Redución de escala e poder

Últimamente, non se nos fai extraño ver procesos de reducción de escala -adelgazamento- tanto no ámbito público como no privado, ben sexa en forma de recortes de servizos ou redución de plantilla. E aínda que a crise actual empañe todo, temos que recoñecernos que xa o sabíamos: este proceso non é derivado da crise, aínda que ésta o acelere.

O que me chama a atención son as medidas que se toman dependendo da distribución do poder:

  • El País anuncia o peche das edicións galega, vasca, andaluza e valenciana, botando ó redor de 140 periodistas dos 440 que dispón o xornal. Chama a atención que o xornal dispoña de case 500 directivos (tantos como traballadores!) e que os recortes se centren nos que traballan.
  • O goberno central avanza nun recorte sen precedentes do estado do benestar a costa dos cidadáns, pero non dos seus dirixentes. Somos nós cos nosos impostos os que mantemos a estructura estatal, porén, son eles os que a dirixen: “hay una legislación que favorece claramente la participación en política de los funcionarios públicos. Si se mira este Gobierno y todos los anteriores se ve una presencia de funcionarios muy superior a lo que representan en la sociedad. Eso genera un sesgo: quienes dirigen el país no son una imagen representativa de lo que es el país.”

Mentres tanto, nas cooperativas Mondragón, cando pintan bastos o adelgazamento de unha das cooperativas nos se fai a costa dos traballadores senón con eles: redución de soldos global, mobilidade inter-cooperativa, etc. E si ben é necesaria a reducción de escala por cambios no contorno, faise inevitable pensar na brutal diferencia que hai en facela dun modo ou outro.

E vénseme á cabeza o famoso discurso Tommy Douglas, Mouseland:

«The cats passed good laws–that is, laws that were good for cats. But the laws that were good for cats weren’t very good for mice.»

2 thoughts on “Redución de escala e poder”

Leave a Reply

Your email address will not be published. Required fields are marked *