in All, Galego

¿Por qué acabo de doar a PrazaPública e GaliciaCiencia?

Acabo de facer unha doazón de 40€ a GaliciaCiencia e outros 40€ a PrazaPública. A razón é moi sinxela: para cambiar o mundo, uso tamén os meus superpoderes de consumidor.

cabecera_gciencia

GaliciaCiencia acaba de chegar apenas ós 4 meses de vida. Pero en tan pouco tempo están aportando grandes historias: ¿sabíades que hai 2 satélites en órbita realizados en Vigo, e que a universidade e o consorcio da zona franca están buscando financiación para crear un nodo aeronáutico na cidade? ¿Ou que Zeltia, a gran farmacéutica galega, nace das investigacións sobre o caruncho do Instituto Miguel Servet? ¿Ou que a primeira referencia documentada do libro-electrónico é de “Doña Angelita”, profesora ferrolá?

logo-praza-publica

PrazaPública, pola contra, cumpleu xa 2 anos. En todo este tempo, fixo un traballo de tratar temas dende unha perspectiva galega, como se pode ver nas 12 novas máis lidas do periódico ata o momento. Pero tamén de crear un novo modo de seguir as novas en base a temas do teu interese ou crear/manter o pulso de outros temas como casos de corrupción como o Pokémon ou o debate sobre a redución do parlamento galego. E celebra este cumpleanos iniciando a publicación de libros xornalísticos, como o «Angrois. O AVE en pedazos», que  é unha “reportaxe longa” sobre o maior accidente ferroviario dos últimos 50 anos en España. Libro de David Reinero, un dos xornalistas que mellor coñecen a política de infraestructura en España.

Ambas iniciativas conforman unha revolución silenciosa, que non aparece nas primeiras páxinas dos medios pero que ten un significado cecáis máis profundo: están creando unha axenda e opinión pública. Si ben actos concretos como as folgas e manifestacións teñen a forza de visibilizar o descontento e, por tanto, modificar os umbrais de rebeldía que poden provocar cambios repentinos; a súa catalización require dun contexto previo e unha axenda posterior.

Que estos 2 medios independentes, con financiación cidadá, sexan parte do ecosistema xornalístico, só depende de nós.

Leave a Reply