Etiquetado: Dende GZ RSS Mostrar/ocultar comentarios | Atajos de teclado

  • Andrés 23:53 el 10 June, 2011 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: Dende GZ, ,   

    De mudanzas 

    Me mudo. Nos mudamos. A Vioño. Esta zona era hasta hace poco un núcleo rural dentro de la misma ciudad. Es impresionante ver las fotos de los cambios acelerados que sufrió durante los últimos 10 años. Es además, una de las zonas que más me gustan: buenas comunicaciones con servicios públicos (tren y buses urbanos), servicios de uso diario (biblio de sagrada-os mallos, supermercados, bares, centro social y de salud, etc), me permite ir andando al trabajo, etc. Y, bueno, despertase cada día sin sentir la presión del cemento al otro lado de la ventana me parece un lujazo!

    Pero no es ésta la única mudanza. El blog ha cambiado de residencia. No sólo software habita ahora un nuevo hogar, más grande, más espacioso. Que compartiré también con otros, con los que ya están y los que vendrán. Cambia también de cara: un nuevo tema que incorpora algunas ideas que me gustan mucho, por ejemplo, los comentarios en la misma página que las entradas. Espero que esto facilite seguir las conversaciones y dinamizarlas. En el frente de contenidos, también deseo realizar algunos cambios: a partir de ahora, incluiré en el blog no sólo los post más largos y reflexivos, si no también miniposts, comentarios breves o enlaces a lo twitter – servicio que dejaré de usar como canal de publicación, aunque es probable que lo mantenga abierto: me sirve como RSS de gente que no tiene o no usa su blog.

    En ambos casos faltan cosas que retocar: fotos que subir, cajas que desembalar, textos que corregir, alguna fiesta de apertura. Pero ambas han empezado ya. Hoy, 10 de Junio. Se acumula el cansancio de las últimas semanas con el que está por venir, lo que va abriéndose paso. Se avecinan tiempos ajetreados. Y felices, muy felices!

     
  • Andrés 19:05 el 8 January, 2008 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: Dende GZ, ,   

    2008: o ano do software libre 

    A raíz dun comentario do señor Carreira doume conta de que teño este blog en suspensión. O proceso foi progresivo, sen grandes aspaventos. A fenda dixital (aínda que como nos recorda este domingo Castells é principalmente educativa) tamén me afectou, pois non ter internet no fogar tamén retarda o proceso de lectura-escritura de posts no blog. Lento, pero non inexistente.

    Unido a esto está a distancia. As conversas co señor Puga na cafetería de teleco sembraban as ganas de escribir e de montar empresas tan necesarias como pouco tendentes a estar nos primeiros rankings da web 2.0 ;)

    Mais, principalmente, o proceso de suspensión sucedeu porque a día de hoxe outros proxectos acaparan toda a miña atención. Paso os días relendo (e tamén re-escribindo). Estou en “modo esponxa“: absorvo todo o que podo dos que máis saben. E tamén hai cidades que merecen ser vividas off-line, como polo momento me sucede con Coruña. Será que son recén chegado.

    Sexa como sexa o 2008 creo que será máis do mesmo destes últimos meses: máis e máis software libre. Ler, pensar, escribir e programar son as tarefas que ocuparan o meu tempo este ano. Porque o 2008, será para min o ano do software libre.

     
  • Andrés 17:07 el 18 October, 2007 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: Dende GZ, ,   

    Tu Quoque Iolanda? 

    Actualización 19 Outuibro: Calidonia tamén escribe sobre isto. E danos unha pequena colleja.
    A poucos lle sentan ben as críticas, aínda que sexan éstas humorísticas ou parodias, mera retranca galega. Pero só algúns acuden ó xulgado para que non fagan chistes sobre eles.

    Tu quoque Iolanda?

     
    • Astrea 8:28 el 18 diciembre, 2007 Enlace permanente | Responder

      Bueno,eu creo que para gustos, cores, pa cores, flores, e pa flores, jardines, cada un ten a súa visión de cada quén, a min o que non me parece normel e o acribillamento ó que está sometida Yolanda, a min persoalmente, coñecina, caeme ben, e encántame a súa obra, e non por iso vou dicir que o de difamala esteña mal..digo que está mal, porque seguro que non vos gustarñia que a vós vos fixeran o mesmo, ou si? e por outra parte, en ningún momento, polo que teño lido , ós aduaneiros se lles obrigou a pechar o local, foi decisión súa, normal que á poeta lle parecera inadecuado os contidos da páxina, non se pode agredir a ninguén gratuitamente por moita liberdade de expresión que reclamedes, unha cousa é a parodia, e outra moi distinta ensañarse con ela desa maneira.
      Tede un bo día.Unha Chairega.

