Marx, o informacionalismo e a devolución

Dicía Marx (vía David)…

Al llegar a una determinada fase de desarrollo, las fuerzas productivas materiales de la sociedad chocan con las relaciones de producción existentes, o, lo que no es más que la expresión jurídica de esto, con las relaciones de propiedad dentro de las cuales se han desenvuelto hasta allí.

De formas de desarrollo de las fuerzas productivas, estas relaciones se convierten en trabas suyas. Se abre así una época de revolución social. Al cambiar la base económica se revoluciona, más o menos rápidamente, todo el inmenso edificio erigido sobre ella.

Exactamente isto é o que ocorre nestes días. As condicións materiais (o informacionalismo) configuran un novo mundo de relacións económicas de produción (onde non é precisa a “propiedade intelectual“)… provocando o conflito entre as forzas produtivas (programadores, escritores, etc) e as relacións de produción existentes (patentes, copyrights, etc). E estalla a revolución social. Esta vez, pola abolición da “propiedade intelectual“.

Dicía tamén Castells (xa citado nun post anterior)…

El proceso de transición histórica avanza con la absorción de las formas sociales precedentes por las nuevas y emergentes, de modo que las sociedades son considerablemente más confusas que los modelos que creamos con fines heurísticos. ¿Cómo sabemos que un paradigma dado (por ejemplo, el informacionalismo) es dominante respecto a los otros (por ejemplo, el industrialismo)? La respuesta es sencilla: por su rendimiento superior en cuanto a acumulación de riqueza y poder.

Las transiciones históricas son moldeadas por el mundo de los que ganan. Este hecho no implica ningún juicio de valor. En realidad, no sabemos si el hecho de producir más y más entraña valor superior alguno en términos de humanidad. La idea de progreso es una ideología. Lo bueno, lo malo o lo indiferente que sea un nuevo paradigma depende de la perspectica, de los valores o de los criterios de calidad. Sabemos que es dominante porque, al imponerse borra la competición por medio de la eliminación.

En este sentido el informacionismo es el paradigma dominante de nuestras sociedades, que sustituye y subsume al industrialismo.

O informacionalismo logra incrementa-la produtividade que deriva nun aumento do noso benestar. Este proceso conleva rexeita-las ataduras pasadas (a “propiedade intelectual“) que determinaron a anterior fase de desenvolvemento, e que agora impiden eleva-lo noso nivel de vida. De feito, esta nova situación é unha volta á artesanía (dixital), liberándonos das relacións sociais impostas polo industrialismo.

Mais nesta volta ás orixes, a abolición da “propiedade intelectual” non pode realizarse de golpe. Non é posible acabar dunha tacada cun sistema que sostén modelos de negocio monopolísticos basados na restricción de acceso ó coñecemento. Así…

Creemos que la forma más sensata de conseguir llegar a él es la paulatina reducción del tiempo de los derechos de exclusividad sobre patentes, copyrights y derechos de autor, es decir la paulatina devolución a la sociedad de las rentas monopolistas generadas por el tratamiento legal de la creación intelectual como si fuera una forma de propiedad.

O camiño para aboli-la propiedade intelectual é a devolución.

5 thoughts on “Marx, o informacionalismo e a devolución”

  1. JEJEJE… Un filósofo da ciencia moi curioso (Kuhn) ao que Castells cita cando fala dos paradigmas, falou da estructura das revolucións científicas e dos saltos cualitativos que se producen no coñecemento (na “ciencia” no seu sentido máis amplo) e analiza como existen períodos nos que non todo vai a un tempo, nos que determinados elementos sirven de detonantes para quebrar unha etapa de ciencia “normal” e provocar unha revolución de coñecemento.

    Digo isto porque ao baixar do nível conceptual á realidade atopo algunhas inquedanzas. Eu non estou de todo seguro de que o Informacionalismo incremente o benestar, acepto que incremente a productividade, pero precisamente ao sermos incapaces de escapar das relacións sociais industriais (seguemos a ter propietarios dos medios de producción, seguemos a ter relacións de poder desiguais, e, sobre todo, seguemos a lidiar co fetichismo da mercadoría) temos un grave lastre. Coido que o paradigma informacional trae a potencia para mudar estas relacións sociais, sobre todo porque a materia prima de este paradigma (coñecemento e información) escapa á materialidade. Mais aínda non somos quén de conseguir superar os esquemas industriais… e, peor aínda, cada vez máis fáltannos actores para mediar… máis individualismo que, lamentabelmente, quebra a posibilidade de acción, de cambio….

    Vou por un café! Meu deus!!

  2. Menudo xeito de homenaxeas as Letras Galegas e ao Día de Internet… Eu estou de acordo con “Eu”, é verdade que esta nova forma de producción é contraria o industrialismo pero tamén é verdade que despois desa primera revolución industrias se sucederon dúas máis, a última (na que estamos) é a revolución tecnolóxica ou da intelixencia, é consisten precisamente en iso: trallabores (¿artesans?) altamente cualificados onde a creatividade é unha plusvalía, aillados dos entornos de traballo (mostra de cómo están os movimentos sindicais) … Daría para todo un tratado. Sígue animándote que os demáis ímos seguindote..
    E eu tamén vou a por un café 🙂

  3. Ola rapaces!

    É curioso cómo o que di Khun se parece moito ó discurso de Marx, verdade “eu”? Kuhn explica que a ciencia “normal” é capaz de integrar no seu interior pequenas “anomalías”… ata que son tales as contradiccións que se da un salto cualitativo e emerxe un novo paradigma. Asimilándoo ó discurso marxista: conflito entre as forzas de produción (os científicos) VS as relacións de produción existentes (as teorías científicas válidas nun momento dado).

    En canto ó que decides do benestar… sí existen cuotas maiores de benestar… mais aínda non se extenderon a todos. Éste é o problema. E seguimos atados a unha sociedade mooi industrial, claro.

    Polo de agora teño 2 camiños a investigar. Dous camiños que poden resultar decisivos para liberarnos das relacións industriais e hiper-consumistas:

    enerxía 2.0, ou cómo podería ser un mundo coa xeración, distribución e consumo de enerxía individualizado. Técnicamente viable? Sí. Económicamente viable? Sí. Socialmente viable? Sí! Pero… ocorrerá?

    Medios de produción “de cousas” individualizados, ou cómo pode ser un mundo onde a produción tamén sexa individualizada (non vos perdades esta presentación… maravillosa… en canto esté o video subido postéoo). Da para pensar bastante … x ex, a min logo de vela, paréceme curioso cómo os plásticos e materiais sintéticos, uns clásicos da sociedade de consumo, poden asimesmo acabar con ela: cómo poden impulsar a volta a unha sociedade da reciclaxe.

    Para min, ése é o horizonte: dotar de liberdade a cada individuo, empoderar que diría a xente do mundo da cooperación, construir redes distribuidas en tódolos ámbitos.

    E mentres discutimos esto e o impulsamos… compartamos un café, claro! 😀

Leave a Reply