Modos de produción VS Modos de desenvolvemento

Un axitado vermouth faime recordar esta sutil pero imprescindible diferencia e escribir sobre ela. Porque ás veces é preciso pararse para aclarar concetos, e logo seguir avanzando con máis forza se cabe. Aquí vai un post de clarificación de concetos:

  • Modo de produción: conxunto de reglas que determinan a apropiación, distribución e usos do excedente.

Según Castells (prólogo de La Sociedad Red, Vol I), os modos de produción son:

la acción de la humanidad sobre la materia (naturaleza) para apropiársela y transformarla en su beneficio mediante la obtención de un producto, el consumo (desigual) de parte de él y la acumulación del excedente para la inversión, según una variedad de metas determinadas por la sociedad.
(…)
La producción se organiza en relaciones de clase que definen el proceso mediante el cual algunos sujetos humanos, de acuerdo con su posición en el proceso de producción, deciden el reparto y el uso del producto en lo referente al consumo y la inversión.

Seguindo en palabras de Castells, no século XX existiron 2 modos de produción dominantes:

  • Capitalismo: o excedente é controlado polos capitalistas (propietarios dos medios de produción) que orientan a produción hacia a maximización do beneficio, é dicir, á apropiación do excedente polos capitalistas.
  • Estatismo: o excedente é controlado polo aparato do estado (burócratas, apparatchiki, …) que orienta a produción á maximización do poder estatal, física (capacidade militar) ou ideolóxicamente (capacidade simbólica), co obxectivo de impor as súas metas a un maior número de suxetos.

Por outra banda, os modos de desenvolvemento son …

los dispositivos tecnológicos mediante los cuales el trabajo actúa sobre la materia para generar el producto, determinando la cuantía y calidad del excedente. Cada modo de desarrollo se define por el elemento que es fundamental para fomentar la productividad en el proceso de producción.

Sendo así, temos que no …

  • Modelo agrario: o aumento de produtividade reside no incremento cuantitativo da man de obra e recursos naturais (terra sobre todo) no proceso de produción.
  • Modelo industrial: a principal fonte de produtividade reside na introdución de novas formas de enerxía e a capacidade de descentralizar o seu uso durante os procesos produtivos.

Así, cando falamos de xeración de maior benestar debido ó modelo informacional, estamos a falar da relación entre a tecnoloxía e a sociedade, do modo de desenvolvemento. Éste, por suposto, pode configurar distintos mundos e sociedades posibles.

6 thoughts on “Modos de produción VS Modos de desenvolvemento”

  1. Alégrome de que volvas a escribir, levas dos post seguidos moi bos inda que este me costou seguilo.

    Estas invitado a unha cervexa se mo explicas en persona.

  2. Concordo en que hay unha mudanza de modelo, tanto no social como na maneira de traballar, que se pode ve a cotío pero coido que aínda é necesario que madure o modelo de Sociedade do Coñecemento (penso que “coñecmento” implica algo máis do que “información”): o e-learning, o traballo desde casa e o e-business non son moi frecuentes por estas terras ou continúan a considerarse de segunda clase, mesmo as e-relacións persoais teñen esa categoría de segunda fila (pe.x. moitos non dirían abertamente que coñeceron a súa parella na rede).

  3. Fran, a cuestión segue a se-la mesma: o aumento de produtividade que redunda nun maior benestar, ésa é a vantaxe do informacionalismo e por iso as súas formas e métodos se acabarán impoñendo ós anteriores modelos.

    Pénsao nun modelo de capas: o informacionalismo é a capa inferior, é o sustento sobre a cal se erixen diferentes tipoloxías de sociedades (ou diferentes formas de organización e repartición do excedente: cartos, materia prima, accións, …).

    De todas formas queda apuntada a cervexa! 😀

  4. Mendinho, o proceso é lento. Adíase, pero acabarase impoñendo. Nun 1o momento permea nas capas que traballan directamente con información: programadores, periodistas, músicos, … extendéndose como nun modelo de círculos concéntricos, como cando tiras unha pedra ó mar.

    “Toda crisis necesita un periodo de preparación y todo auténtico
    acontecimiento, un desarrollo”.
    Stefan Zweig; Momentos estelares de la humanidad: 14 miniaturas históricas.

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *