Identidade e globalización: a neofeudalización

Nichos de mercado, comunidades virtuais, tribus urbanas, … todos son palabras que condensan (en diferentes linguaxes) o que todos xa sabemos e que reflexa moi ben este dito:

En teoría todas las personas somos iguales. En la práctica todas somos distintas.

Cada un de nós ten unhas motivacións e necesidades singulares, individuais: ésas que nos configuran e que nos fan sentir pertencentes a un grupo. En realidade, a varios, potenciando o noso ser indidual en varias das súas facetas. A individualización:

En realidad de lo que estamos hablando es de la diferencia entre individualización e individuación. Mientras la primera es en realidad una forma de socialización entre pares, no mediada por instituciones, castas o capas de ningún tipo, la segunda representa una forma de aislacionismo, de separatismo personal que acaba afirmando, al fin, la imposibilidad de la comunicación con el otro en el más puro relativismo cultural. Mientras la primera surge de la posibilidad de renegar de los intermediarios, la segunda surge de renegar de la vida social.
[…]
Quien quiera individuarse no tiene nada que hacer en la red virtual, una herramienta que sirve exclusivamente para comunicar.

David de Ugarte

Nun ambiente fortemente territorializado (é dicir, con poucas posibilidades de relación co exterior), as comunidades reprimen as capacidades de cada individuo, obténdose un resultado que non satisface a ningún dos seus membros. Obtense unha solución sub-óptima. Nestas condicións, certos aspectos do noso ser non podemos potencialos.

Pola contra nun mundo global, ubicuo e móvil, todo está ó alcance de todos. Potencialmente. E comeza a ser posible explotar tódalas identidades dun mesmo. Esto tamén se pode teorizar co concepto de Long Tail, ou Longa Cola (a parte amarilla da imaxe): coa globalización é viable a existencia de moitos pequenos grupos, comunidades ou nichos de mercado. Ademáis, en suma, todas esas pequenas comunidades son maiores que as poucas comunidades grandes. Os mecanismos que potencian a globalización non homoxeinizan, senón que heteroxeinizan.

Así, cos mecanismos que dan lugar á globalización vai sendo posible crear grupos de persoas transnacionais, non adscritos a territorios, senón unidos por interese comúns. A identidade xa non está ligada ó territorio. Tampouco ás comunidades “duras”. Estamos ás portas do que se coñece como neofeudalismo, as tribus globais.

Webs de eventos e publicidade open source

 

Estes días celebrouse o congreso de Fundamentos Web 2006, organizado polo W3C (oficina española) e a Fundación CTIC.

Máis que comenta-lo congreso (algo que xa fixo moito e mellor a blogosfera) quero falar da web do evento e a publicidade do mesmo. Dos elementos que a compoñen e cómo se fomentan os puntos de encontro e conversa dende a propia web central.
A web publicitaria do evento posúe elementos duros. Chámoos duros porque pretenden fomenta-lo coñecemento dende o centro, dende os organizadores. E son os que seguen:

  • Unha web do evento. Evidente.
  • Noticias actualizadas sobre o congreso. Previas á súa realización.
  • Sindicación de contidos.
  • Notas de prensa referidas ó mesmo.
  • Info sobre os actos e os ponentes.
  • A documentación do evento. Tamén previamente, na medida do posible.
  • Retransmisión do evento en directo.

Por outra parte, e como ítems interesantes, están os elementos blandos, os que buscan vertebrar unha conversa en torno ó evento dende a periferia. Os que seguen:

Estes últimos elementos (e principalmente a actitude dos organizadores) son os que configuran a “longa cola” das comunidades da que fala Juan Freire, en contraposición coa “curta cola” da fama (eu diría máis: do status quo).

Evidentemente, os organizadores desexan que se fale do seu evento e se comente. Pero non só. A partir da recollida dos post doutros actores alleos, configúrase de facto unha comunidade en torno á que informarse máis alá do centro. Unha comunidade que participou no evento e ten cousas que dicir.

