O materialismo cultural na identificación de proxectos de cooperación

¿Qué ten que ver Marvin Harris cos proxectos de cooperación?

Logo da magnífica charla de Paco Raigón teño que dicir que moito. Mais non só cos de cooperación. Ser un pouco antropólogos axuda a comprende-la realidade. Perlas como ésta quedan aínda na miña mente…

La agricultura es una de las herramientas culturales desarrolladas por el hombre para interactuar con el medio ambiente, desarrollada para satisfacer sus necesidades en el proceso de supervivencia evolutivo.

O taller estaba enfocado a entende-lo proceso de identificación de proxectos de cooperación no sector agropecuario. Pero os temas expostos desbordaron esa amplia fronteira.

De todo o exposto quédome -como non facelo- coa cartografía das redes de persoas da comunidade (imprescindibles para entende-la aceptación de propostas e ter éxito no proxecto) e cos perfiles porcentuais de caracterización das persoas.

Moitas veces sorpréndeme ver que na realización de certos proxectos non se ten en conta que vivamos onde vivamos, temos unhas mesmas estratexias de supervivencia (aínda que varíen os bens e condicións de vida expostos) e unha disposición similar para adaptarnos ós cambios: en todos lados os hai innovadores, conservadores, progresistas… e todo depende dos incentivos e riscos que se nos vaian no proceso.

En parte, por isto se fai necesaria unha ollada en clave de materialismo cultural para a cooperación, porque é o enfoque adecuado para comprende-la realidade allea. Fóra de clichés e máis alá do relativismo cultural.

Déixovos a presentación [PDF 1.2Mb] para que a disfrutedes. Aínda que nunca será o mesmo que presencia-lo taller, face-la dinámica e come-los bananos!

Recopilando: activismo open source

Éste vai ser un post de posts. Unha recopilación para entender qué me falta, qué debo aínda explicar e coñecer. Espero vos sexa de axuda para contextualizarme.

A andadura deste bazar comezou cunha declaración de intencións ambiciosa: falar do que nos rodea dende unha perpectiva open source e coa lóxica do mundo rede.

Nestas condicións, hai xa algún tempo que ando pensando no significado da acción política, do activismo. ¿Qué significa ser activista no século XXI? Logo dalgunhas vivencias persoais e de ler diariamente a dous maestros: Juan Freire e David de Ugarte xa vou tendo algún coñecemento residual. O que segue é a recopilación do que fun poñendo neste blog.

O activismo Open Source

Ser activista significa querer modificar unha situación de partida, polo que primeiro hai que coñecela. Faise necesario entón comprende-la globalización, a configuración dun mundo hiperpolar. Desterritorializa-la mirada para crear con éxito redes de persoas transnacionais.

Significa, despois, coñece-las ferramentas que nos permiten crear e difundi-lo noso discurso, configura-la identidade. Pensar dende a lóxica das redes distribuidas, donde non hai poder de filtro nin de control. Só podemos propoñer.

E, por fin, madurar unha estratexia que retroalimente as propostas da rede co territorio que nos rodea.

Este é o lugar actual, aquí é onde estamos: tratando de entender cómo realizar con éxito o último proceso.

Identidade e globalización: a neofeudalización

Nichos de mercado, comunidades virtuais, tribus urbanas, … todos son palabras que condensan (en diferentes linguaxes) o que todos xa sabemos e que reflexa moi ben este dito:

En teoría todas las personas somos iguales. En la práctica todas somos distintas.

Cada un de nós ten unhas motivacións e necesidades singulares, individuais: ésas que nos configuran e que nos fan sentir pertencentes a un grupo. En realidade, a varios, potenciando o noso ser indidual en varias das súas facetas. A individualización:

En realidad de lo que estamos hablando es de la diferencia entre individualización e individuación. Mientras la primera es en realidad una forma de socialización entre pares, no mediada por instituciones, castas o capas de ningún tipo, la segunda representa una forma de aislacionismo, de separatismo personal que acaba afirmando, al fin, la imposibilidad de la comunicación con el otro en el más puro relativismo cultural. Mientras la primera surge de la posibilidad de renegar de los intermediarios, la segunda surge de renegar de la vida social.
[…]
Quien quiera individuarse no tiene nada que hacer en la red virtual, una herramienta que sirve exclusivamente para comunicar.

