A virtualidade, a realidade e a socialización

Logo de que me publicasen o artigo na Código Cero #48 [PDF] tiven que responder a moitas preguntas do estilo… e cómo foi?

Para alguén alleo a estes lares pode parecer incrible esa simbiosis real-virtual, mais a simbiosis é a norma, non o aillamento ou separación dos dous mundos paralelos.

Así, cando falamos da dualidade real-virtual temos que dicir dúas cousas principais:

  • na virtualidade, igual que no real, tamén existen os espacios de socialización
  • realidade e virtualidade compleméntanse, non se exclúen

Os espazos de socialización virtuais

Para arrancar co primeiro punto, rescato unha frase especialmente acertada de Fernando Sarasquete, vista neste último número [PDF] da Código cero:

Chuza! ás veces funciona como un banco onde sentarse a falar no dixital

E exactamente funciona así.

No mundo real nacemos, crecemos e morremos… e en todo ese sistema complexo, dinámico e aberto que é a vida socializámonos. Na escola, nos bares e nos parques. Nas igrexas e nos barrios. Ós poucos imos construindo un ser particular, o que nós somos para cos outros e con nós mesmos.

Ocorre de igual xeito nos mundos virtuais. Amén dos espazos clásicos reformulados (educación virtual, por exemplo) aparecen novos espazos de socialización. As comunidades de intereses diversas relaciónanse mediante listas de correo, foros, blogs e wikis. Existen lugares onde chuzamos noticias, onde lemos e descubrimos, onde mantemos a relación: agregadores, blogosfera, portais de noticias, etc. Incluso existe un mundo completo de socialización como é Second Life, onde xa existe un centro galego.

Son todos estes exemplos de socialización no virtual. Novos campos fronte ós que hai que fuxir do apocaliptismo. Entende-lo cambio.

2 thoughts on “A virtualidade, a realidade e a socialización”

  1. Pingback: chuza.org

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *