De novelas, modelos educativos e Xtreme Programing

Este verán aplacou non só a dinámica de facer cousas, senón tamén a de escribir. Sobre todo porque no taller no que estou teño tantos estímulos e conversas das que aprender, que a info procesada é demasiado grande para poder enviala á pantalla con algún sentido.

Agora, de entre esa marabunta de ideas, conversas e cafés… retomo o tema da educación .. logo dun fin de semana caluroso en Boiro, no que releo Jeniffer Gobierno, de Max Barry.

Aínda me quedan bastantes referencias educativas que ler, mais xa vou tendo unha idea clara de cómo aprendemos: co mesmo modelo da Xtreme Programing, igual que no deseño iterativo. Foi ésta unha idea que verbalicei por primeira vez no taller sobre realización de videoxogos con Miguel Sicart (páxina persoal), no curso de verán da USC.

A Xtreme Programing é unha metodoloxía de programación que consiste en construir a aplicación “por iteracións”. Primeiro realízase coas funcionalidades básicas para -en posteriores iteracións- amplialas e integrar outras novas. Esta metodoloxía de traballo é moi boa porque:

  • Permite ponderar a viabilidade dun produto en pouco tempo e con baixos costes (o tempo e cartos que leva facer a versión piloto)
  • Facilita o crecemento orgánico da aplicación: integrar fácilmente novas funcionalidades a posteriori e descartar algunhas inicialmente acordadas

Pero, sobre todo, e o que quero destacar aquí, reflexa un modo de face-las cousas que é similar a como aprendemos: acumulativamente; asentando as bases para integrar os requerimentos que xurden a posteriori dinámicamente.

É neste punto no que xurde o nexo co modelo educativo que creo máis eficiente: non deseñar, senón cultivar; do mesmo xeito que aprende Nell en “La Era del Diamante, de Stephenson”. Non podes aprender a multiplicar se non sabes sumar previamente. E aprender facendo, a medida que o necesitas. Cobra agora moito sentido agora unha frase garabateada no borde da Moleskine:

Los buenos profesores no son los que deslumbran, sino los que alumbran.

Así, os mellores programas educativos son os que se adaptan progresivamente ó que cada alumno poden asumir e necesita aprender. E xurde a idea tamén estes días debido á relectura de Jeniffer Gobierno.

Agora doume conta da gran novela que é e o que influiu no meu pensamento actual. Mais non hai nela ningún discurso moralizante sobre a configuración do mundo… simplemente a mensaxe emerxe da lectura e das historias disgregadas… neso pensaba onte, mentres remataba a relectura e o tren recorría as costas de Vilagarcía.. porque xa coñecida a trama e a historia, puiden concentrarme en analizar cómo Barry consigue a empatía e cómo eu recibín ese estímulo. Como nunha viñeta política que divirte e no repouso deixa a mensaxe. Como nos ethical games de Miguel Sicart. Tal e como aprendemos.

Leave a Reply