Éste é o modelo que deberiamos seguir os que pretendemos construir axenda pública e tecer redes de persoas. Un modelo open source. Aberto á conversa.

Globalización: 3 apuntes e 1 conclusión

APUNTE #1 JOSEPH STIGLITZ

Levántome este domingo con café e sen presa descubro o artigo de Stiglitz: Para que la globalización funcione.

E penso, condenso a idea de que a globalizaciónentendida como o proceso de mundialización dos asuntos que nos afectan: a aldea global– deriva da movilidade das persoas e o capital, así como da ubicuidade da información. Que este proceso cambia os eixos de pensamento e fainos antiguos, inservibles para entende-lo novo mundo. Que ten vantaxes e inconvenientes.

Ben é certo que ata o de agora, só o capital non ten fronteiras. Sí aínda as teñen as persoas. E hai algo que non funciona cando o 80% da riqueza está en mans do 20% da poboación. Como ben di Stiglitz:

La necesidad de organizaciones internacionales como el Fondo Monetario Internacional, el Banco Mundial y la Organización Mundial de Comercio nunca ha sido tan grande, y la confianza en estas instituciones rara vez ha sido tan escasa.

Venme entón á mente o APUNTE #2 Jenifer Gobierno…

O libro de Max Barry: Jennifer Gobierno (extracto [PDF]), onde se narra a crise que provoca unha campaña de márketing agresiva nun mundo onde todo está privatizado. Incluso a policía e o goberno, que só actúan si algún cidadá se pode facer cargo dos seus gastos. Non existen os entes reguladores nin os impostos. O paraíso do libre mercado. Entón penso que nos fan falla entes reguladores, de gobernabilidade mundial. Que teñan a capacidade de tomar decisións.
Pero vexo a situación complicada a medio plazo… APUNTE #3 Los bárbaros a las puertas

Nestes días está o Fondo Monetario Internacional reunido en Singapur (podedes ler a mirada de Marta Garrich: introdución, e comezo da serie de crónicas…). Facendo seguemento ó ocorrido, constato o de sempre nestas reunións. Que hai dous bandos enfrontados: os de dentro das barricadas negociando cuotas de poder, e os de fóra mostrando o seu descontento. Sin posibilidade de reencontro e discusión.
E recordo un artigo do economista Juan Urrutia: Los bárbaros a las puertas que aparece tamén no libro/recopilación Economía en porciones. Considerándome eu do outro lado da barricada, teño que quitarme a palestina ante a mostra de seriedade deste economista e facer reflexión das miñas posicións.

Con estes 3 apuntes de hoxe digo (como conxurándoo): Sí á globalización… pero con sentidiño. É dicir, con avances na democratización dos organismos reguladores internacionais. De finanzas, e de Goberno.

Habitando unha sociedade pos-fordista: o informacionalismo

O INFORMACIONALISMO E A SOCIEDADE REDE

No medievo, o motor da economía e da sociedade eran a agricultura e a gandeiría. Os terratenentes que figuraban en primeiro lugar da revista Forbes da época era xente que vivía das terras. Básica e superficialmente explotando a outros que as traballaban.

Coa progresiva chegada da Industrialización esto foi cambiando e, a pesar de que seguían existindo gandeiros e agricultores, o motor da sociedade foron as industrias. Con este novo paradigma tecnolóxico -derivado dos avances nas tecnoloxías de transportes, comunicación e enerxía- producíronse cambios profundos na sociedade. E non me refiro só ó aumento da produción e novos inventos, senón tamén á relación co traballo, o diñeiro e o tempo. Por exemplo: os traballadores campesiños difiren en moito dos industriais. Para empezar os primeiros traballan conforme a obxectivos, sen un horario establecido. Os segundos ríxense por horarios e fichas que ticar. O caso paradigmático da industrialización pode ser o modelo de traballo derivado de Ford: os traballadores non son máis que eslabóns dunha cadea. Coas consecuencias que non só Tempos Modernos caricaturiza. Senón algunha máis profunda.

