Jazz e lei seca: adaptación e cambio

Nos anos da prohibición, da lei seca, nos EUA non estaba permitido consumir nin, por suposto, vender alcohol. Os  negocios negros e os night-club clandestinos floreceron por doquier: non tanto polo instinto da xente de ir contra as normas (idea común), senón porque eran os únicos lugares onde se podía beber: as licorerías estaban cerradas.

Unha vez F. Delano Rooselvelt levantou a prohibición (por imposible de cumplir, pola mafia xeralizada que acentuaba, etc) os night-club e bares onde beber legalizaronse e empezáronse a abrir de novo as licorerías. A partir deste momento é posible consumir e comprar alcohol, e a oferta de lugares onde obtelo é maior que a demanda do mesmo.

Pódese agora comprar alcohol nas tendas de xeito máis barato, e non tódolos night-club conseguen sobrevivir coa simple presencia. É necesario adaptarse ós novos tempos e redefini-lo negocio. Innovar. Xa non basta con existir, senón que se precisa ofrecer un servicio, un incentivo para que a xente acuda ó night-club.

Así ocorre que, en breve e gracias ó levantamento da prohibición, as orquestas, a música en directo, o teatro e as variedades estiveron máis demandadas ca nunca polos empresarios dos night-club. E o jazz comeza unha expansión imparable por toda Norteamérica.

O caso exposto é puro darwinismo empresarial. Deberiamos aprender algo desta lección da Historia.

2 thoughts on “Jazz e lei seca: adaptación e cambio”

  1. O conto é ben bonito,como tamén o é o seu blog.Pero as conclusións sonche ben complicadas.Hai moitos modelos regulatorios.A Espana dos anos 60(liberdade alcohólica),a Espana do 2006,Finlandia,Inglaterra.Hai sempre unha realidade moi complexa.E o darwinismo empresarial o que normalmente fai é garantir a vida do empresario máis aproveitado,non do que xera unha maior riqueza social,no caso polo menos de Europa do sur.

  2. Co caso exposto só quería amosar un exemplo de cómo a sociedade está en constante cambio. Que nesta situación de cambio continuo temos que estar preparados para o mesmo: innovar non é outra cousa que iso, prepararse ou re-adaptarse. Estar en movemento para que o cambio nos colla correndo.

    O tema do darwinismo… eu creo que está mal entendido. Fíxate: o que defende Darwin é que os máis adaptados ó medio sobrevivirán, e para poder sobrevivir o que debe primar é a diversidade (para ter moitas opcións) e o mestizaxe, a promiscuidade. Darwin fai apoloxía dos mutantes! Os x-men están máis preparados para sobrevivir que o discurso da pureza da raza e toda esa merda que algúns viron en Darwin en Nietzsche. Darwin está malentendido.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *