EP3 Radio, “a cultura” e o mundo dixital

Fai unhas semanas a sección EP3 do periódico de tirada nacional El País inaugurou unha radio dixital con só música copyleft.

Non é este un caso novo. Hai xa varios artistas que licencian as súas obras con diversas licencias distintas ó copyright. Así pois, comento a nova polo que ten de gramática cultural.

O anuncio en sí mesmo non é algo innovador. Pero o mero feito de que un periódico como El País -non precisamente coñecido por ser “alternativo” ou “contracultural”- teña este tipo de iniciativas da medida da dimensión -e futuro- do movemento copyleft. ¿Será que xa encontraron o seu modelo de negocio asociado ós produtos libres?

+ info relacionada:

Libertad, diversidade… e impatentabilidade, por David de Ugarte. Serie de artigos para introducirse no novo paradigma: cómo os libros, as películas… vamos, “a cultura” -por decilo con palabras grandilocuentes- non só non morrerá nun mundo sen patentes, senón que revivirá.

Música libre: plan de batalla, por David de Ugarte. “La libre distribución de contenidos no traerá ninguna solución por si misma si no va acompañada del nacimiento de un sector potente y con catálogo de música libre.”

Entrevista iniciática de EP3 radio sobre o copyleft e “a cultura”, con David de Ugarte, Javier de la Cueva e Santiago Ureta. O representante da SGAE non puido acudir por problemas de axenda.

Anécdota sobre a creación da SGAE. Recordo agora o de … a rei morto, rei posto.

Novela negra, guerra fría e comprensión da realidade

 

Os anos comprendidos entre finais dos oitenta e principio dos noventa foron moi convulsos no eido político. A caída do muro de Berlín, os sucesos da plaza de Tian’anmen, a perestroika, … en definitiva, a culminación da guerra fría. Neses anos -e debido á caída da URSS- moitos países se enfrontaron ó proceso de transición dun sistema de base comunista a outro de fundamentos capitalistas.

Nesa dura transición están ambientadas estas dúas novelas: Muerte de una heroína roja e Trilogía de Argel, da editorial Almuzara. Parte de guerra que alumea un rincón oscuro da historia. Que nos fai comprender un pouco mellor a realidade actual.

En Muerte de una heroína roja, o fío condutor é a investigación da morte de Guan «Hong Ying», unha traballadora modelo de rango nacional. De xeito transversal móstrase as reformas que desexa introducir Deng Xiaoping na China dos 90 e cómo iso afecta á sociedade. As reformas do xigante tranquilo. Os pequenos pasos que noquean a 1.300 millóns de habitantes.

Así mesmo, en Trilogía de Argel, podemos introducirnos na convulsa Arxelia de principios dos noventa. É máis dura esta novela que a anterior. Máis violencia física. Mais será cousa dos lugares, da xeografía. Da resolución dos conflitos. Nesta, ademáis -ou por conseguinte- podemos tamén coñecer de primeira man a creación das guerrillas integristas: os seus eixos internos e condicións de supervivencia.

Recordo agora unha frase da curtametraxe matadero:

Non move a fé as montañas que levanta a fame

Ultrastar: o futuro é agora

No momento en que todos estamos aínda esperando pola saída do Singstar Gallaecia atópome -sen pretendelo- co que algúns levamos un tempo buscando: o singstar libre.

Cando A bola extra publica esta entrada nós xa o temos claro: o futuro do singstar pasa pola autoedición de cancións para incluir as nosas preferidas. E non pasou moito tempo ata que atopamos o… ultrastar.

A diferencia do Singstar, o Ultrastar é un xogo para PC. Imita a interfaz do singstar (aínda que se pode cambiar) mais cunha gran vantaxe: a edición de cancións, tanto dende o editor integrado, como dende arquivos txt. Existen xa algunhas ferramentas que convirten os arquivos midi en formato para o xogo. Tamén posibilita a visualización da letra, video e música simultáneamente como o Singstar. Simplemente hai que crealo… ou usar os packs xa existentes para a comunidade de usuarios en español.

Xa chegou a hora. Nós pensabamos que aínda faltaba un tempo para que saísen clons e programas para compartir cancións libremente. Mais o futuro é agora. Só nos resta construir as cancións en galego! A convertir as nosas cancións populares! A cantar!
Qué emoción… cada día está máis cerca o Singstar Gallaecia. 😉

CSS e ciruxía dixital

A potencia do CSS é limitada. Mais canto custa chegar ós límites!

