in All, ESF Galicia, Events, Galego

O poder das redes na “cósmica”

En Enxeñería Sen Fronteiras Galicia, hai algo máis de ano e medio que se iniciou o uso dos blogs como ferramenta de comunicación, porque se confiaba neles. ESF é a primeira ONG galega que o fixo e unhas das primeiras de España.

Ós poucos, a dirección xeral de cooperación da Xunta iniciou un proceso similar para os seus bolseiros no Sur (aínda que agora recuaron e xa non están dispoñibles os blogs dos novos bolseiros).

Esta foi unha forte aposta que foi crecendo ó longo do tempo: salvador, nicaragua, sahara, honduras, campaña de auga, … de todos eles eu téñolle un especial cariño ó de nica, pois Sergio conseguiu entende-la filosofía e a potencia dos blogs… e realizou á perfección (e aínda realiza) a transferencia de coñecementos ós posteriories PCR.

Así, logo dun tempo probando e probando… e sobre todo lendo moito dos que máis saben.. Fran e máis eu decidimos que tocaba formalizar este coñecemento residual que imos tendo. E así nos chegou a oportunidade.

Na próxima asamblea federal da Federación de Ingeniería Sin Fronteras española daremos unha ponencia sobre o poder das redes aplicado ás ongd. Mais iso non é suificiente… e pronto teredes máis sorpresas 😀

Leave a Reply

Webmentions

  • O bazar de nes » Hacia a Cósmica: comunicaciong e LIS

    […] Dentro de apenas 12 horas saímos para a cósmica. Tratarei de axenciarme no bus un portátil para ir rematando os últimos retoques estéticos da presentación… pero mentres estou en Coruña dando os últimos retoques (e a piques de asistir á charla de Molinero sobre a “crise” hídrica). Simultáneamente, Fran dende Vigo descargando videos de YouTube e GVideo por si non tivésemos acceso a internet no albergue. Un plan B. […]

  • O bazar de nes » Do proxecto comunicaciong

    […] Como anunciamos algúns días atrás, Fran e máis eu daremos unha ponencia sobre comunicación na era dixital durante a asamblea anual da Federación española de ISF. A asamblea, ademáis de ser un dos puntos de encontro de todas as ISF integradas na federación, crea tamén espacios para a reflexión e posta en común. Trátase de crear un lugar onde compartir experiencias en torno a uns eixos temáticos. Este ano serán a comunicación e a enerxía. […]