¿Aldea global = Sociedade Redistributiva?

O informacionalismo conforma unha sociedade redistributiva, e como tal, ésta debe adopta-las reglas e o marco adecuado para asigna-los recursos de forma segura e eficiente.

Esta é a miña hipótese, algo no que levo tempo pensando e que agora recupero a raíz do traballo e material do curso UOC-ISF. Non é algo que teña xa cerrado, e creo que facelo público pode aportarme novos puntos de vista.

As condicións do informacionalismo da sociedade rede son tremendamente concordantes coas enumeradas por Harris e que provocan os potlatch ou “festíns competitivos” nas sociedades redistributivas. As condicións de partida de Harris son as seguintes:

  • non existen institucións políticas formais capaces de integra-las aldeas independentes nunha estrutura común: o potlatch aúna o esforzo produtivo de poblacións maiores que as que pode movilizar unha aldea determinada
  • un conxunto de aldeas ten diferentes microhábitats: o potlatch actúa como compensador automático das fluctuacións anuais na produtividade debidas ás condicións de pluviosidade, temperatura, etc
  • todos teñen igual acceso ós medios de subsistencia: o potlatch serve para impedir que a forza de traballo retroceda a niveis de produtividade que non ofrecen marxe de seguridade en crisis como guerras ou catástrofes
  • é posible aumenta-la duración e intensidade do traballo sen inflinxir danos irreversibles á capacidade de sustentación do hábitat.

As dúas primeiras condicións fálannos da organización da sociedade e a súa interdependencia. Fálannos da globalización que queda caracterizada á perfección neses termos. É xusto recordar aquí as palabras de Stiglitz para mostrar a inexistencia/ineficacia de institucións políticas formais capaces de integrarnos nunha soa aldea global cohesionada:

Nunca fue mayor la necesidad de organizaciones internacionales como el FMI, el Banco Mundial y la Organización Mundial de Comercio, y rara vez la confianza en estas instituciones fue más baja.
[…]
La teoría económica no dice que todos ganarán con la globalización, sino solamente que las ganancias netas serán positivas, y que los ganadores, por ende, podrán compensar a los perdedores y aún así salir beneficiados.

As dúas últimas condicións de Harris fálannos do modo de produción, da economía. Si asumimos a economía da información como paradigma da nosa sociedade, podemos ollar cómo se cumplen tamén éstas á perfección. Posto que a información segue a lóxica da abundancia, é posible que todos teñan igual acceso ós medios de produción. Queda esto dibuxado coa xa mítica paráfrase de Bernard Shaw:

 Se tes unha mazá e eu teño outra, ó cambialas seguimos tendo cada un só unha mazá. Pola contra, se tes unha idea e eu outra, ó intercambialas os dous temos dúas ideas.

Permitindo ademáis esta tipo de economía aumenta-la duración e intensidade do traballo sen inflinxir danos ó ecosistema.

Neste punto hai que dicir que a situación actual é moi desigual, de feito, existe un conflito que se conforma como o principal nesta época: a necesidade de que a información sexa libre para que todos teñan acceso ós medios de produción. Éste é o principal escollo para que a aldea global sexa unha sociedade redistributiva e non outra forma de imperialismo.

E a partir de aquí xurden moitas preguntas todavía sen resposta:

  • Qué pasos son aínda necesarios para unha verdadeira sociedade redistributiva ?

Leave a Reply