O Estarivel xa está no forno

Co mes setembro, volven tódalas outras actividades que teñas, si é que algunha vez puideches descansar delas. Traballo, estudios ou calquera outra cousa que fagas. O mesmo ocorre con ESF, e non creades que en menor medida…

Este ano retomamos o Estarivel como publicación universitaria. É unha magoa que só apareza nos campus de Lugo e Compostela, pero non da máis de sí polo dagora. Para o primeiro número, fíxenme cargo dunha sección: O rincón do Sabillón.

A cousa vai así: a partir de historias que lemos e oimos, de ideas vagas, tratamos de darlle forma a algo que teña referencia cos temas que se tratan no resto da revista. O proceso é lento, e moitas ideas non valen para nada. Logo comentámolas, falamos e decidimos cal é a idea que vale. E agora, de todo ese proceso queda todo o texto que sigue:

Son cousas pequenas. Non acaban coa pobreza, non nos sacan do subdesenvolvemento, non socializan os medios de produción e de troco, non expropian as covas de Alí Babá.

Pero quizáis desencadeen a alegría de facer, e a traduzan en actos.

Ó fin e ó cabo, actuar sobre a realidade e cambiala, aínda que sexa un pouquiño, é a única maneira de probar que a realidade é transformable.

Eduardo Galeano

O texto é unha mostra de identidade, un posicionamento, por isto é adecuado para o primeiro número. Porque amosa unha declaración de intencións: somos conscientes das limitacións. Mais este feito non debe levarnos á inacción, porque como di Brecht en Loa de la duda: ¿De qué lle serve poder dudar a quen non pode decidirse?.

Logo, o texto avanza, e tamén pode ser lido como guía para a acción: construir e tecer rede debe se-la nosa estratexia. Porque é a única viable. Dende logo, son necesarios momentos de deconstrución do existente, pero para chegar a un punto a partir do cal crear. Este é o obxectivo. Crear un mundo novo a partir do actual mundo. Non a partir das ruinas dos discursos apocalípticos, senón a partir dos cimentos das múltiples realidades cos seus múltiples albañiles. Todos eles persoas.

O rincón do Sabillón

2 thoughts on “O Estarivel xa está no forno”

Leave a Reply