin hai semanas e que me serviu para analizar nun post os orzamentos deste ano.
    Pero non son máis intelixibles, dado que os matices, as análises seguen a precisar do lectura atenta do contido.
    Limpeza visual, accesibilidade significa nesta materia, facilidades de entendemento?
    Os orzamentos deste ano, por moi visuais que sexan, pecan dos mesmos vicios que outros anos, que é agochar certas realidades -magnitudes económicas- que están aí se un le entre liñas.
    Existe unha explicación de por que se segue necesitando endebedarse un ano máis, cando se fala oultravolta de reducción de impostos, é a vez os ingresos directos e inderectos son maiores?
    Facer visíbel, e máis atractivas as imaxes das variables que queren resaltar non oculta as deficiencias dos orzamentos nesa materia.
    Pero en todo caso, se permite que as persoas analicen com maior facilidade os contidos, ben ordeados e cunha presentación limpa, adiante, eu voto por elo.

Leave a Reply