Hoxe en día, habitamos unha Sociedade Rede (ou da Información e o Coñecemento) que ten como paradigma tecnolóxico o Informacionalismo. En La ética hacker y el espíritu del informacionalismo, Pekka Himanen contrapón as raíces da Industrialización e o Capitalismo: a Ética Protestante (algo que explicara Max Weber en “La ética protestante y el espíritu del capitalismo“), coas da nosa sociedade actual. Defende que o Informacionalismo (do que deriva en parte a Sociedade Rede) funde as súas raíces na Ética Hacker.

Mais, antes de tentar explicar qué cambios pode implicar esta nova época no noso modo de vida, debemos entender o que significa na práctica o novo paradigma tecnolóxico: o Informacionalismo.

O INFORMACIONALISMO: CASOS “PRÁCTICOS”

O traballo intanxible, do coñecemento, ven aumentando o seu valor nos procesos produtivos. De mostra, un botón:

… desde 1945 el peso en Kg del PIB mundial ha decrecido mientras su valor en moneda constante ha crecido prácticamente sin parar.

¿Pero, qué significa isto?

Para empezar, si botamos un ollo á INDUSTRIA CONVENCIONAL, vemos que agora -a diferencia de na era industrial- xa non abonda con fabricar. Os novos tempos ríxense pola organización do traballo (para optimizar tempos de produción, minimizar stocks, …) e a inversión en I+D+i (para aportar valor ó producido, algo que nos diferencie do competidor) porque fabricar xa o pode facer “calquera”. Traballos intanxibles: de enxeñeiros de organización, economistas, etc. Xente que non traballa coas mans, senón coa cabeza. Non en vano hai hoxe máis xente ca nunca nas universidades.

Mais non só na industria convencional se nota o cambio. Por todos lados florece: só hai que abri-los ollos e desexar ver.

Nun maremágnum de información como a que temos hoxe en día á nosa disposición provócanse colapsos de información. Colapsos por exceso. Así, hoxe máis que nunca precisamos xente que se dedique a categorizar e re-distribuir a información: tradutores para entende-los conflitos internacionais (sen dúbida os máis demandados deben ser os de linguas árabes), homes renacentistas con coñecemento de varias disciplinas (para tender pontes entre a superespecialización do traballo), xestores do coñecemento e da innovación (esas persoas que se encargan de deseñar procesos para que a experiencia non se perda), etc.

Mais logo de categoriza-la info e tela á nosa disposición precisamos darlle forma: o analistas. Sociólogos, filósofos e periodistas; pero tamén brokers, consultores de tecnoloxía, etc. Think tanks, en definitiva.

E, para rematar cos exemplos de qué significa a “intanxibilidade da economía”, hai 3 industrias especialmente características da nosa época: a audiovisual, a farmacéutica e a das telecomunicacións e informática (refírome aquí principalmente á industria software). Todas traballan coas ideas, con intanxibles. Todas envoltas nos novos conflitos que David De Ugarte describe como Tecnoimperialismo.

Con estes exemplos e coas teorizacións de Castells, Himanen e outros podemos entender xa onde estamos: a era do Informacionalismo e a Sociedade Rede.

(continuará…)

Q, AlGore, internet e a imprenta

Ás veces caemos na tentación de crer que todo existe a partir de nós. E falamos da radicalidade das novas propostas. O software libre e o acceso libre á información como summun da historia universal. O fin da historia. Pero realmente non coñecemos a historia. E estamos moi equivocados.

No século XVI, a revolución luterana levou a un cisma na iglesia católica que finalmente conduciu á súa separación en dúas. As razóns desta separación pódense resumir en “a rei morto rei posto“, “el rey ha muerto! viva el rey!” ou que “hai que cambiar todo para que nada varíe”.

