in All, ESF Galicia, Galego, Some events I attended

Crítica a Taibo. Por un movemento proglobalizador.

En primeiro termo dicir que a charla de Taibo estivo ben organizada e nas preguntas foi moi cordial: as formas ás veces son o fondo e Taibo presentouse como un señor. Explicou paso por paso as súas ideas e con numerosos e gratificantes exemplos (os “cotilleos” do movemento). Con ánimo de facerse entender. Pero carecía dun discurso global, dunha reflexión profunda da sociedade actual a partir da cal realizar propostas de acción. Entende-lo mundo que nos rodea para propoñer. Ben ó caso o que dicía Mao…

un home sen información, carece de opinión

A miña crítica á súa charla é ontolóxica, de modelo de coñecemento. Estou dacordo cos datos que presenta e tamén coas análises parciais. Pero non co modelo xeral construido a partir deles.

Na base da pirámide do discurso dun activista temos os datos en bruto (estatísticas de diferentes organismos). A partir deses datos formúlanse os análises dos datos pertinentes (a concentración da riqueza aumentou por 7 nos últimos 15 anos; a relación entre o 20% da xente máis rica e o 20% da xente máis pobre era de 30 a 1 en 1970, de 60 a 1 en 1990 e de 90 a 1 hoxe en día; a produtividade nos anos 40-50 veuse incentivada por un cambio tecnolóxico principalmente e non do capital, etc, etc). Na cima da pirámide e como cumio dos análises anteriores temos o modelo de teórico de coñecemento. O aglutinador e o que da sentido, o que conforma a identidade.

Eleximos un modelo ou outro co afán de explica-lo que sucede, porque comprendelo é o primeiro paso para poder modificalo. Ben. E aquí chega a crítica. Taibo fai moi ben os dous primeiros pasos pero o último non o realiza. Alomenos eu non o vin na súa exposición, e non foi por preguntar na ronda de preguntas.

Taibo ven dicíndonos que a Globalización non existe, que simplemente é poñerlle un nome bonito a un proceso imperialista controlado por 3 axentes. Si seguira subindo nesa pirámide do discurso antes mencionada, quizás se atoparía con outra xente: por exemplo Castells e Himanen co seu modelo de Sociedade Rede e Informacionalismo. Incluso ó seu mesmo nivel (o do análise dos datos) existen expertos que din que a globalización sí é un feito (interdependencia dos países e economías en diverso grado, a metáfora de aldea global é reveladora neste senso). Ademáis é un proceso dinámico e complexo: inflúen máis dos 3 axentes por él enumerados.

Por desgracia, todavía moita xente no “mundo alternativo”, xente dinámica que pode xerar cambios, cre neste discurso. Demasiada ideoloxía antiga (ideoloxía: construción de corpus teórico de creencias) hai “no movemento”. E pouca comprensión da realidade.

A globalización existe e consiste no…

proceso de mundialización dos asuntos que nos afectan: a aldea global. Deriva da movilidade das persoas e o capital, así como da ubicuidade da información

Entende-lo entorno é o primeiro paso para xerar alternativas que teñan efectos sobre a realidade. Hoxe en día fai falta ser proglobalizador tendo en conta que o proceso actual é deficiente. Pero a solución é abrirse paulatinamente, profundizar na globalización, non agocharse detrás de muros artificais. Unha vez esto claro podemos empezar a falar de propostas.

Leave a Reply

Webmentions

  • Redes e guerras en rede – No sólo software

    […] a emerxencia da cidadanía global, do activismo pro-globalista. Porque coñece-lo entorno, sen dogmatismos, sen pecha-los ollos á razón, é o primeiro paso para modificar un mundo […]

  • O bazar de nes » Cuestión de fé: unha despedida ó “movemento”

    […] Non pode hoxe máis que sorprenderme a madurez dese rapaz de 17 anos, en plena pubertade e posmoderno sin el sabelo. Desculpade a sinceridade, pero escribo hoxe isto afectado por xa demasiadas discusións antiglobis ou ecologetas que non son debate senón exposición de dogmas de fé. […]

  • chuza.org

    Por un movemento proglobalizador…

    A partir dunha charla de Carlos Taibo analizando a globalización trátase de expor a importancia non de oporse a esta senon de convertila nun movemento propio e nun elemento de cambio social para mellor….