Hacia a Cósmica: comunicaciong e LIS

Dentro de apenas 12 horas saímos para a cósmica. Tratarei de axenciarme no bus un portátil para ir rematando os últimos retoques estéticos da presentación… pero mentres estou en Coruña dando os últimos retoques (e a piques de asistir á charla de Molinero sobre a “crise” hídrica). Simultáneamente, Fran dende Vigo descargando videos de YouTube e GVideo por si non tivésemos acceso a internet no albergue. Un plan B.

E niso estamos cando descubro este video de Olga, onde ela e Felipe explican en qué consiste o Laboratorio de Innovación Social. Xenial!

[gv data=”_PLbfdlkYQ8″ width=”425″ height=”350″][/gv]

Do proxecto comunicaciong

Como anunciamos algúns días atrás, Fran e máis eu daremos unha ponencia sobre comunicación na era dixital durante a asamblea anual da Federación española de ISF. A asamblea, ademáis de ser un dos puntos de encontro de todas as ISF integradas na federación, crea tamén espacios para a reflexión e posta en común. Trátase de crear un lugar onde compartir experiencias en torno a uns eixos temáticos. Este ano serán a comunicación e a enerxía.

Particularmente, no noso taller, pretendemos expoñer algunhas das ideas que aprendemos coas experiencias dos blogs en esf galicia, e de ler moito ós que máis saben.

Mais somos conscientes que un evento así apenas chega para inicia-lo movemento, precísase de algo máis. Por iso, o noso enfoque do taller é como un punto de arranque, como unha palanca que incita a acción.

Por outra banda, parécenos que non existe un lugar na rede dedicado específicamente a recolle-las experiencias e aprendizaxe de outros actores no sector da comunicación en asociacións e ong, aínda que sí existe moita xente que trata o tema e traballa niso, como Olga, Felipe, Iván Pino, etc. Mais o coñecemento está disperso e cremos que se precisa un lugar de referencia, centralizador e distribuidor ó tempo.

Así nace Comunicaciong, un blog que pretende ser un lugar de visita para todos aqueles interesados no mundo da comunicación nos sectores asociacionista e das ong.

Trataremos nese blog de ir desenvolvendo as ideas-clave que se fai necesario coñecer nun mundo informacional, fomenta-la reflexión sobre a potencia que nos otorga a rede de cara a crear espacios de participación e deliberación. Obxectivos bastante ambiciosos. Esperamos que nos acompañedes nesta viaxe! 😀

O poder das redes na “cósmica”

En Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, hai algo máis de ano e medio que se iniciou o uso dos blogs como ferramenta de comunicación, porque se confiaba neles. ESF é a primeira ONG galega que o fixo e unhas das primeiras de España.

Ós poucos, a dirección xeral de cooperación da Xunta iniciou un proceso similar para os seus bolseiros no Sur (aínda que agora recuaron e xa non están dispoñibles os blogs dos novos bolseiros).

Esta foi unha forte aposta que foi crecendo ó longo do tempo: salvador, nicaragua, sahara, honduras, campaña de auga, … de todos eles eu téñolle un especial cariño ó de nica, pois Sergio conseguiu entende-la filosofía e a potencia dos blogs… e realizou á perfección (e aínda realiza) a transferencia de coñecementos ós posteriories PCR.

Así, logo dun tempo probando e probando… e sobre todo lendo moito dos que máis saben.. Fran e máis eu decidimos que tocaba formalizar este coñecemento residual que imos tendo. E así nos chegou a oportunidade.

Na próxima asamblea federal da Federación de Ingeniería Sin Fronteras española daremos unha ponencia sobre o poder das redes aplicado ás ongd. Mais iso non é suificiente… e pronto teredes máis sorpresas 😀

Taller: a mañán do sábado

Última sesión do seminario de Novas Tecnoloxías e Comunicación. Taller realizado por Xosé Ramil, da Fundación Chandra.

# 10:20h – 12:00h. Comezamos a sesión matinal repasando o feito o día anterior: cómo crear bitácoras e manter as estatísticas, as alertas de Google News para facer seguemento da entidade, de eventos ou palabras clave. Finalmente recórdase a creación da lista de correo para resolver dúbidas.

Continue reading

Taller: venres, sesión tarde

Transcripción do seminario de novas tecnoloxías e comunicación. Venres 20 de Abril. Sesión da tarde. Facultade de dereito, USC.

Xosé Ramil, periodista nos inicios do proxecto Vieiros, logo participa en Inicia (primeira iniciativa de PRISA en internet). Posteriormente, coordinador do proxecto Canal Solidario. Actualmente actúa como coordinador do proxecto Ekoos.org tamén da Fundación Chandra.

Continue reading

Taller: venres, sesión matinal

Transcripción do seminario de novas tecnoloxías. Venres 20 de Abril. Sesión matinal. Facultade de dereito da USC.

Ponencia a cargo de Xabier Meilán. Ex-redactor do Ciberpaís, profesor da Escola de Xornalismo UAM/El País e do Máster de Comunicación Política do Instituto Uniersitario de Investigación Ortega e Gasset. Consultor electoral internacional, analista político e de medios.

