A cultura circula en Boiro

A cultura circula. Non reside en cidade algunha. Pertence a un país: Imaxinario, soterrado.

Esta semana asistín en Boiro ó espectáculo Tentacular da Cultura Circula.

A montaxe residía nunha mezcolanza de circo: malabares, acróbatas, mimo; audiovisual: microfundismos de Control Z; monólogos: Quico Cadaval, Carlos Meixide -non sei si chamarlle monólogo á súa “actuación”-; e risas sen parar: Teatro Trévere (o domador da faneca brava e outros varios) e Mofa e Befa (coa montaxe Os Romeros de Hondarribia). Todo elo aderezado por unha banda fabulosa (a Banda Baliza) e outras actuacións musicais: Mónica de Nut. (ver programa completo).

A montaxe é espectacular e non podo máis que falar ben dela: unha idea atrevida e levada a bo porto. Variedade. Diversidade. Identidade por suposto. Cun nexo común (o mar) varios artistas integran unha gran obra, demostrando que é posible facer cousas fóra do star system do espectáculo. Pode que sexa hora de que os artistas volvan a gañarse os cuartos traballando, de xira en xira. Polo que eu vin en Boiro a xente responde e gusta deste tipo de obras.

A constitución española e o software libre

Hoxe, no xornal estatal El País, sae un artigo de Esteban González Pons relativo ó software libre e á constitución española. Conclué que a constitución é pro-software libre. Os eixos de razoamento son os habituais:

1. A obligada neutralidade do estado en relación cos seus cidadáns: a relación estado-cidadán non pode estar marcada pola dependencia de uso dun PRODUTO ESPECÍFICO de software.

2. A privacidade e seguridade dos nosos datos: derivadas de non ter acceso ó código fonte, non se pode asegurar que non existan erros inconscientes ou erros conscientes que permitan acceder a outras persoas ós nosos datos privados: declaración da renda, datos seguridade social, etc

3. A eficiencia no uso dos recursos. A mellor maneira de obter software seguro e fiable é desenvolvelo según unha filosofía aberta.

4. A independencia do estado con respecto ás empresas que lle dan servizo: cos sistemas cerrados, os estados están a merced da compañía proveedora. Non se pode asegurar que non existan puntos de acceso ó programa dende fóra do sistema (obsérvese a crise do petróleo en Bolivia no golpe de estado contra Chávez).

O artigo non di nada novo en sí mesmo. Simplemente é reseñable polo contexto:

> A plataforma: o maior periódico de tirada nacional.
> O defensor: Esteban González Pons, Conselleiro da Presidencia da Generalitat Valenciana e promotor e ex-Presidente da Comisión de Internet do Senado.

Ó fin e ó cabo comunicar é seducir, conquistar. E aínda hoxe consiste máis en facelo non con argumentos, senón coa gramática cultural. Así, o noso traballo debe ser facer presión -lobby- : obligar ós nosos representantes a que defendan o que nós cremos. Traballemos nese sentido.

¿Qué é para ti o galego?

Co gallo do día das letras galegas -que tamén é o día de internet- no xornal Vieiros, lanzouse un reto á rede. Defini-lo galego a través de fotografías: o galego no espello.

As propostas deben evita-los tópicos. Hai que facer un esforzo e encherse de imaxinación, pois:

“Non queremos rosalías. Non queremos castelaos. A dificultade da proposta é que deberedes evitar unha serie de tópicos tabú. As fotografías non poderán incluír nin retratos de autores ou xente da cultura, nin bandeiras, nin, libros, nin letras, nin bibliotecas, nin imaxes de xornais impresos”

Xa sabedes pois. A pensar un chisco na metáfora adecuada para a nosa lingua materna. Logo, sacade o voso ollo tecnolóxico e fotografádea. Imprimídea en pequenos anacos de silicio. O mesmo esforzo pagará a pena.

NOTA1: a iniciativa encádrase noutra de promovida pola consellería de innovación e industria da Xunta: + internet, +galego, + futuro
NOTA2: a foto é unha das presentadas a concurso, autor: o ghaio

Eppur, si mouve…

Galileo foi un gran físico/filósofo (recordade a separación exigua que existían entre as dúas ciencias agora ben diferenciadas). Un dos seus logros máis célebres foi argumentar definitivamente as tesis heliocentristas do universo, principalmente que a terra se movía, e para máis inri facíao ó redor do sol.

Por divulgar estas ideas foi requerido en Roma pola Inquisición. Tras un longo e agotador interrogatorio, o 22 de xuño de 1633, admiteu o seu “erro” e negou que o Sol fose o centro do universo e a Terra xirase en torno ó seu eixo e ó redor do Sol.

Eppur, si mouve….

Supoño que Galileo non era irresponsable (na medida en que non dicía cousas por dicir, senón que si defendía esa tese era porque tiña datos fiables). Pero tampouco se sentía un mártir. Unha confesión así daríalle a oportunidade de saír e seguir traballando nas súas teorías, sen dúbida. Sendo asçi, refórzase a idea de que ó sair do xuízo obligado pola inquisición a desmentir o movemento da terra, fíxoo mascullando… “y sin embargo, se mueve…”

Ben. Hai un tempo comentaba a noticia saída en tódolos medios de comunicación: ¿persoas detidas por descargar de internet películas, música e porno?.

Mais agora parece que non era para tanto, que se sobreseen os casos e a xustiza incluso se plantexa demandar ós demandantes por calumnias… (visto en código cero).

Como defendíamos nos medios; cidadáns… e sen embargo, móvese.

Tecnoloxía e terrorismo: o verdadeiro problema

Copio e pego de microsiervos (demasiado bo como para non comentalo aquí):

Google Earth non é o problema; o verdadeiro problema é a dispoñibilidade de misís de corto alcance no mercado negro.

Bruce Schneier, experto en seguridade e tecnoloxía, respondendo a un «experto en seguridade» asustadizo respecto ó potencial terrorista de Google Earth
para localizar con precisión… estadios de fútbol

Descargas, enlaces publicidade e detencións

Aínda que tarde non podo máis que facerme eco da noticia destes días

¿persoas detidas por descargar de internet películas, música e porno? ¿quen se cree a estas alturas tal película?

por certo, chámame especial a atención o que se centran os medios neste dato:

Las páginas web contra las que se ha dirigido la operación han recibido 615.000.000 visitas y proporcionaban a sus administradores ingresos medios anuales de 900.000 euros derivados de la publicidad y los enlaces contratados por otras empresas, sobre todo de casinos virtuales, contenidos pornográficos de pago o tiendas ‘on line’ de productos informáticos.

pregúntome… ¿é ilegal ganar cartos coa publicidade?

Ahí van uns enlaces. DEIXEMOS AS COUSAS CLARAS.

:: Asociación de Internautas:
a noticia
a policía e a alarma social
máis policía (con nota de prensa)
Google e os enlaces

:: David Bravo:
a noticia
relacionando noticias
mentiras e medios: ética periodística

and last, but not the least… Cortell en estado puro