David de Ugarte

Nun ambiente fortemente territorializado (é dicir, con poucas posibilidades de relación co exterior), as comunidades reprimen as capacidades de cada individuo, obténdose un resultado que non satisface a ningún dos seus membros. Obtense unha solución sub-óptima. Nestas condicións, certos aspectos do noso ser non podemos potencialos.

Pola contra nun mundo global, ubicuo e móvil, todo está ó alcance de todos. Potencialmente. E comeza a ser posible explotar tódalas identidades dun mesmo. Esto tamén se pode teorizar co concepto de Long Tail, ou Longa Cola (a parte amarilla da imaxe): coa globalización é viable a existencia de moitos pequenos grupos, comunidades ou nichos de mercado. Ademáis, en suma, todas esas pequenas comunidades son maiores que as poucas comunidades grandes. Os mecanismos que potencian a globalización non homoxeinizan, senón que heteroxeinizan.

Así, cos mecanismos que dan lugar á globalización vai sendo posible crear grupos de persoas transnacionais, non adscritos a territorios, senón unidos por interese comúns. A identidade xa non está ligada ó territorio. Tampouco ás comunidades “duras”. Estamos ás portas do que se coñece como neofeudalismo, as tribus globais.

Xa estou aquí de novo. Logo duns días desconectado, aquí estou. A ponte en Málaga foi do máis intensa. Aínda que acudía con esperanzas, éstas víronse desbordadas. Non hai nada como traballar con persoas apaixoadas polo que fan.

Galeano firma o Estarivel

Actualización 06Oct: a portada do Estarivel asinada por Galeano.

Hai unha forza máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a vontade.
Albert Einstein

A verdade é que tivemos sorte. A presenza de Eduardo Galeano estes días en Compostela veunos de perlas. Unha vez o supemos tivémolo claro: había que intentar conseguir que nos firmase o #12 do Estarivel. O #1 da retomada época. E alá fomos.

Compostela vestiuse de gala para recibir a Galeano. A sala de Caixa Galicia abarrotada. O autor recitando algúns relatos moi coñecidos.

E gracias á nosa reporteira máis dicharacheira (Lady Ná) e ó noso fotógrafo máis comprometido (Berto glorietas) conseguímo-lo obxectivo: o Estarivel firmado por Eduardo Galeano (portada coa sinatura [PDF 471Kb]). Non tiñamos gafas que regalarlle ó estilo CQC, pero regalámoslle -a modo de modesta devolución- a definición física de solidariedade (coa que Natalia sempre nos ilumina) xunto cun exemplar da revista. Apenas quedan unhas palabras. Pero tamén de palabras vive o home.

Unha vez rematado o traballo duro, só queda disfrutar e celebralo. Coa esperanza de que lle botedes un vistazo, aquí tedes o Estarivel [PDF 533Kb].

Poderedes atopar, entre outras cousas:

  • OPINIÓN… de Eva Docampo e Jorge Molinero sobre a situación do pobo Saharaui.
  • ENTREVISTA A… ex-representante de España na FAO e no PMA: Ignacio Trueba.
  • Ó MELLOR NON SABÍAS… as cifras da inmigración.
  • REPORTAXE… A “crise da auga” como un problema de xestión.

Blogs e axenda pública

Estes días andamos facendo avaliación da experiencia dos blogs. E ás veces toca defender por qué pode ser unha ferramenta moi potente para a asociación e debemos avanzar no seu uso.

O primeiro impulso é tratar de explicalo por reaccción: xa que non temos unha televisión, xa que non temos un periódico, xa que non temos unha radio, … teñamos blogs e páxina web para comunicar. Pero ésta non é unha estratexia adecuada, xa que obvia o obvio: que os tempos están cambiando.

Por isto, trato de explica-las vantaxes dos blogs dende dous eixos: a creación de redes e a configuración dunha axenda pública de debate.

Ó respecto da configuración da axenda pública de debate di Marta Garrich:

… cómo la primera tarea de cualquier visión alternativa al discurso oficial está en el campo de esta última. es a menudo frustrante tener que discutir una agenda cuyos temas son meras distracciones…

A primeira tarefa dun activista é crear discurso. Configurar unha serie de temas sobre os que falar e o enfoque que se lle da. A axenda.