Continue reading

Taller NNTT, comunicación e ciberpoderes

Estes días andamos atando os últimos cabos para a realización do taller de novas tecnoloxías e comunicación, organizado pola Coordinadora galega de ONGD e impartido pola Fundación Chandra (ponentes: Xosé Ramil e Xavier Meilán).

Co seminario pretendemos que a xente das ONGD galegas empecen a manexar con fluidez as ferramentas que internet pón á súa disposición. Capacitar, alfabetización dixital.

O certo é que no “mundo ONGD” se descoñece a potencialidade de internet para creación de axenda pública (recordemos: a primeira tarefa dun activista). Así, hoxe en día, os activistas poden chegar a obter “ciberpoderes” que -na maior parte dos casos- descoñecen. Co seminario non esperamos resolver esto dunha tacada, o que sería irreal… mais sí fomentar a creación dunha rede de xente coñecedora destos temas e dende a que poden xurdir novas iniciativas. Queremos sembrar, non diseñar.

Tratarei de facer no blog actas diarias do ocorrido no seminario… non sexa que se cumpla o refrán… “na casa do ferreiro, cuchara de pao”.

Relacionados neste blog:

Coñecemento aberto e desenvolvemento: sensacións das xornadas

A pasada fin de semana, Fran e máis eu realizamos a I rolda de conferencias: coñecemento aberto e desenvolvemento (ver presentación en SlideShare). Chuza! e Código cero fixéronse eco da iniciativa, a pesar de que non era a nosa intención nesta primeira etapa convocar “ós medios”.

O certo é que logo de apenas 2 días xa nos damos conta do arraigados que están certos concetos na sociedade e o difícil que se fai superalos.

Fóra dos círculos open-source (sobre todo xente provinte do soft libre, pero non só) a idea do modelo aberto resulta confusa. O principal escollo co que nos atopamos é o de amosa-la rentabilidade deste modelo para as empresas. Aínda se consideran as patentes como un mal necesario.

Este punto xa o tivemos presente, e por iso, á hora de amosar casos, optamos por facelo da industria farmacéutica e explicar por encima os mesmos problemas na do software (pois non tíñamos tempo suficiente para todo e na farmacéutica son moito máis claros as vantaxes, inconvenientes e costos sociais da elección do modelo). Amosando de xeito paralelo a relación de dúas das industrias que traballan con código. Por suposto, a actualidade é un gran actor do noso relato, que tamén decantou a nosa elección.

Así, nas charlas, logo dunha breve introdución á relación entre tecnoloxía e desenvolvemento e á relación entre patentes e desenvolvemento, entramos de cheo na explicación da industria, tendo a Novartis como a nosa empresa exemplo: usando o xuízo contra a India e a noticia de que abre os seus datos noutros produtos. Modelo cerrado VS Modelo aberto na mesma empresa.

Certamente confiamos en que puidésemos visibiliza-lo conflito: a elección de modelos cerrados ou modelos abertos non é trivial, senón que ten consecuencias para o desenvolvemento de países, empresas e persoas.

Como experiencia piloto foi positiva según o vexo agora. Tamén necesaria. Por iso, creo que deberemos seguir explorando este camiño, aínda que quizá con outro tipo de iniciativas. Xa vos iremos contando.

Democracia e plurarquía para comeza-la semana

Logo dun desastroso fin de semana (moi democrático, pouco pluriárquico) comeza ésta con algunha breve alegría, que non difumina o mal arranque.

Envíanos Jesús Jiménez un mail contando que comezou un blog para facer seguemento das actividades dun proxecto bastante chulo… Pla integral d’informatització de cooperatives a Nicaragua basat en software lliure. Algo que Jesús e os baleares xa comezaron hai máis dun ano e presentaron (PDF) na conferencia de soft libre de málaga.

Ahora mismito estoy en un cyber de El Sauce, un pueblito que está como a tres horas buenas de Managua, pero aprovecho que tengo internete para comunicaros la dirección del blog que Àngels y yo estamos haciendo sobre el viaje. La idea es hablar aquí del proyecto que estamos llevando a cabo, los lugares que vamos viendo y, por qué no, también poner cuatro fotos sobre el (poco) turismo que vamos haciendo, faltaría más…

E non podo máis que alegrarme por el, de que sexa capaz de seguir explorando caminhos periféricos. Xerando novas sendas. Logo tamén da experiencia de Sergio en Nica parece que algo se move na rede de periférica de ISF… Galicia, Baleares. Esperemos non sexa un espellismo do deserto.

Seguimos conectándonos… e descubro que David de Ugarte e Rita fanse eco do mash-up, da integración que fixen como declaración de intencións de ano novo: crear plurarquías, deixar a un lado as vellas e rancias democracias. Traballar con lóxica rede e filosofía open-source. Qué dicir! Sólo agradecer de novo a David que me permita crear mezclar os seus pensamentos e os meus nun documento.

Mais logo destes pequenos ánimos qué difícil se fai a veces nun mundo analóxico traballar coa filosofía proposta. Senón que llo pregunten Fernando Garrido. Parece que o digital text non se entende demasiado… dende logo, hai xente moi analóxica.