in All, Galego

Piso na Coruña… searching

Logo dun día enteiro “de paseo” por Coruña (moi levadeiro gracias ó meu guía … gracias Quique!) non atopamos ningún sitio onde mereza a pena vivir.. se un quere conservar a saúde (física e mental). Teño ata 3 páxinas da moleskine emborronadas con números, cifras, lugares, citas. A maioría xa alquilados, os “prometedores” con esixencias dignas dunha peli dos Marx e persoaxes sacados dunha novela de Kafka.

Lara cóntanos que en Gante non se alquila nada, que lle costou atopar piso. E creo que na Coruña non debería alquilarse.. a metade do que se alquila.

Segue a búsqueda de piso..

Leave a Reply

This site uses Akismet to reduce spam. Learn how your comment data is processed.

  1. Mucho ánimo con la búsqueda! Por aquí parece que la cosa también está mal (menos mal que a nosotros nos alquila un piso la universidad!), pero en NY TODO es alquilable y exageradamente caro!

  2. En Burgos, bueno, se Vigo vos parecía caro, aquí máis. E a miña primeira busca foi desesperante: ningún piso digno para compartir (logo de estudiar 40 posibilidades, case todas xa alquiladas) salvo o piso no que as inquilinas non me quixeron. Pero na segunda busca, asumindo irme só e que o precio sería alto, acabei atopando tres pisos cos que incluso puiden negociar rebaixas. Consellos: non desesperar, coller pensión para 1 semana mentras se busca, comezar as chamadas dicindo “son galego, responsable, limpiño, simpático e enxeñeiro…”, buscar en taboleiros de anuncios de edificios públicos (sempre hai funcionarios buscando piso), e preparar o peto… ¡E sorte cos compañeiros e co caseiro!

Webmentions

  • O bazar de nes » Piso na Coruña… done 11 October, 2007

    […] Logo dunha xornada inicial de búsqueda “analóxica”, de método convencional (recorrer lugares clásicos e tirar de teléfono) paseime ó método “dixital” de investigar ofertas na rede. Recoméndovolo.. é sinxelo e sempre podes investigar máis sobre a vida e obra dos teus futuros co-inquilinos e intercambiar correos sobre intereses mutuos. […]