Mais -para min- o realmente interesante dese período convulso son dous feitos: o papel da imprenta nesa revolución e que…

…en estos 30 años, desde 1525 (inicio de la guerra de los campesinos) a 1555 (paz de Augusta entre protestantes y católicos), se experimentaron prácticamente todas los caminos de la transformación social. (ver entrevista completa ós autores da novela).

Deixando de lado esta segunda faceta da historia imos falar hoxe do papel dese instrumento maravilloso: a imprenta. A súa invención algúns anos antes tivo moito que ver neste proceso de cambio da sociedade. Permitiu non só aumentar a tirada de libros copiados (que antes facían os monxes-copistas) e a creación de octavillas, trípticos e información en xeral para ser distribuida con facilidade. Senón que tamén desplazou o centro do poder da información ós copistas con imprenta, editores, etc. Un número heteroxéneo e maior de persoas. Nada que ver coa homoxeneidade da iglesia.

A revolución consistiu en desplazar o centro de poder do control da información. Da iglesia ós editores. Do control centralizado ó descentralizado. Esto provocou certos cambios na sociedade, porque a tecnoloxía non é boa nin mala, pero tampouco neutra.
Pensando no papel da imprenta (e nas súas similitudes co cambio de paradigma da internet actual) estaba cando achei a entrevista de Al Gore (yo fui el próximo presidente de Estados Unidos), e todo me quedou claro. Di Al Gore:

¿Conoce la obra de Jürgen Habermas? Un hombre muy sabio. Sostiene que el foro público se ha transformado. Las bases de la moderna democracia fueron creadas durante la Ilustración y se basan en el dominio de la razón. La Ilustración, en sí misma, es un producto del nuevo sistema de información que nació de la aparición de la imprenta, porque otorgó a cada individuo la capacidad de sumarse a la conversación pública; permitió a la gente utilizar el conocimiento para mediar entre riqueza y poder, rompiendo la estructura feudal que se había construido en torno al monopolio de la información que ostentaba la Iglesia medieval.

Ahora, la meritocracia de las ideas que la Ilustración creó por medio de la palabra impresa ha sido sobrepasada por una nueva revolución. Gutenberg llegó hace 500 años. Hace 50 años llegó la televisión como la fuerza dominante. Esto supuso una regresión a los monasterios medievales, porque la fuente de los mensajes quedó en manos de muy pocos. Ahora, el individuo ya no puede intervenir en la conversación por encima de los medios de comunicación dominantes.

Pero Internet está empezando a desafiar a la televisión, aunque no tiene la capacidad de distribuir instantáneamente y en todas direcciones las imágenes televisadas, esta cualidad casi hipnótica de la televisión, la que le proporciona este atractivo masivo. Internet representa para mí la esperanza de recrear la conversación de la democracia.

Dende esta óptica podedes ler a novela Q, de Luther Blissett. Comprender o fenómeno luterano e o que supuxo a imprenta neses días convulsos axudaranos a entender tamén a situación actual con relación a internet.

A constitución española e o software libre

Hoxe, no xornal estatal El País, sae un artigo de Esteban González Pons relativo ó software libre e á constitución española. Conclué que a constitución é pro-software libre. Os eixos de razoamento son os habituais:

1. A obligada neutralidade do estado en relación cos seus cidadáns: a relación estado-cidadán non pode estar marcada pola dependencia de uso dun PRODUTO ESPECÍFICO de software.

2. A privacidade e seguridade dos nosos datos: derivadas de non ter acceso ó código fonte, non se pode asegurar que non existan erros inconscientes ou erros conscientes que permitan acceder a outras persoas ós nosos datos privados: declaración da renda, datos seguridade social, etc

3. A eficiencia no uso dos recursos. A mellor maneira de obter software seguro e fiable é desenvolvelo según unha filosofía aberta.

