in All, ESF Galicia, Galego

Do proxecto comunicaciong

Como anunciamos algúns días atrás, Fran e máis eu daremos unha ponencia sobre comunicación na era dixital durante a asamblea anual da Federación española de ISF. A asamblea, ademáis de ser un dos puntos de encontro de todas as ISF integradas na federación, crea tamén espacios para a reflexión e posta en común. Trátase de crear un lugar onde compartir experiencias en torno a uns eixos temáticos. Este ano serán a comunicación e a enerxía.

Particularmente, no noso taller, pretendemos expoñer algunhas das ideas que aprendemos coas experiencias dos blogs en esf galicia, e de ler moito ós que máis saben.

Mais somos conscientes que un evento así apenas chega para inicia-lo movemento, precísase de algo máis. Por iso, o noso enfoque do taller é como un punto de arranque, como unha palanca que incita a acción.

Por outra banda, parécenos que non existe un lugar na rede dedicado específicamente a recolle-las experiencias e aprendizaxe de outros actores no sector da comunicación en asociacións e ong, aínda que sí existe moita xente que trata o tema e traballa niso, como Olga, Felipe, Iván Pino, etc. Mais o coñecemento está disperso e cremos que se precisa un lugar de referencia, centralizador e distribuidor ó tempo.

Así nace Comunicaciong, un blog que pretende ser un lugar de visita para todos aqueles interesados no mundo da comunicación nos sectores asociacionista e das ong.

Trataremos nese blog de ir desenvolvendo as ideas-clave que se fai necesario coñecer nun mundo informacional, fomenta-la reflexión sobre a potencia que nos otorga a rede de cara a crear espacios de participación e deliberación. Obxectivos bastante ambiciosos. Esperamos que nos acompañedes nesta viaxe! 😀

Leave a Reply

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

  1. Gracias Olga! lo he añadido ya al feevy del blog. Por cierto, tenemos un msn pendiente 🙁 .. en cuanto acabe la mudanza a Coruña lo hacemos, no? que no se diga que la tecnología es una barrera a la comunicación! 😀