Chega o Samaín, literalmente o fin do verán, festividade celta que supoñía o fin da temporada de  colleitas e era considerada o fin de ano celta. En Galicia, é tempo tamén de chorar ós mortos. A miña rutina hoxe é despertar cedo, conectar o RSS, ler as noticias. E chego a “Los médicos deben de recetar desde hoy por principio activo y no por marca comercial“. Así, gracias á necesidade económica -impulsada por Galicia, a comunidade autónoma que máis gasta en medicamentos por paciente- o impulso de xenéricos é unha realidade. ¿O principal beneficiado? As arcas do estado, que se aforrarán cerca de 2.000 millóns de euros. Pode que tamén a industria de xenéricos española. Recordo agora as primeiras charlas, anos atrás, cando Fran e máis eu comezamos a falar de propiedade intelectual, xenéricos, software libre e desenvolvemento. Cómo cambiou o mundo anos despois: o software libre xa non é un descoñecido para o mundo da cooperación e os xenéricos pasan a ser unha realidade. Dalgún modo tamén éstos son os meus mortos. Choro por eles e déixoos ir. Agora, toca dedicarse ós vivos.