Estado-nación como estructura fallida

Vimos dun mundo onde o Estado-Nación era a fonte de poder e identidade, a fonte principal de xeración de benestar. Pero a estrutura chirría e xa non é suficiente para dotar de benestar ós individuos que a compoñen e responder ós desafíos da aldea global. Hai tempo que as súas fronteiras se quedaron pequenas.

A súa función é aínda necesaria, mais a súa configuración actual non. As alternativas son:

  • Inventar mecanismos que traten de reactivar o poder das estruturas pensadas territorialmente.

A miña posición é clara para os que ledes de forma habitual o blog: unha deconstrución creativa é necesaria, igual que outro mundo é posible, pero sin os dogmas conservacionistas dalgúns sectores antiglobis. Tratarei agora de argumentar por qué non é adecuada unha estratexia conservativa e temos que optar pola progresista.

A organización social actúa en dous planos:

  • Na creación de identidade
  • Na xeración de riqueza

Unha determinada estrutura social (os estados-feudais, os estados-nación, as comunidades nómadas, …) xurden nun contexto histórico dado debido a que son as organizacións óptimas para a función para a que foron creadas: crear o maior benestar posible para os individuos que a conforman.

Pero a identidade xa é global e o Estado-Nación non ten os medios para evitalo nin reinventarse. Tamén a xeración de riqueza se estrutura nun proceso alén das fronteiras territoriais.

Así, si entendemos que a identidade dos estados se construía principalmente a partir das dúas ferramentas seguintes..

  • os medios de comunicación
  • o sistema educativo

.. debemos plantexarnos qué ocorre nun mundo de micronichos, no que a información consumida por cada individuo xa non se basa nun menú estatal, senón global. Do modelo mass-media ó modelo mis-medios.

Pero tamén o sistema educativo (como último bastión da identidade) sufre as consecuencias do novo mundo: choques culturais e reformas apremiantes (máis alá do estéril debate sobre educación para a cidadanía). Debemos pensar cómo se configura a identidade nun mundo no que o modelo educativo mesmo se pon en dúbida e se debe adaptar a novas condicións alén das fronteiras estatais (por exemplo: proceso de Boloña).

A pregunta é .. ¿qué poder simbólico lle queda ó estado?

Xa non é posible configurar unha identidade nacional forte cando estudiamos parte das nosa carreira no extranxeiro e temos amigos de tódolos países; cando compramos produtos en Amazon que nos envían dende Norteamérica ou China; cando os nosos espacios de socialización xa non se entenden en relación ó territorio (messenger, correo-e, comunidades virtuais temáticas, …).

No tocante á creación de riqueza xa non queda moito que dicir. Simplemente o estado non ten o poder suficiente para mediar entre os conflitos de intereses público-privados e as relacións comerciais se realizan con persoas e empresas de múltiples territorios.

Por isto, a miña aposta é pola deconstrución creativa. E faise necesario seguir este debate: Das nacións ás redes.

9 thoughts on “Estado-nación como estructura fallida”

  1. É bastante inxenuo pensar que as estructuras sociais foron creadas para o benestar de tódolos seus componentes.

    Teño a impresión de que confundes dous conceptos diferentes. Estado non é nación, aínda que moitas veces sí coinciden.
    http://es.wikipedia.org/wiki/Estado
    http://es.wikipedia.org/wiki/Naci%C3%B3n

    No referente á pregunta ¿qué poder simbólico lle queda ó estado?

    O Estado ten todo o poder que sempre tivo, novas formas de comunicación implican novas formas de control se é preciso.
    Os estados actuais están subordinados ó capital é o modelo económico e social imperante. As novas formas de comunicación están subordinadas ó capital é ó modelo económico e social imperante.

    Os estados seguen tendo o mesmo poder simbólico que sempre tiveron.

    Por certo, dous exemplos:
    O comisario europeo de Xusticia e Seguridade quere regula-la información que proporcionan os buscadores sobre “temas sensibles” http://barrapunto.com/article.pl?sid=07/09/11/115223

    Unha segunda nova (esta é de hoxe) como as grandes empresas neste caso Yahoo colaboran cos Estados http://hispamp3.com/noticias/noticia.php?noticia=20071107174516

    É moi complicado sair de “Matrix”, diría que case imposible. Coñeces a alguén que o conseguira?

    Saúdos

  2. #1 pola contra eu opino que agora a nación (empregando o termo no senso que indica a wiki) so ten o poder que nos lle demos para crear identidade.

    Cando as túas relacións non tiñan posibilidade de ir máis alo que uns poucos kilómetros ou unhas cartas cada certo tempo só podías sentirte cómodo no sitio onde naceras ou onde viviras. Cando tes a posibilidade de falar de manera instántanea e sen custos con calquer persoa do mundo con aceso a internet as túas afinidades poden variar.

    Eu sinto que teño máis identidade compartida cun programador de software libre da República Checa que co meu avo que era pescador.

  3. Luis, en canto ó poder simbólico que lle queda o Estado… creo que estás moi confundido. De feito, da noticia do comisario europeo obtense unha conclusión totalmente contraria ó teu argumento. Si ben é certo que desexan regular a info dos buscadores iso reflicte o novo modelo: desexan volver a ter o control da información… que con internet e as tecnoloxías distribuidas perderon. A noticia da conta da reacción de alguén que ó perder o poder de filtro, de control… da unha pataleta e non quere xogar coas novas reglas. De tódolos xeitos é unha ameaza, por suposto.

    Deberías ler esto: El poder de las redes. Paréceme unha boa fonte para que teñas unha panorámica máis completa da situación e descubras que o poder simbólico do Estado é hoxe moi limitado.

    A causa das novas tecnoloxías distribuidas (internet, móviles, …) a identidade xa non se define en torno ó territorio, Luis, ésa é a clave.

    En canto á disquisición terminolóxica sobre o Estado-Nación, si ben é certo que algúns poderían argumentar que existen nacións sen estado, non é unha discusión que me interese, Luis. Mais creo que podemos acordar a metáfora do Estado-Nación como a organización política dominante nos séculos XIX e XX, non? De igual modo que o nomadismo ou a organización tribal o foron no pasado.

Leave a Reply