Crónica vacacional: a cultura emerxente

Logo duns días na casa cuasi-aillado, recupero a vida en Vigo, mais non sen antes dar un apunte sobre o ocio e a cultura no “meu concello”.

Dentro da mancomunidade, pódese dicir que Boiro é o pobo do fin de semana, o pobo botellón ou “da marcha” na comarca do Barbanza a arredores. Algo polo que tamén é unha opción habitual para as vacacións do verán: a vila como lugar turístico, creando asimesmo os conflitos no modelo de desenvolvemento. O turismo como problema e solución á vida dos residentes en Boiro.

En todos estes anos ademáis, existe unha emerxente comunidade de persoas que desexan convertilo en algo máis que ladrillo e ron. Que pelexan por crear espazos de convivencia, diversión e crítica. A grosso modo podemos destacar 2 axentes principais en torno ós que se artellan:

  • O proxecto Leñaverde nado co beneplácito da concellería de cultura e que serve de palanca de promoción de outras iniciativas: o ciclo de curtametraxes, exposicións, concertos, iniciativa de locais de ensaio da Xunta, etc
  • Certos bares da vila. A Pousada das ánimas como principal axente (semana latina, tripijazz, …) máis tamén outros como o Esmorga que agora programan actividades (fundamentalmente concertos) máis alá da happy hour.

Así, logo dunha longa ausencia do meu pobo (máis alá das visitas esporádicas), descubro que ós poucos se converte nun lugar máis habitable. Descubro que existen cousas por facer e persoas que coñecer: un Boiro novo. Descubro que pode ter futuro a pesar de todo.

Déixovos un video do grupo The Ellas (Luis Tosar e Piti Sanz están entre os compoñentes). Grupo que puidemos ver esta semana na Pousada … e que nos encantou! Unha particular homenaxe ás mulleres: cancións “de mulleres” cantada e tocada por homes: Garbage, Alanis Morrisette, No Doubt, Gloria Gaynor, … ó final quedámonos coas ganas de que Tosar volvese a cantar a Pearl Jam

(estamos tendo problemas co engadido WP-SWFObject para o muPress, de tódolos xeitos -e mentras non demos co erro- podedes ve-lo video nos enlaces)

[SWF] http://media.vieiros.com/vieiros/tosar/tosar_walk.flv, 450, 370[/SWF]

Leave a Reply