Logo dunha tarde de traballo, queda renovada a cara deste bazar. Apenas uns retoques no arquivo de estilos e algunha outra puntualización. Se aínda non ves a nova cara só tes que pulsar a combinación CTRL+R (comando que limpará a caché do teu navegador e recargará a páxina). Ben. Agora xa deberías vela.
Os cambios, a pesar de mínimos, producen un efecto máis acolledor. Amén da combinación de cores máis agradable, o tipo de letra e os espaciados axudan a facer deste bazar un lugar onde quedarse un chisco a falar.

Logo, para expandi-la conversa, ademáis dos mecanismos habituais (a saber: trackback e comentarios), engadín a cada entrada a posibilidade de chuzala! ou engadila ó teu del.icio.us.
Agora só queda seguir coa conversa polos cibermundo e mundo real. Conseguir permear o dixital e o analóxico. A iso estamos.

Home sen nome

Onte acabei de ler o libro Home sen nome, de Suso de Toro. Coñecendo o “resume executivo” do libro vin que podería interesarme:

O relato dun vello, un home sen nome, que enuncia o monólogo da súa arrepiante biografía centenaria. Unha vida desacougante, condicionada pola perda prematura da nai, a presenza da sombra do seu irmán xemelgo, o seu paso polo Berlín onde emerxía o nazismo co que axiña simpatizou, o seu protagonismo nas sacas da feroz represión do 36 en Compostela ou a súa participación como voluntario na División Azul. A visita de Celia, unha xove guionista, obrigará ao vello sen nome a confesar lucidamente, sen rastro de arrepentimento nin remorso, a súa participación en múltiples fusilamentos, torturas e violacións e as súas razóns para facelos.

E gustoume, ben é certo. Mais non foi algo convencional. A medida que o lía algo se desgarraba en min. O coñecemento doe. Hai tempo alguén me dixo que as películas de Lars Von Trier desgarran por dentro. Este libro -como Dogville– desgarra. Porse na pel do asasino, que coñece, que sabe.

Ademáis sempre gusto de aprender un chisco máis sobre a Galiza dos anos convulsos.

Na presentación -xa hai un mes- tamén se fixo eco a blogsfera. Unha breve reseña:

Política, axenda pública e ciberpoderes

Hoy por hoy existen dos superpotencias en el mundo: una es Estados Unidos, la otra eres tú.
Saramago dixit (manifestacións contra a guerra de Irak, Madrid)

Con este convencemento e algunha inquietude previa póñome a ler materiais para aclararme qué papel ten -ou que rol pode adoptar- a acción política na sociedade informacional.

E teño sorte. Esta fin de semana celebrouse en Extremadura o e-findex e unha das mesas era blogs e política. Iso bastou para que a rede se movera en torno a este tema. Co gallo deste evento, Juan Freire articula as súas ideas ó respecto. Ademáis, retomo a lectura de El poder de las redes: manual ilustrado para personas, colectivos y empresas abocados al ciberactivismo (de David de Ugarte).

Como repouso de toda esa lectura sobrevén o convencemento de que hai espazo para o activismo, para que as redes de cidadás poidan configura-la axenda pública e non só sexamos un voto a conquistar cada 4 anos.

A configuración do mundo

As estratexias para artella-lo poder cidadá dependen do entorno que nos rodea. Non é o mesmo estar na década dos 50 en Yugoslavia en plena guerra fría, que residir en Galicia no século XXI en plena era da información. As configuracións de poder son distintas e as ferramentas para evitalo e debilitalo tamén. Explica esta situación moi ben Juan Freire:

En nuestra historia contemporánea hemos pasado de un mundo bipolar (en la Guerra Fría), a una apariencia de unipolaridad (trás la caída del muro de Berlín) que ha desembocado en un mundo multipolar donde juegan numerosas potencias de gran tamaño (como EEUU, la Unión Europea o los BRICs -NOTA:refírese a Brasil, Rusia, India e China-).

Pero, la realidad es más compleja y se acomoda mejor a un modelo de mundo hiperpolar donde además de las grandes potencias actúan miles de poderes menores (estados pero también empresas, ONGs, grupos terroristas, … y, posiblemente, ciudadanos individuales o pequeños grupos organizados en red).

