in All, ESF Galicia

Galeano firma o Estarivel

Actualización 06Oct: a portada do Estarivel asinada por Galeano.

Hai unha forza máis poderosa que o vapor, a electricidade e a enerxía atómica: a vontade.
Albert Einstein

A verdade é que tivemos sorte. A presenza de Eduardo Galeano estes días en Compostela veunos de perlas. Unha vez o supemos tivémolo claro: había que intentar conseguir que nos firmase o #12 do Estarivel. O #1 da retomada época. E alá fomos.

Compostela vestiuse de gala para recibir a Galeano. A sala de Caixa Galicia abarrotada. O autor recitando algúns relatos moi coñecidos.

E gracias á nosa reporteira máis dicharacheira (Lady Ná) e ó noso fotógrafo máis comprometido (Berto glorietas) conseguímo-lo obxectivo: o Estarivel firmado por Eduardo Galeano (portada coa sinatura [PDF 471Kb]). Non tiñamos gafas que regalarlle ó estilo CQC, pero regalámoslle -a modo de modesta devolución- a definición física de solidariedade (coa que Natalia sempre nos ilumina) xunto cun exemplar da revista. Apenas quedan unhas palabras. Pero tamén de palabras vive o home.

Unha vez rematado o traballo duro, só queda disfrutar e celebralo. Coa esperanza de que lle botedes un vistazo, aquí tedes o Estarivel [PDF 533Kb].

Poderedes atopar, entre outras cousas:

  • OPINIÓN… de Eva Docampo e Jorge Molinero sobre a situación do pobo Saharaui.
  • ENTREVISTA A… ex-representante de España na FAO e no PMA: Ignacio Trueba.
  • Ó MELLOR NON SABÍAS… as cifras da inmigración.
  • REPORTAXE… A “crise da auga” como un problema de xestión.

Leave a Reply