Os costes de formación

Na IICISL falouse de diversos modelos de negocio para as empresas que traballan en torno ó software libre. Un dos máis comentados e obvios é a formación: aportar a formación necesaria para que os usuarios doutra empresa migren a un sistema libre sen problemas.

Mais a pregunta é … ¿por qué? É dicir, ¿por qué o software propietario non ten eses costes de formación? Estaba niso cando recordei un artigo de David de Ugarte no que se mencionaba o seguinte…

El caso es que tenemos a una generación que no sólo utiliza software privativo sino que lo utiliza ilegalmente. Y no sólo no se plantea la necesidad de cambiar la ley, es que piensa que la ley es justa. El resultado hipócrita es el peor resultado. Porque… ¿dónde caen los costes?

Desde luego no en las grandes empresas de software privativo (ni en las multinacionales de la música). Durante mucho tiempo las empresas de software han mantenido una actitud sumamente hipócrita respecto a las copias ilegales hechas por individuos. No se puede decir que las fomentaran, pero las consentían. Para ellas era un negocio redondo. ¿Recordáis como se impuso el Word? Era símplemente el procesador de texto más fácil de copiar y encontrar gratis. Los trabajadores llegaban a las empresas, que en aquella época, empezaban a tirar las últimas máquinas de escribir, acostumbrados a usarlo. Es decir venían con la formación hecha. Las empresas -y Microsoft- ahorraban costes de formación que recaían sobre los usuarios… Microsoft nunca estuvo realmente interesado en el mercado doméstico para Office, sino en el de empresas, y una cierta tolerancia con la copia personal ilegal, era su mejor ariete para imponerse en ellas.

Así as cousas. Sen dúbida o futuro desexable será ese no cal non existan tales costes. Mais o futuro inmediato a corto e medio plazo asemella ser ben distinto.

As cinzas

Gran viaxe. Pódese observar nas notas que deixamos despois dunha …

O congreso non foi de todo como me esperaba. Un pouco frouxo. Demasiados ponentes e moi pouco tempo para cada un deles. Así, ós que realmente tiñan algo que dicir faltoulles tempo.

O curioso -como dicía Jordi– é que nun congreso de software libre, o ponente que nos roubou o corazón e nos mantivo en vilo fose un filósofo chamado Bustamante!

Mais a pesar do desconcerto inicial, non é tan extraño que fose así.

A pregunta da mesa de debate na que participaba era a seguinte … ¿estanse a xerar novos modelos de sociedade?. Un envite -de por sí- non moi sinxelo de escorrentar.

Os ponentes respondérona con maior ou menor fortuna. Bustamante bordouno. Enlazando con boa man filosofía, economía e software libre conseguiu algo que moi poucos durante os 3 días conseguiron: que lle prestásemos atención con verdadeiro interese (entusiasmo nalgún caso). Non en vano no seu discurso podíanse entrever raíces ciberpunks con algunha que outra referencia a Himanen. Mais non só iso, of course.

De tódolos xeitos, sí conseguín aclarar certas dúbidas. Dúbidas que irei publicando de maneira periódica de agora en diante. E que moito me temo que encherán gran parte dos estantes deste bazar.

Málaga, regreso ó futuro

Nuns días emprenderei unha longa viaxe: Vigo – Compostela – Madrid – Málaga. E volver. Espero todo saia como espero, polo momento… prometer, promete.

Mais tranquilos que non pasarei pola T4! Con moita pena quédome na T2. Parece ser que Spanair non meteu suficiente pasta para que a trasladaran, ou non quixo facelo. Sexa o que sexa non sairei na tele como un pasaxeiro máis dos que estes días entrevistan pola inauguración. Pensándoo mellor. Viva a T2!!

Os que aínda vos preguntades a qué vou… ben, só busco respostas a certas preguntas que me rondan. Con esta viaxe retomo temas que deixei hai uns meses aparcados, logo de comezar a ler o libro de Himanen: La ética Hacker y el espíritu del informacionalismo.

Xa vos contarei.

De reformas

Como todo bazar que se precie, éste tamén abre sen estar rematado de todo. Mais sen dúbida ésta é a nosa grandeza, que nunca estamos acabados 😉

Por iso, estos días/semanas estarei de probas, un montón de cousas están no aire: as categorías para almacenar os contidos, os fluxos do sitio para enlazalo, unha plantilla personalizada, enlazar coa tb recén estrenada páxina en Flickr buf! tantas cousas…

Non hai présa. Ós poucos iranse facendo.

Abre o bazar

Abre o novo bazar. Pecha o vello. Agora “o bazar de nes 1.0” toma a iniciativa. Costa pouco reconstruir bazares e moito levantar catedrais, son dous modelos de desenvolvemento opostos dos que trataremos de falar neste espazo. Pode que os seus camiños se crucen, mais será profunda casualidade. O primeiro potencia o intercambio, a diversidade, o bricolaxe, a deconstrucción. O segundo ofrece un produto acabado, listo para o consumo.

Así pois, abre o bazar.