Crónica vacacional: a conexión

[Actualización 09-abril] Amén de algunha persoa coa rede wi-fi aberta (según me contan os residentes) tamén existe a primeira cafetería con wi-fi (a Irish Tabern, na praza da mancomunidade) como servizo ós seus clientes… Boiro na vangarda 😛

– Tienes que teclear otro nombre de usuario. Ése está cogido. Usa por ejemplo el apellido o combina nombre y apellido.
– Aah.. gracias!
– Y la próxima vez que entres tienes que recordar el usuario y contraseñ que elegiste.
– Vale, vale, gracias!

Ambas eran mulleres de mediana idade. A primeira bibliotecaria, a segunda usuaria do servizo de internet nas bibliotecas. Sirva esta anécdota para ilustrar a necesaria alfabetización dixital do concello de Boiro.

Sí, estou no “meu concello“, onde nacín. De vacacións. E penso nestas cousas mentres me desespero porque carecemos da primeira condición – necesaria pero non suficiente- para a alfabetización: a infraestrutura.

No núcleo urbano de Boiro só existe un ciber (co ratio prezos/ servizos bastante malo). É habitual que os PC se colguen… e todos por suposto en windows.

Pola banda pública as deficiencias son enormes. No núcleo existen 2 centros onde podes conectarte…

  • a biblio da Casa da cultura: 3 computadoras con sesións máximas de 45 minutos… diarias!
  • o novo Centro Social: 10 computadoras sen restriccións horarias… pero na que hai algunhas que levan meses (por non dicir un ano) estropeadas sen que ninguén as arranxe.

Por suposto todo funcionando baixo Windows. E de pena. Ata hai uns meses non podía abrir arquivos PDF (non estaba instalado ningún programa para facelo)… e a día de hoxe non podo abrir arquivos comprimidos .rar.

A rede wi-fi do concello non é mellor: só hai conexión nos dous centros indicados … e limitada a 45 minutos diarios. A non ser, claro, que simplemente crees outro usuario (hai que facelo para conectarse).

E a iniciativa privada individual? ben, non teño datos sobre isto. Mais, as conversas das persoas de 22 a 29 anos son aínda moi analóxicas, nada dixitais. Palabras como blog sonan a innovación … a estas alturas! Polo que me supoño que non moitos teñen internet na casa.

Mais non todo é negativo, e hai 2 factores que -penso- axudarán a impulsar tamén aquí a sociedade do coñecemento, non só da información.

En primeiro lugar -e destacado- a chegada de R, o operador de cable galego (quixera poder adxuntar fotos… mais non me da tempo!). En segundo, a existencia dun ciclo superior de informática en Ribeira, aquí cerca, onde se xera persoal educado nas novas tecnoloxías e servirán, sen dúbida, como axentes alfabetizadores. Mais todo iso ocorrerá a medio plazo.

Si ben é preciso cambia-lo modelo de desenvolvemento da vila, parece que poucos queren enterarse. Así, mentres noutros lugares xa se considera a conexión un servizo básico e outros están en camiño (alomenos entra como factor nas promesas electorais), a rica comarca do Barbanza nin sequera o plantexa (a excepción quizáis do concello de Rianxo).

Remato por hoxe esta crónica vacacional amarga. Acábaseme a sesión e chego tarde. Igual que Boiro ó futuro.

1 thought on “Crónica vacacional: a conexión”

Leave a Reply