Non vos descubro nada novo de momento. A creación de axenda é un obxectivo fundamental nas campañas. A novidade reside en que ata o de agora o anterior facíase con xornadas, congresos, espacios informais, etc. Ben. Pois xa temos os blogs. A día de hoxe non existe ningunha outra ferramenta tan eficiente de crear discurso dende abaixo, fóra dos mass media. Polo demáis estamos vendo cómo incluso é máis eficiente que éstes últimos. Máis eficiente, non máis eficaz a día de hoxe.

Unha vez tecida a identidade, toca tecer rede. Crear unha rede de persoas que falen e se preocupen por eses temas. O xerme do cambio.

Para rematar o post, e o máis interesante para teorizar sobre os blogs e axenda pública, déixovos tres enlaces onde fun desgranando as miñas ideas sobre o lugar do que partimos:

O Estarivel xa está no forno

Co mes setembro, volven tódalas outras actividades que teñas, si é que algunha vez puideches descansar delas. Traballo, estudios ou calquera outra cousa que fagas. O mesmo ocorre con ESF, e non creades que en menor medida…

Este ano retomamos o Estarivel como publicación universitaria. É unha magoa que só apareza nos campus de Lugo e Compostela, pero non da máis de sí polo dagora. Para o primeiro número, fíxenme cargo dunha sección: O rincón do Sabillón.

A cousa vai así: a partir de historias que lemos e oimos, de ideas vagas, tratamos de darlle forma a algo que teña referencia cos temas que se tratan no resto da revista. O proceso é lento, e moitas ideas non valen para nada. Logo comentámolas, falamos e decidimos cal é a idea que vale. E agora, de todo ese proceso queda todo o texto que sigue:

Son cousas pequenas. Non acaban coa pobreza, non nos sacan do subdesenvolvemento, non socializan os medios de produción e de troco, non expropian as covas de Alí Babá.

Pero quizáis desencadeen a alegría de facer, e a traduzan en actos.

Ó fin e ó cabo, actuar sobre a realidade e cambiala, aínda que sexa un pouquiño, é a única maneira de probar que a realidade é transformable.

Eduardo Galeano

O texto é unha mostra de identidade, un posicionamento, por isto é adecuado para o primeiro número. Porque amosa unha declaración de intencións: somos conscientes das limitacións. Mais este feito non debe levarnos á inacción, porque como di Brecht en Loa de la duda: ¿De qué lle serve poder dudar a quen non pode decidirse?.

Logo, o texto avanza, e tamén pode ser lido como guía para a acción: construir e tecer rede debe se-la nosa estratexia. Porque é a única viable. Dende logo, son necesarios momentos de deconstrución do existente, pero para chegar a un punto a partir do cal crear. Este é o obxectivo. Crear un mundo novo a partir do actual mundo. Non a partir das ruinas dos discursos apocalípticos, senón a partir dos cimentos das múltiples realidades cos seus múltiples albañiles. Todos eles persoas.

O rincón do Sabillón

Blogs e cooperantes galegos

Hai xa medio ano que en ESF Galicia empezamos a experimentar cos blogs como ferramenta de comunicación da asociación. Nunha primeira etapa propuxémonos probalos como medio de encontro cos nosos expatriados no Sur: Víctor e Alberto no Salvador e Sergio en Nicaragua (agora tamén Isa). Saber do seu día a día. Como diarios de un chele que diría Sergio. Pero o traballo é duro e as conexións por veces precarias, polo que non se poden actualizar diariamente. Ademáis non deixan de ser iso: diarios de viaxe.

Agora, observamos con agrado cómo a Xunta imita o noso modelo e obriga ós seus bolseiros de cooperación en Bolivia, Ecuador e Perú a levar ó día un blog do seu traballo diario, con máis ou menos éxito.

Considero esta experiencia como positiva, pois, ademáis de observar in situ o traballo dos bolseiros e cooperantes, podemos (nun futuro próximo, espero) tender pontes de coñecemento e debate. Esto chegará cando dende as asociacións de cooperación vexan a utilidade do uso dos blogs para crear e distribuir o seu discurso. Cando entendan que estamos na Sociedade Rede e o que iso implica.

Nese momento o sector reforzará o coñecemento sobre sí mesmo e abandoará o minifundismo actual. Madurará. Hoxe creo que ésto é máis prioritario que calquera outra iniciativa.