OTPOR! e HqB!: o ámbito narrativo

Nas redes 5 son os ámbitos de análise: organizativo, tecnolóxico, doctrinal, social e narrativo. E a pesar do que poida parecer, os 2 últimos teñen moita importancia pois crean a estrutura sobre os que descansa a rede mesma: a identidade.

A narración consiste na historia compartida polos nodos da rede, polas persoas que a conforman: é a historia común coa que se lexitiman as accións.

Unha vez dito esto podemos botar unha ollada atrás e observa-las similitudes entre os movementos cidadás Hai que Botalos! e Otpor! no ámbito narrativo, un dos aspectos nos que máis destacan.

Ambos movementos aspiraban ó derrocamento pacífico do máximo mandatario (Fraga e Milosevic). Ambos tamén, descansaron a súa forza na potencia narrativa, en cómo conseguiron cohesionar a diversos axente nun obxectivo común.

Hai que botalos! realiza unha serie de cortometraxes (proxectadas por todaGalicia) co obxectivo de mina-lo consenso xerado na era Fraga: que estabamos na mellor situación posible. E reforza a confianza de que o tempo é chegado facendo partícipe da situación a cada nodo da rede, minimizando o poder do mandatario a través de pequenas burlas (un dos sms que circulaba: Por unha xubilación digna. Non á explotación da terceira idade. Xubila a Fraga co teu voto).

OTPOR! ten a mesma estratexia: mina-lo consenso (creado por Milosevic neste caso) e amosa-la realidade do país.

Ó fin, no que se basaron ambas iniciativas foi en construi-la narración necesaria para facer ver o que era evidente. Así de fácil e de complexo. E ambos gañaron porque nesta loita superaron ó seu rival na construción de identidade, e polo tanto, de lexitimidade.

Déixovos agora cun video da historia de OTPOR! (35 minutos)… realmente maravilloso.

2 thoughts on “OTPOR! e HqB!: o ámbito narrativo”

  1. Hola David!

    lo cierto es que ése es el video que quiero incluir en el post… pero parece que estoy haciendo algo mal con el plugin que tenemos en blogaliza. Ahora no puedo resolverlo pues estoy “sin conexión”, el domingo en cueanto vuelva a “la normalidad” lo miro con calma.

    De momento he puesto un enlace desde el propio post al video.

    Gracias de todos modos!

    (parece que los plugin y yo andamos al revés estos días… porque creía tener los comentarios moderados y el tuyo ha salido de forma automática… tengo que revisar a fondo esto)

Leave a Reply