in All, ESF Galicia, Galego

Blogs e cooperantes galegos

Hai xa medio ano que en ESF Galicia empezamos a experimentar cos blogs como ferramenta de comunicación da asociación. Nunha primeira etapa propuxémonos probalos como medio de encontro cos nosos expatriados no Sur: Víctor e Alberto no Salvador e Sergio en Nicaragua (agora tamén Isa). Saber do seu día a día. Como diarios de un chele que diría Sergio. Pero o traballo é duro e as conexións por veces precarias, polo que non se poden actualizar diariamente. Ademáis non deixan de ser iso: diarios de viaxe.

Agora, observamos con agrado cómo a Xunta imita o noso modelo e obriga ós seus bolseiros de cooperación en Bolivia, Ecuador e Perú a levar ó día un blog do seu traballo diario, con máis ou menos éxito.

Considero esta experiencia como positiva, pois, ademáis de observar in situ o traballo dos bolseiros e cooperantes, podemos (nun futuro próximo, espero) tender pontes de coñecemento e debate. Esto chegará cando dende as asociacións de cooperación vexan a utilidade do uso dos blogs para crear e distribuir o seu discurso. Cando entendan que estamos na Sociedade Rede e o que iso implica.

Nese momento o sector reforzará o coñecemento sobre sí mesmo e abandoará o minifundismo actual. Madurará. Hoxe creo que ésto é máis prioritario que calquera outra iniciativa.

Leave a Reply

  1. Comparto tu opinión de la dificultad en ocasiones de la actualización. Sin embargo, creo que el hecho de contar la experiencia de trabajo en algún país del sur hace que se vaya por fuerza más allá de un simple diario de viaje, desde el momento en que en ocasiones no queda otro remedio que entrar en valoraciones y opiniones ante lo que te encuentras, y en otras ocasiones se cuenta la parte más técnica o del trabajo en sí (el diario de viaje en sí me temo que queda solo para contar las vacaciones…;-DD).

  2. Sí, tes razón. Este tipo de blogs son algo máis que un diario de viaxe. Mostrar o que rodea o proxecto, o entorno, explicar dificultades, etc … existir implica posicionarse, ser suxectivo e neso reside a potencia dos blogs.

    Pero aínda que son algo máis, no fundamental non deixan de ser iso: diarios de viaxe. Solo que neste caso, a viaxe que se narra non é de persoas, senón de proxectos.

    Verás, … aínda non fixemos a reunión de avaliación contigo (estou desexando que veñas Sergi!) e temos algunhas ideas interesantes que… bueno, xa verás. Vaiche gustar. Non te vas a poder resistir! ;P

Webmentions

  • O bazar de nes » O poder das redes na “cósmica” 24 September, 2006

    […] En Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, hai algo máis de ano e medio que se iniciou o uso dos blogs como ferramenta de comunicación, porque se confiaba neles. ESF é a primeira ONG galega que o fixo e unhas das primeiras de España. […]

  • O bazar de nes » Blogs e axenda pública 24 September, 2006

    […] Estes días andamos facendo avaliación da experiencia dos blogs. E ás veces toca defender por qué pode ser unha ferramenta moi potente para a asociación e debemos avanzar no seu uso. […]