in All, Galego

Participación cidadá: ameaza ou oportunidade?

Últimamente, Eva está lúcida, mostrándonos a complexidade do cambio en apenas 3 post do último mes de marzo.

O último, especialmente interesante: Qué tipo de representación política buscamos? A raíz del xurden os eixos do que -ó meu entender- debe ser a política no século S-XXI: listas abertas e discusións abertas.

O primeiro punto aumenta a nosa representatividade (existe maior correlación entre o diputado e os “seus votantes”: polo tanto maior responsabilidade co cidadá e menos cos partidos) o segundo non a limita (xa que si a discusión se artella en torno a blogs, listas de correo, … pódese participar a pesar de ter o voto delegado).

Sobre ambos temas tedes no post de Eva máis e mellor información. Mais do que quero falar aquí e da participación cidadá.

A participación cidadá como ameaza

Coa emerxencia dos novos medios, apresurámonos a mostra-la nosa voz na rede, porque ata ben pouco non a tiñamos. Éramos os sen voz. Tal actitude é reactiva, pois é a nosa reacción ante unha situación de conflito de representatividade. Por isto, nun momento inicial as iniciativas xurden para dar voz ós sen voz. Son unha ameaza ó sistema de partidos da época industrial.

A participación cidadá como oportunidade

Pero vaiamos máis alá. Exploremos. Pode ser a participación cidadá unha oportunidade?

Onte escribíalle a Eva que son as iniciativas pequenas as que me importan agora, o hiperlocal…

Algo tan sencillo como habilitar un correo-e, listas de correo incluso, o recoger en el blog de algún político local las propuestas/preguntas de los ciudadanos… y que fuesen los políticos en sus mítines los que diesen respuesta a esas inquietudes.

Bueno, hay que decir, que no deberían contentarse con responder: “sí, haremos esa escuela en ese barrio”… pq entonces no habría cambio susancial… sino en tratar de ver tendencias y preocupaciones en los ciudadanos. Dar el contexto. En definitiva les servirían como prospectiva, quizás mejor que las encuestas.

Un poco como ocurre con la transformación de los medios de comunicación (a largo plazo, claro): mientras los usuarios generan su propio contenido, los grandes media deben cogerlo y darle contexto, analizarlo y dotarlo “de inteligencia”. Esa podría ser el objetivo tb para los partidos del S-XXI, no? Facilitar que los usuarios generen sus propios contenidos (e-alfabetizar) y usar esos contenidos para dar el contexto de las acciones: programas y propuestas de cada partido.

Y muchas otras cosas con otras herramientas en el mismo sentido: facilitar la generación de los contenidos ciudadanos … y luego escucharlos, claro!

Así, parece clara a diferencia entre os partidos e os políticos que ven a participación como un problema máis a resolver, como unha ameaza; e os que a ven como unha oportunidade de mellora-la xestión e gobernabilidade.

A diferencia é que os segundos son os únicos que teñen o futuro asegurado. Os primeiros, anquilosados no mundo industrial están condenados a transformarse ou perecer.

Como apunte final, un pouco de mesura tamén é necesaria, pois nin tódolas iniciativas son adecuadas, nin tódolos cidadáns están preparados para o cambio. Comprende-lo proceso é necesario para non caer en vellas fórmulas.

Leave a Reply

  1. “A participación cidadá como ameaza” é unha idea que me evoca a un pai-estado, altamenta paternalista, que decide por un filho/a incapaz de facelo por el mesmo.. Esa idea é defendida por un alto número de persoas que se aferran aos rasquicios da democracia más tradicional para non deixar evolucionar.. Os tempos cambian e como ti dis, a oportunidade está na implicación dos cidadáns, e Onde máis doado? Na democracia local. Concordo contigo!

  2. Eu son consciente das ameazas, pero penso que en todo caso son máis as oportunidades. En todo caso, non creo que a curto prazo os partidos estean ameazados. Eu non estou en contra do sistema de partidos, quizais o que cómpre, a curto e medio prazo é forzar aos partidos a abrirse á sociedade, democratizar os seus procesos de decisión e mellorar os seus sistemas de comunicación (en ambos sentidos) cos cidadáns

  3. Ola,

    Andrés, eu penso que no teu apunte final hai unha resposta. Non é que os cidadáns non estexan preparados praos cambios, se non que non están preparados prá política. Eu son moi autocrítico con esta soiedade, esta é a sociedade do “namentras non me toquen o meu cú..”. De que serve que haxa blogs, emails e demáis? De que serve se a TV é maís cómoda?
    Mirade, o problema non está no sistema político, non está en se as listas son abertas ou pechadas, non está no tamaño da circuscripción electoral(por certo un día falamos do sistema británico, a maior aberración que existe), o problema está en que non nos da a gana de participar. Hai uns cantos centos de partidos políticos en España, que dende logo aportan pluralidade de ideas, pro nós votamos só a dous ou tres deles. Hai un fácil acceso a estes partidos, e así de cabeza, de tódolos españois, non hai nen un millón afiliados a partidos políticos(non estou seguro, pro máis de 2 millóns seguro que non hai).

    Ahí está o problema, o problema está en cada un de nós, deixemonos de debates que van por diante da realidade. Ren máis, bicos.

    Paz, pensamento e liberdade.