O libro de papel ante a dixitalización

A columna de Pisani no CiberPaís de hoxe dedícalla ó futuro do libro na era dixital. Fala dos seguintes 3 eixos: dixitalización dos libros, os libros como conversa e da creación transparente ou “colaborativa”.

Pregúntase Pisani -sen dar resposta algunha- pola dixitalización dos libros: case toda a música xa foi dixitalizada, mais “apenas uno de cada 20 libros ha pasado de análogo a digital”, kevin kelly dixit. ¿A qué se debe esta situación? ¿Gústanos máis oír música que ler? ¿A xente que máis comparte as súas obras oe música pero non le? Creo que os tiros van por outros lares: simplemente ocorre que “la experiencia de usuario del libro en papel es claramente superior a la del libro electrónico, Ugarte dixit. ¿Probáchedes a ler un libro no ordenador ou no móvil? Entón comprenderedes. As dores de cabeza son o obstáculo máis perigoso dos libros-e.

No artigo reseñado de Ugarte, desgránase cómo evolucionará a industria do libro. Polo momento, os libros en papel seguirán existindo, é máis, a dixitalización da creación e a libre distribución dos contidos non restrinxe as copias de libros en papel, senón que aumenta as súas tiradas. Pero xa estamos vendo algúns pasos que provocarán o avance dos libros electrónicos: as pantallas de tinta electrónica (infografía en Consumer.es).

Este tipo de pantallas é menos agresiva para os ollos, polo que a experiencia dun usuario na lectura dun libro electrónico pode que chegue a igualar á do libro en papel. Entón, estaremos falando do colapso da industria do libro de papel. Polo momento, todo o contrario. Aínda que xa se están a dar os primeiros pasos.

3 thoughts on “O libro de papel ante a dixitalización”

  1. Creo que a principal diferenza é o tempo que require a lectura con total dedicación. Supoño que ese é o factor que máis xoga na súa contra.
    Pareceume moi interesante o texto.

  2. ningún inconveniente x, agora doume conta que non teño posto por ningún lado o de que “estes contidos pertencen ó dominio público -se non se di o contrario- e podes facer con eles o que queiras”… co redeseño do blog xa o incluirei, gracias

Leave a Reply