Na actualidade, o poder non se agocha tras dúas superpontencias, nin tampouco se reparte -soamente- entre as diferentes Institucións Financieiras Internacionais ou estados maiores. Senón que hai múltiples polos de poder (alomenos en potencia). Esta situación só se entende coa revolución das comunicacións dos últimos 30 anos. Internet, aínda que tamén os teléfonos móviles. A blogoesfera, os correo-electrónicos, os SMS “pásalo”. Exemplos hai dabondo: dende o 11M ata as sentadas por unha vivenda digna (por citar dous casos españois).

Nesta configuración do mundo, as estratexias de activismo pasan por outras vías distintas ás exploradas anteriomente.

Tendo todo isto en conta, podemos dicir que os retos políticos da nova era residen no uso das novas ferramentas para solucionar os vellos conflitos: o eterno retorno da demencia dos gobernantes e a desidia dos gobernados.

Os políticos non poden usar as novas ferramentas cos vellos esquemas de pensamento. E os cidadáns debemos aprender a exerce-lo noso poder potencial. Aprender a desenvolver os nosos ciberpoderes.

O libro de papel ante a dixitalización

A columna de Pisani no CiberPaís de hoxe dedícalla ó futuro do libro na era dixital. Fala dos seguintes 3 eixos: dixitalización dos libros, os libros como conversa e da creación transparente ou “colaborativa”.

Pregúntase Pisani -sen dar resposta algunha- pola dixitalización dos libros: case toda a música xa foi dixitalizada, mais “apenas uno de cada 20 libros ha pasado de análogo a digital”, kevin kelly dixit. ¿A qué se debe esta situación? ¿Gústanos máis oír música que ler? ¿A xente que máis comparte as súas obras oe música pero non le? Creo que os tiros van por outros lares: simplemente ocorre que “la experiencia de usuario del libro en papel es claramente superior a la del libro electrónico, Ugarte dixit. ¿Probáchedes a ler un libro no ordenador ou no móvil? Entón comprenderedes. As dores de cabeza son o obstáculo máis perigoso dos libros-e.

No artigo reseñado de Ugarte, desgránase cómo evolucionará a industria do libro. Polo momento, os libros en papel seguirán existindo, é máis, a dixitalización da creación e a libre distribución dos contidos non restrinxe as copias de libros en papel, senón que aumenta as súas tiradas. Pero xa estamos vendo algúns pasos que provocarán o avance dos libros electrónicos: as pantallas de tinta electrónica (infografía en Consumer.es).

Este tipo de pantallas é menos agresiva para os ollos, polo que a experiencia dun usuario na lectura dun libro electrónico pode que chegue a igualar á do libro en papel. Entón, estaremos falando do colapso da industria do libro de papel. Polo momento, todo o contrario. Aínda que xa se están a dar os primeiros pasos.

Un verán en (X)HTML e CSS

Agora que xa rematei o (in)tenso semestre da nova etapa universitaria, empezo a organizar os meses vindeiros. Descansar uns días e retoma-la actividade.

  • Destaca en primeiro lugar o redeseño da páxina de ESF. As guías de acción a ter en conta: mante-la accesibilidade da páxina pero facela máis usable. Logo de que identificásemos as necesidades e deixásemos madurar algunhas ideas chega a posta a punto. A aprendizaxe e actualización tamén formará parte deste proceso.
  • Seguindo con ESF, xa toca entrar na etapa de avaliación e mellora dos blogs actuais. Os realizados dende Nicaragua e o Salvador. Queda moito que pensar e facer.
  • De xeito paralelo a isto, continuarei coa integración de diversas ferramentas no meu blog: algo xa iniciado coas fotos, pero que non remata ahí, senón que pasa por profundizar no proceso. Enlaces favoritos, a integración dos meus blogs de referencia neste blog e outras ideas que me rondan. Cada vez máis constitúese o blog como o elemento integrador da miña identidade na rede.
  • Por suposto, seguir lendo e escribindo sobre blogs e políticos, blogs e política, activismo dixital e relacionados -ó fío da celebración do e-findex así como polo proceso propio de emerxencia de certas ideas– será outro dos principais eixos desta época.

Con estes propósitos comeza o meu verán. Un verán no que moito me temo que haberá menos tempo para o tute que o habitual.