in All, Galego, How our society works

Desenvolvemento e división internacional do traballo

Aproveito a mini-ponte para amplia-la serie iniciada sobre tecnoloxía, patentes e desenvolvemento. E fágoo cun post sobre traballo e desenvolvemento. Pretendo así aportar o meu grao de area á actualización do imaxinario… da Revolta de Haymarket e dos Mártires de Chicago … á loita por que a división internacional do traballo non se convirta nun novo modo de imperialismo.

Na sociedade da información existen 3 sectores principais, os dinamizadores da economía, os que marcan si un país ou rexión é produtor ou mero consumidor. E os 3 traballan con código:

  • as biotecnolóxicas e farmacéuticas (xenético, biolóxico)
  • a industria do software e telecomunicacións (código binario)
  • a industria cultural e multimedia (imaxes, linguaxe)

Na actualidade, a capacidade dunha rexión para acada-lo desenvolvemento pasa por este tipo de industrias, por ser capaz de aglutina-lo coñecemento, recursos e institucións necesarias que permitan integrarse na economía global. Si consideramos a aldea global como unha sociedade redistributiva, non recíproca, integrarse nos fluxos internacionais de comercio supón competir, especializarse e adaptarse. Pero este proceso non é neutro, e da súa configuración dependerá o futuro de millóns de persoas.

Observando os 2 mapas seguintes temos unha idea bastante clara de cómo é hoxe esta configuración. O primeiro mapa indica onde están localizados os nodos mundiais de innovación tecnolóxica:

479841362_e7080fd931_o

O segundo onde se acumulan os pagos por royalties (moi ilustrativos tamén os mapas de importacións e exportacións):

royalties

De xeito moi visual obsérvase que existen 3 centros principais: Estados Unidos, Europa e Xapón. Esta situación trae consecuencias, pois a soberanía tecnolóxica é un factor fundamental para o desenvolvemento.

Nunha economía globalizada, con 3 industrias altamente competitivas e que traballan con código, con ideas, establecer unha lexislación internacional restrictiva sobre as mesmas (patentes, copyrights, dereitos de autor) non fai máis que poñer barreiras de entrada artificais ó resto de países, empresas e persoas.

Non fai máis que perpetuar e profundizar na configuración dun mundo desigual.

Leave a Reply

  1. Gustariame matizar, inda que creo que o deixas bastante claro, que se ben tódolos sectores (primario, industrial ou servizos) son importantes para a economía e para o desenvolvemento dos pobos, non todos son dinamizadores.

    A agricultura, por exemplo, é un sector básico e estratéxico na economía de calquer país posto que afecta a unha das necesidades máis elementais como é a comida. Pero que sexa un sector fundamental non significa que dea os rendementos necesarios para poder empregar eses recursos en outras tarefas básicas como a educación.

  2. Gracias Emma! Gracias Eva! 😉

    Fran, coma sempre… dacordo co matiz.

    Nati, a cuestión é… por qué as industrias que traballan con código?

    Verás, cando se fala da economía do coñecemento (é dicir, que as actividades que engaden valor á produción están rexidas polo coñecemento) non se pode obviar que todas as anteriores economías e sociedades tamén se basaban no coñecemento en maior ou menor medida. Pq dicimos iso entón?

    Bueno, o novo nesta época son as tecnoloxías de procesamento de información que destacan por:

    – a súa capacidade de procesamento de información
    – a potencia para recombina-la info
    – a flexibilidade para a distribuíla

    Todo isto non supón só un aumento cuantitativo do coñecemento dispoñible, senón tamén un aumento cualitativo. Supón un salto de escala, xa que se retroalimenta. Por decilo en termos matemáticos… a acumulación do coñecemento neste caso non é unha progresión lineal, senón exponencial.

    Así, as actividades relacionadas co coñecemento (ideas, código: intanxibles) toman unha relevancia fundamental: son o núcleo do actual aumento de produtividade.

  3. Ante el poder concentrado de lo tecnológico y aún de lo científico, hay que oponer formas organizativas y bãsicamente cooperativas mas eficientes. Esto no se arregla con palabras, sino con metodologías ad hoc
    Metodologías que permitan desarrollar espacios de innovación altamente dinámicos y equilibrados respecto al medio y a las personas y grupos; metodologías basadas en la cooperación y en el grupo de trabajo.
    Hace tiempo que he puesto en circulación una metodología de este tipo, un método para innovar.
    La metodología MINING-Aldebaran reune muchos de estos requisitos. Se puede encontrar de forma gratuita en http://www.robertocarballo.net y http://www.robertocarballo.com. Un abrazo y felicidades por tu blog.

Webmentions

  • Progresistas: táctica e estratexia – No sólo software 3 September, 2007

    […] conflito entre as forzas produtivas e as relacións de produción e as consecuencias para a división internacional do traballo que supón o novo marco de […]

  • William Morris para makers | No sólo software 3 September, 2007

    […] posibles para el cambio que se juega en los debates de privacidad, recentralización del poder, marcos de propiedad intelectual extractivos, […]

  • No sólo software » Blog Archive » Empresa, mercado y comunidad 3 September, 2007

    […] Pero ¿qué ocurre en un mundo informacional con recursos no alienables ni competitivos? ¿Cuáles son los verdaderos efectos de políticas de restricción de acceso a los recursos (propiedad intelectual…? […]

  • O bazar de nes » Estado-nación como estructura fallida 3 September, 2007

    […] No tocante á creación de riqueza xa non queda moito que dicir. Simplemente o estado non ten o poder suficiente para mediar entre os conflitos de intereses público-privados e as relacións comerciais se realizan con persoas e empresas de múltiples territorios. […]