Crítica ó relatorio de Vence

Logo dunha semana, expoño aquí a crítica á charla de Xavier Vence: A globalización e a patria do capital periférico. Leccións para unha política industrial. Xa se pode ler a crónica do DUVI e ve-lo vídeo da charla.

Pouco teño que dicir a Vence, xa que comezou cunha clara declaración de intencións:

falará das ameazas para unha economía periférica como a galega.

Cando rematou o seu relatorio, a maioría dos asistentes (ben poucos éramos) quedamos coa sensación de que Xavier Vence defendía que a globalización estaba xerando soamente ameazas e destruindo as economías periféricas. E as preguntas foron encamiñadas nese sentido.

Unha vez realizado o debate, o sentemento era distinto, vimos a súa cara amable e nada apocalíptica: a globalización non só trae consigo ameazas, senón tamén oportunidades. Púxose como exemplo Citröen e os coñecementos en áreas de organización de empresas e da produción. Eu engado agora tamén a área de automatización.

Estas áreas universitarias, víronse favorecidas pola chegada da empresa e das súas necesidades (tanto internas, como nas relacións cos seus proveedores). Este feito foi clave para que hoxe en día, as dúas áreas mencionadas sexan das mellor valoradas na universidade de vigo, e poidan a partir dahí diversificar a súa oferta (non só atender ó sector do automóvil) e favorecer a chegada de novas empresas. A ninguén se lle debería escapar que a inminente chegada de empresas xaponesas ó complexo CITEXVI, vén dada polo exposto anteriormente, ademáis de pola calidade dos graduados na Escola de Telecomunicacións da UVigo.

Así vemos fácilmente cómo se poden xerar dinámicas de progreso nun entorno xeográfico, aproveitando a globalización. Por outra banda, o certo é que Galicia debe renunciar a competir en certos sectores (man de obra barata por exemplo) e centrarse en apenas uns poucos sectores e empresas estratéxicas. A cuestión é cómo guia-lo proceso de reconversión.

Non se pode na aldea global matar unha mosca a cañonazos, non se pode competir en tódolos sectores e tódalas empresas. Debemos ir cara a competencia nos sectores motores da economía: os informacionais. Audiovisual e I+D nas empresas, pero tamén naqueles en que temos os recursos necesarios que non se poden deslocalizar: agropecuario e enerxético.

En definitiva, debemos fomentar menos o discurso apocalíptico e máis o integrado. O traballo consiste en aproveitar a globalización para xerar benestar. Hoxe, toca ser proglobalizador.

1 thought on “Crítica ó relatorio de Vence”

  1. Ao igual que o relato de Taibo, Xavier parte dunha ontoloxía sobre o ser de Galicia, que queda calificada como periférica.
    Dado un mundo, o seu exercicio de creación de recreación dos pros e contras nas dimensións fixadas, é válido.
    Agora ben, se fixemos un mesmo exercicio de creación ontolóxica e dixeramos que Galicia está en esencia no centro da escena mundial, por PIB per capita, distribución da renda, acceso tecnolóxico, localización xeográfica en canto ao acceso mundial dos seus produtos vía mar e aire- principais fontes do comercio mundial- a análise de riscos e oportunidades varía completamente.
    Teño a extraña sensación que os relatorios presentados parten dunha postura crítica con outras visións e alternativas proglobais sobre a mundialización na que estamos inmersos.

    Sería o resultado destas xornadas igual, sen entroques de postulados periféricos, fose expostas as teses proglobais de Albino Prada, por citar, un simple exemplo.

    Os fenómenos de perda de coñecemento intelectual danse igual entre os titulados en tecnoloxía en Galicia cara outra rexións europeas, como entre os titulados en medicina en Ghana cara aos EUA ou Reino Unido.
    Este exemplo de periferia económica na que estariamos inseridos Ghana e Galiza, non pode agochar que tanto Ghana e Galiza atraen persoal non cualificado e de rendas inferiores vías emigración na medida que somos países de oportunidades no contexto mundial no que nos movemos.

Leave a Reply