Os ciclos pequenos

¿Qué teñen en común a dieta xaponesa, os métodos de entrenamento de Mouriño e as técnicas áxiles de creación de software?

  • Na dieta española, típicamente, a alimentación planifícase por semana -o luns peixe, o martes pasta, etc. Pola contra, na xaponesa, cómese multitude de elementos de tódolos tipos nunha mesma comida: o ciclo de planificación é diario.
  • Na práctica do fútbol profesional, exercítanse varios aspectos: físicos, técnicos e tácticos ou psicolóxicos. Un entrenamento soe consistir en varios minutos de carreira continua (para entrenar os aspectos físicos),  para logo realizar exercicios técnicos e estratexia (lanzamento de córner ou saídas con balón) e finalmente charlas de preparación psicolóxicas. A metodoloxía da periodización táctica que exercitan Rui Faria e Mouriño levan a cabo un entrenamento integrado, con varios exercicios que potencian tódolos aspectos ó mesmo tempo.
  • Na industria da creación de software, ata hai unha década, os productos concebíanse con ríxidas fases de producción, típicamente “análise > arquitectura > desenvolvemento > test > documentación”. Coa chegada do movemento agile, emerxe a idea de que é posible crear productos con ciclos máis curtos e iterativos onde se realicen tódalas fases simultáneamente.

O que me chama poderosamente a atención é ver como nos 3 casos se potencian os ciclos pequenos de actividade que alimentan os ciclos grandes. E dame por pensar si ése actuar fractalmente marcará diferencia algunha no éxito ou fracaso.

Internet goes on strike

Hoxe, a web está de folga. Estos días estase a debatir no congreso estadounidense a coñecida como lei SOPA que recorta liberdades dixitais. Estamos en pé de guerra. Nesta batalla, persoalmente pouco podo facer máis que darlle publicidade ó que ocorre e pensar en modos futuros para que non me afecte: non olvidemos que a globalización é interdependencia e que, gran parte da miña nosa actividade online está mediada por compañías estadounidenses de contidos (ás que máis lle pode afectar a lei SOPA). Por sorte, na maioría dos casos que me afectan éstas adhírense á folga da web: dreamhost, wordpress (capturas), wikipedia, google, etc. Pero isto non me reconforta. Simplemente me mete présa para seguir profundizando no noso plan de independencia dixital.

Actualización 18 de Xaneiro: este blog ha redirigido las peticiones de visitas a la web de la huelga. Gracias a los creadores del plugin que hicieron posible que esto fuese posible para cualquier usuario de la red odiseus de un modo trivial.

Actualización 22 Xaneiro: Clay Shirky axúdanos a reformular o debate sobre a SOPA e PIPA neste video.

Untitled

«Se Díaz Pardo fose como Steve Jobs, nas cuncas de Sargadelos só poderias tomar café Las Candelas

— In memoriam (via).

Samaín

Chega o Samaín, literalmente o fin do verán, festividade celta que supoñía o fin da temporada de  colleitas e era considerada o fin de ano celta. En Galicia, é tempo tamén de chorar ós mortos. A miña rutina hoxe é despertar cedo, conectar o RSS, ler as noticias. E chego a “Los médicos deben de recetar desde hoy por principio activo y no por marca comercial“. Así, gracias á necesidade económica -impulsada por Galicia, a comunidade autónoma que máis gasta en medicamentos por paciente- o impulso de xenéricos é unha realidade. ¿O principal beneficiado? As arcas do estado, que se aforrarán cerca de 2.000 millóns de euros. Pode que tamén a industria de xenéricos española. Recordo agora as primeiras charlas, anos atrás, cando Fran e máis eu comezamos a falar de propiedade intelectual, xenéricos, software libre e desenvolvemento. Cómo cambiou o mundo anos despois: o software libre xa non é un descoñecido para o mundo da cooperación e os xenéricos pasan a ser unha realidade. Dalgún modo tamén éstos son os meus mortos. Choro por eles e déixoos ir. Agora, toca dedicarse ós vivos.

Conectarse ós foros mundiais de debate

É unha idea manida que na Sociedade da Información o principal non é a túa situación xeográfica nin as economías de escala que permite a existencia dun gran país (de feito enaxénanse esas vantaxes fronte a flexibilidade do pequeno). O importante reside en conectarse ós fluxos mundiais de comercio, innovación e debate.

Nos últimos tempos, en Galicia, estanse a dar pasos interesantes neste sentido. O que vou a comentar é a iniciativa Pobre Mundo Rico, levada a cabo polo Clube Internacional de Prensa. Máis alá das necesarias críticas, é un proxecto que me gusta. Principalmente porque trata de achegar a Galicia debates sobre cooperación que non se están dando. Pero tamén porque non se limita a traer de fóra para que aprendamos. Tamén integra no seu interior a ponentes internos.

Por exemplo, no eido do enfoque de xénero as representantes de IND tiveron voz no evento (probablemente a ONGD galega que máis trate este tema) e no tocante a servicios básicos falou ESF (probablemente a ONGD galega que máis teña traballado este discurso).

Esta sinerxia entre axentes internos e externos é a precisa para que exista aprendizaxe mutuo, e non se quede a iniciativa nun “Benvido Mr. Marshall“. De tódolos xeitos, ten moitas cousas criticables.

Si ben é certo que non é éste o único foro deste estilo en Galicia. O ano pasado chamoume a atención o foro Os sentidos das culturas, polo que pasaron grandes pensadores. E en breve, tamén no marco do Consello da Cultura, realizarase o foro Medios de comunicación e identidade (vía NovosMedios). Éste último recolle algunhas das inquietudes nas que levaba tempo pensando (todo ahi que dicilo, a raíz do curso de verán organizado polo mesmo grupo de Novos Medios)… e creo que me vai dar a oportunidade de escribilas.

Hacia a Cósmica: comunicaciong e LIS

Dentro de apenas 12 horas saímos para a cósmica. Tratarei de axenciarme no bus un portátil para ir rematando os últimos retoques estéticos da presentación… pero mentres estou en Coruña dando os últimos retoques (e a piques de asistir á charla de Molinero sobre a “crise” hídrica). Simultáneamente, Fran dende Vigo descargando videos de YouTube e GVideo por si non tivésemos acceso a internet no albergue. Un plan B.

E niso estamos cando descubro este video de Olga, onde ela e Felipe explican en qué consiste o Laboratorio de Innovación Social. Xenial!

[gv data=”_PLbfdlkYQ8″ width=”425″ height=”350″][/gv]