4. A independencia do estado con respecto ás empresas que lle dan servizo: cos sistemas cerrados, os estados están a merced da compañía proveedora. Non se pode asegurar que non existan puntos de acceso ó programa dende fóra do sistema (obsérvese a crise do petróleo en Bolivia no golpe de estado contra Chávez).

O artigo non di nada novo en sí mesmo. Simplemente é reseñable polo contexto:

> A plataforma: o maior periódico de tirada nacional.
> O defensor: Esteban González Pons, Conselleiro da Presidencia da Generalitat Valenciana e promotor e ex-Presidente da Comisión de Internet do Senado.

Ó fin e ó cabo comunicar é seducir, conquistar. E aínda hoxe consiste máis en facelo non con argumentos, senón coa gramática cultural. Así, o noso traballo debe ser facer presión -lobby- : obligar ós nosos representantes a que defendan o que nós cremos. Traballemos nese sentido.

Eppur, si mouve…

Galileo foi un gran físico/filósofo (recordade a separación exigua que existían entre as dúas ciencias agora ben diferenciadas). Un dos seus logros máis célebres foi argumentar definitivamente as tesis heliocentristas do universo, principalmente que a terra se movía, e para máis inri facíao ó redor do sol.

Por divulgar estas ideas foi requerido en Roma pola Inquisición. Tras un longo e agotador interrogatorio, o 22 de xuño de 1633, admiteu o seu “erro” e negou que o Sol fose o centro do universo e a Terra xirase en torno ó seu eixo e ó redor do Sol.

Eppur, si mouve….

Supoño que Galileo non era irresponsable (na medida en que non dicía cousas por dicir, senón que si defendía esa tese era porque tiña datos fiables). Pero tampouco se sentía un mártir. Unha confesión así daríalle a oportunidade de saír e seguir traballando nas súas teorías, sen dúbida. Sendo asçi, refórzase a idea de que ó sair do xuízo obligado pola inquisición a desmentir o movemento da terra, fíxoo mascullando… “y sin embargo, se mueve…”

Ben. Hai un tempo comentaba a noticia saída en tódolos medios de comunicación: ¿persoas detidas por descargar de internet películas, música e porno?.

Mais agora parece que non era para tanto, que se sobreseen os casos e a xustiza incluso se plantexa demandar ós demandantes por calumnias… (visto en código cero).

Como defendíamos nos medios; cidadáns… e sen embargo, móvese.

Tecnoloxía e terrorismo: o verdadeiro problema

Copio e pego de microsiervos (demasiado bo como para non comentalo aquí):

Google Earth non é o problema; o verdadeiro problema é a dispoñibilidade de misís de corto alcance no mercado negro.

Bruce Schneier, experto en seguridade e tecnoloxía, respondendo a un «experto en seguridade» asustadizo respecto ó potencial terrorista de Google Earth
para localizar con precisión… estadios de fútbol

Descargas, enlaces publicidade e detencións

Aínda que tarde non podo máis que facerme eco da noticia destes días

¿persoas detidas por descargar de internet películas, música e porno? ¿quen se cree a estas alturas tal película?

por certo, chámame especial a atención o que se centran os medios neste dato:

Las páginas web contra las que se ha dirigido la operación han recibido 615.000.000 visitas y proporcionaban a sus administradores ingresos medios anuales de 900.000 euros derivados de la publicidad y los enlaces contratados por otras empresas, sobre todo de casinos virtuales, contenidos pornográficos de pago o tiendas ‘on line’ de productos informáticos.

pregúntome… ¿é ilegal ganar cartos coa publicidade?

Ahí van uns enlaces. DEIXEMOS AS COUSAS CLARAS.

:: Asociación de Internautas:
a noticia
a policía e a alarma social
máis policía (con nota de prensa)
Google e os enlaces

:: David Bravo:
a noticia
relacionando noticias
mentiras e medios: ética periodística

and last, but not the least… Cortell en estado puro