Blogs e axenda pública

Estes días andamos facendo avaliación da experiencia dos blogs. E ás veces toca defender por qué pode ser unha ferramenta moi potente para a asociación e debemos avanzar no seu uso.

O primeiro impulso é tratar de explicalo por reaccción: xa que non temos unha televisión, xa que non temos un periódico, xa que non temos unha radio, … teñamos blogs e páxina web para comunicar. Pero ésta non é unha estratexia adecuada, xa que obvia o obvio: que os tempos están cambiando.

Por isto, trato de explica-las vantaxes dos blogs dende dous eixos: a creación de redes e a configuración dunha axenda pública de debate.

Ó respecto da configuración da axenda pública de debate di Marta Garrich:

… cómo la primera tarea de cualquier visión alternativa al discurso oficial está en el campo de esta última. es a menudo frustrante tener que discutir una agenda cuyos temas son meras distracciones…

A primeira tarefa dun activista é crear discurso. Configurar unha serie de temas sobre os que falar e o enfoque que se lle da. A axenda.

Non vos descubro nada novo de momento. A creación de axenda é un obxectivo fundamental nas campañas. A novidade reside en que ata o de agora o anterior facíase con xornadas, congresos, espacios informais, etc. Ben. Pois xa temos os blogs. A día de hoxe non existe ningunha outra ferramenta tan eficiente de crear discurso dende abaixo, fóra dos mass media. Polo demáis estamos vendo cómo incluso é máis eficiente que éstes últimos. Máis eficiente, non máis eficaz a día de hoxe.

Unha vez tecida a identidade, toca tecer rede. Crear unha rede de persoas que falen e se preocupen por eses temas. O xerme do cambio.

Para rematar o post, e o máis interesante para teorizar sobre os blogs e axenda pública, déixovos tres enlaces onde fun desgranando as miñas ideas sobre o lugar do que partimos:

3 thoughts on “Blogs e axenda pública”

  1. O que me parece máis complexo a día de hoxe é explica-la importancia da presencia neste espazo público, nos blogs. A nova ágora. De que se comprenda fóra dos clichés existentes.

    En canto ó que preguntas eu téñoo claro. Unha boa proposta sempre acaba saíndo adiante. O complexo é atopala. E como as propostas xurden das persoas… a dificultade radica en atopar á persoa clave, ó activista. A ese que teña preseverancia e un discurso maduro que comunicar. Con traballo, chegará ás persoas adecuadas e reflectirase o cambio.

Leave a Reply