Globalización, localización e novos medios

abraço grátisEste ano cúmplense 5 dende que a revista tecnolóxica Código Cero comezara a súa andadura. Para celebrar esta ocasión, na revista impresa número 52 [PDF] invitaron a algúns internautas galegos a que contaran as súas sensacións/experiencias logo destes 5 anos … ou que fixesen un exercicio de prospectiva para os 5 seguintes.

Manuel Gago enumera os 10 sitios webs que cambiaron a súa vida, Eva escribe un artigo sobre internet e o xénero e David Lombardía describe as 5 killer aplications 2002-2007.

Eu -sen ánimo de xogar a futurólogo, exercicio que require persoas renacentistas- escribín un artigo bastante conservador, nada novo pero que convén deixar claro: limítome a describi-los dous eixos que potencian a emerxencia dos novos medios: o global e o local.

Así, a tese principal é que de forma simultánea a emerxencia dos novos medios potencia o eixo global e o local, ampliando os espazos (xeográficos e non xeográficos) de cooperación e competencia. Nada máis, pero tampouco nada menos.

Por suposto, esto ten consecuencias que é necesario explorar, mais non é a miña intención enumeralas de momento, senón deixar clara a idea.

Post relacionados neste blog:

Un pensamiento en “Globalización, localización e novos medios

  1. Pingback: Redución de escala e poder « No sólo software

Deja un comentario

Tu dirección de correo electrónico no será publicada. Los campos necesarios están marcados *

Puedes usar las siguientes etiquetas y atributos HTML: <a href="" title=""> <abbr title=""> <acronym title=""> <b> <blockquote cite=""> <cite> <code> <del datetime=""> <em> <i> <q cite=""> <strike> <strong>