Galeano firma o Estarivel

Actualización 06Oct: a portada do Estarivel asinada por Galeano.

Hai unha forza máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a vontade.
Albert Einstein

A verdade é que tivemos sorte. A presenza de Eduardo Galeano estes días en Compostela veunos de perlas. Unha vez o supemos tivémolo claro: había que intentar conseguir que nos firmase o #12 do Estarivel. O #1 da retomada época. E alá fomos.

Compostela vestiuse de gala para recibir a Galeano. A sala de Caixa Galicia abarrotada. O autor recitando algúns relatos moi coñecidos.

E gracias á nosa reporteira máis dicharacheira (Lady Ná) e ó noso fotógrafo máis comprometido (Berto glorietas) conseguímo-lo obxectivo: o Estarivel firmado por Eduardo Galeano (portada coa sinatura [PDF 471Kb]). Non tiñamos gafas que regalarlle ó estilo CQC, pero regalámoslle -a modo de modesta devolución- a definición física de solidariedade (coa que Natalia sempre nos ilumina) xunto cun exemplar da revista. Apenas quedan unhas palabras. Pero tamén de palabras vive o home.

Unha vez rematado o traballo duro, só queda disfrutar e celebralo. Coa esperanza de que lle botedes un vistazo, aquí tedes o Estarivel [PDF 533Kb].

Poderedes atopar, entre outras cousas:

  • OPINIÓN… de Eva Docampo e Jorge Molinero sobre a situación do pobo Saharaui.
  • ENTREVISTA A… ex-representante de España na FAO e no PMA: Ignacio Trueba.
  • Ó MELLOR NON SABÍAS… as cifras da inmigración.
  • REPORTAXE… A “crise da auga” como un problema de xestión.

Blogs e axenda pública

Estes días andamos facendo avaliación da experiencia dos blogs. E ás veces toca defender por qué pode ser unha ferramenta moi potente para a asociación e debemos avanzar no seu uso.

O primeiro impulso é tratar de explicalo por reaccción: xa que non temos unha televisión, xa que non temos un periódico, xa que non temos unha radio, … teñamos blogs e páxina web para comunicar. Pero ésta non é unha estratexia adecuada, xa que obvia o obvio: que os tempos están cambiando.

Por isto, trato de explica-las vantaxes dos blogs dende dous eixos: a creación de redes e a configuración dunha axenda pública de debate.

Ó respecto da configuración da axenda pública de debate di Marta Garrich:

… cómo la primera tarea de cualquier visión alternativa al discurso oficial está en el campo de esta última. es a menudo frustrante tener que discutir una agenda cuyos temas son meras distracciones…

A primeira tarefa dun activista é crear discurso. Configurar unha serie de temas sobre os que falar e o enfoque que se lle da. A axenda.

Non vos descubro nada novo de momento. A creación de axenda é un obxectivo fundamental nas campañas. A novidade reside en que ata o de agora o anterior facíase con xornadas, congresos, espacios informais, etc. Ben. Pois xa temos os blogs. A día de hoxe non existe ningunha outra ferramenta tan eficiente de crear discurso dende abaixo, fóra dos mass media. Polo demáis estamos vendo cómo incluso é máis eficiente que éstes últimos. Máis eficiente, non máis eficaz a día de hoxe.

Unha vez tecida a identidade, toca tecer rede. Crear unha rede de persoas que falen e se preocupen por eses temas. O xerme do cambio.

Para rematar o post, e o máis interesante para teorizar sobre os blogs e axenda pública, déixovos tres enlaces onde fun desgranando as miñas ideas sobre o lugar do que partimos:

O Estarivel xa está no forno

Co mes setembro, volven tódalas outras actividades que teñas, si é que algunha vez puideches descansar delas. Traballo, estudios ou calquera outra cousa que fagas. O mesmo ocorre con ESF, e non creades que en menor medida…

Este ano retomamos o Estarivel como publicación universitaria. É unha magoa que só apareza nos campus de Lugo e Compostela, pero non da máis de sí polo dagora. Para o primeiro número, fíxenme cargo dunha sección: O rincón do Sabillón.

A cousa vai así: a partir de historias que lemos e oimos, de ideas vagas, tratamos de darlle forma a algo que teña referencia cos temas que se tratan no resto da revista. O proceso é lento, e moitas ideas non valen para nada. Logo comentámolas, falamos e decidimos cal é a idea que vale. E agora, de todo ese proceso queda todo o texto que sigue:

Son cousas pequenas. Non acaban coa pobreza, non nos sacan do subdesenvolvemento, non socializan os medios de produción e de troco, non expropian as covas de Alí Babá.

Pero quizáis desencadeen a alegría de facer, e a traduzan en actos.

Ó fin e ó cabo, actuar sobre a realidade e cambiala, aínda que sexa un pouquiño, é a única maneira de probar que a realidade é transformable.

Eduardo Galeano

O texto é unha mostra de identidade, un posicionamento, por isto é adecuado para o primeiro número. Porque amosa unha declaración de intencións: somos conscientes das limitacións. Mais este feito non debe levarnos á inacción, porque como di Brecht en Loa de la duda: ¿De qué lle serve poder dudar a quen non pode decidirse?.

Logo, o texto avanza, e tamén pode ser lido como guía para a acción: construir e tecer rede debe se-la nosa estratexia. Porque é a única viable. Dende logo, son necesarios momentos de deconstrución do existente, pero para chegar a un punto a partir do cal crear. Este é o obxectivo. Crear un mundo novo a partir do actual mundo. Non a partir das ruinas dos discursos apocalípticos, senón a partir dos cimentos das múltiples realidades cos seus múltiples albañiles. Todos eles persoas.

O rincón do Sabillón

Blogs e cooperantes galegos

Hai xa medio ano que en ESF Galicia empezamos a experimentar cos blogs como ferramenta de comunicación da asociación. Nunha primeira etapa propuxémonos probalos como medio de encontro cos nosos expatriados no Sur: Víctor e Alberto no Salvador e Sergio en Nicaragua (agora tamén Isa). Saber do seu día a día. Como diarios de un chele que diría Sergio. Pero o traballo é duro e as conexións por veces precarias, polo que non se poden actualizar diariamente. Ademáis non deixan de ser iso: diarios de viaxe.

Agora, observamos con agrado cómo a Xunta imita o noso modelo e obriga ós seus bolseiros de cooperación en Bolivia, Ecuador e Perú a levar ó día un blog do seu traballo diario, con máis ou menos éxito.

Considero esta experiencia como positiva, pois, ademáis de observar in situ o traballo dos bolseiros e cooperantes, podemos (nun futuro próximo, espero) tender pontes de coñecemento e debate. Esto chegará cando dende as asociacións de cooperación vexan a utilidade do uso dos blogs para crear e distribuir o seu discurso. Cando entendan que estamos na Sociedade Rede e o que iso implica.

Nese momento o sector reforzará o coñecemento sobre sí mesmo e abandoará o minifundismo actual. Madurará. Hoxe creo que ésto é máis prioritario que calquera outra iniciativa.