Existe o virtual? e o real?

A raíz do anterior post, ascárida e goretoxo aféanme en Chuza! que distinga entre os 2 mundos: real e virtual. E con razón: non existe tal separación.

Si ben en A virtualidade, a realidade e a socialización propúxenme amosa-los espazos de socialización na rede, neste post tratarei de argumentar que non existe separación dos 2 mundos: realidade e virtualidade compleméntanse, non se exclúen.

Do mellor modo ciberpunk, Juan Varela escribía onte:

Los teléfonos móviles avanzan para convertirse en nuestro auténtico ciborg. Por ahora exógeneo, pero puede que en un futuro también se puedan implantar dispositivos internos para no olvidarlo nunca.

E penso que ese é un claro exemplo do que ocorre hoxe en día. Defíneo moi ben David de Ugarte na entrada ciborg da súa Contextopedia:

Si como humanos somos nuestro cuerpo porque a través de él sentimos y procesamos (pensamos), como ciborgs somos, además, nuestro cuerpo electrónico: las máquinas que utilizamos para modificar nuestra percepción (ordenador, consola, gafas o visores) y los avatares que proyectamos de nosotros mismos. Se puede decir que la realidad virtual es una realidad ampliada a la que accedemos gracias a extensiones electrónicas de nuestro cuerpo.

Non existe diferencia real entre os dous mundos. Simplemente se amplían as nosas posibilidades de socialización e actuación. A realidade virtual (a realidade non mediada polo nosos sensores naturais) é unha ampliación do que somos, non unha escapatoria.

Agora, entenderase por qué defendo que o ciberpunk é a literatura do século XXI. Porque responde ós retos ós que nos enfrontamos e caracterízanos como ningunha outra literatura.

1 thought on “Existe o virtual? e o real?”

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *