Política, axenda pública e ciberpoderes

Hoy por hoy existen dos superpotencias en el mundo: una es Estados Unidos, la otra eres tú.
Saramago dixit (manifestacións contra a guerra de Irak, Madrid)

Con este convencemento e algunha inquietude previa póñome a ler materiais para aclararme qué papel ten -ou que rol pode adoptar- a acción política na sociedade informacional.

E teño sorte. Esta fin de semana celebrouse en Extremadura o e-findex e unha das mesas era blogs e política. Iso bastou para que a rede se movera en torno a este tema. Co gallo deste evento, Juan Freire articula as súas ideas ó respecto. Ademáis, retomo a lectura de El poder de las redes: manual ilustrado para personas, colectivos y empresas abocados al ciberactivismo (de David de Ugarte).

Como repouso de toda esa lectura sobrevén o convencemento de que hai espazo para o activismo, para que as redes de cidadás poidan configura-la axenda pública e non só sexamos un voto a conquistar cada 4 anos.

A configuración do mundo

As estratexias para artella-lo poder cidadá dependen do entorno que nos rodea. Non é o mesmo estar na década dos 50 en Yugoslavia en plena guerra fría, que residir en Galicia no século XXI en plena era da información. As configuracións de poder son distintas e as ferramentas para evitalo e debilitalo tamén. Explica esta situación moi ben Juan Freire:

En nuestra historia contemporánea hemos pasado de un mundo bipolar (en la Guerra Fría), a una apariencia de unipolaridad (trás la caída del muro de Berlín) que ha desembocado en un mundo multipolar donde juegan numerosas potencias de gran tamaño (como EEUU, la Unión Europea o los BRICs -NOTA:refírese a Brasil, Rusia, India e China-).

Pero, la realidad es más compleja y se acomoda mejor a un modelo de mundo hiperpolar donde además de las grandes potencias actúan miles de poderes menores (estados pero también empresas, ONGs, grupos terroristas, … y, posiblemente, ciudadanos individuales o pequeños grupos organizados en red).

Na actualidade, o poder non se agocha tras dúas superpontencias, nin tampouco se reparte -soamente- entre as diferentes Institucións Financieiras Internacionais ou estados maiores. Senón que hai múltiples polos de poder (alomenos en potencia). Esta situación só se entende coa revolución das comunicacións dos últimos 30 anos. Internet, aínda que tamén os teléfonos móviles. A blogoesfera, os correo-electrónicos, os SMS “pásalo”. Exemplos hai dabondo: dende o 11M ata as sentadas por unha vivenda digna (por citar dous casos españois).

Nesta configuración do mundo, as estratexias de activismo pasan por outras vías distintas ás exploradas anteriomente.

Tendo todo isto en conta, podemos dicir que os retos políticos da nova era residen no uso das novas ferramentas para solucionar os vellos conflitos: o eterno retorno da demencia dos gobernantes e a desidia dos gobernados.

Os políticos non poden usar as novas ferramentas cos vellos esquemas de pensamento. E os cidadáns debemos aprender a exerce-lo noso poder potencial. Aprender a desenvolver os nosos ciberpoderes.

Leave a Reply