  • Andrés 0:59 el 9 October, 2007 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: Dende GZ, ,   

    Piso na Coruña… searching 

    Logo dun día enteiro “de paseo” por Coruña (moi levadeiro gracias ó meu guía … gracias Quique!) non atopamos ningún sitio onde mereza a pena vivir.. se un quere conservar a saúde (física e mental). Teño ata 3 páxinas da moleskine emborronadas con números, cifras, lugares, citas. A maioría xa alquilados, os “prometedores” con esixencias dignas dunha peli dos Marx e persoaxes sacados dunha novela de Kafka.

    Lara cóntanos que en Gante non se alquila nada, que lle costou atopar piso. E creo que na Coruña non debería alquilarse.. a metade do que se alquila.

    Segue a búsqueda de piso..

     
    • Bea 1:24 el 9 octubre, 2007 Enlace permanente | Responder

      Mucho ánimo con la búsqueda! Por aquí parece que la cosa también está mal (menos mal que a nosotros nos alquila un piso la universidad!), pero en NY TODO es alquilable y exageradamente caro!

    • peregrinodelasrias 21:14 el 9 octubre, 2007 Enlace permanente | Responder

      En Burgos, bueno, se Vigo vos parecía caro, aquí máis. E a miña primeira busca foi desesperante: ningún piso digno para compartir (logo de estudiar 40 posibilidades, case todas xa alquiladas) salvo o piso no que as inquilinas non me quixeron. Pero na segunda busca, asumindo irme só e que o precio sería alto, acabei atopando tres pisos cos que incluso puiden negociar rebaixas. Consellos: non desesperar, coller pensión para 1 semana mentras se busca, comezar as chamadas dicindo “son galego, responsable, limpiño, simpático e enxeñeiro…”, buscar en taboleiros de anuncios de edificios públicos (sempre hai funcionarios buscando piso), e preparar o peto… ¡E sorte cos compañeiros e co caseiro!

    • nes 0:22 el 11 octubre, 2007 Enlace permanente | Responder

      Gracias chicos! Al final he tenido suerte y encontré un sitio donde dejarme caer muerto dignamente :D

  • Andrés 15:28 el 10 July, 2007 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: Dende GZ, ,   

    Cea e futuro en Pontevedra 

    Este domingo, Fran e máis eu tivemos a sorte de poder tomar unhas cañas con Olga e Felipe, do Laboratorio de Innovación Social.

    Foron unhas conversas moi agradables, tanto que non se me pasou pola cabeza sacar fotos (mais gracias a que Olga está en todo.. a pesar de estar en modo “baixo consumo“, temos retrato :D ). Non collín a cámara porque estaba concentrado en cada palabra que dicían, en cada historia que contaban do LIS.

    A iniciativa do Laboratorio de innovación social é algo que levo tempo seguindo e que consiste nunha serie de talleres por toda España para amosar as posibilidades dos blogs no terceiro sector. Posteriormente, os que o desexen, poden realizar un taller virtual acompañados por ambos tutores. O LIS é moi necesario, espero que todo lles vaia tan ben como se merecen.

    Pola miña parte, apuntei xa na cea algúns dos motores de futuro que me moverán a partir deste punto.

    O dito. Gracias pola cea e boa viaxe! .. x certo, a próxima vez xa sabedes: escollede autopista! ;)

     
    • Olga 20:16 el 10 julio, 2007 Enlace permanente | Responder

      Ay-ay… más o menos capto lo que nos cuentas. ¡Me encantó conoceros!… Aunque fue una pena que estaba en tal pésimo estado de… consciencia???

      Gracias por el consejo viajero jejeje… ay, qué lástima no saber gallego pa seguirte la pista!

    • nes 20:19 el 14 julio, 2007 Enlace permanente | Responder

      ei… que no sea eso el limitante… debajo de cada post tienes un enlace al mismo traducido al catalán y al español.

    • Felipe 19:19 el 16 julio, 2007 Enlace permanente | Responder

      Lo de la autopista no se nos olvida, pero sobre todo, y lo m

    • Felipe 19:21 el 16 julio, 2007 Enlace permanente | Responder

      Lo de la autopista creo que no se nos olvida, pero ante todo, y lo más importante, ojalá que haya una próxima vez.

  • Andrés 23:36 el 10 June, 2007 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: Dende GZ, ,   

    A perfeita recoluçom… 

    Un twist para ameniza-lo inicio da semana:

    é concepçom monoteísta
    pensar que existe umha só soluçom
    é um conceito banal
    o dividendo por baixo do divisor
    é umha história perdida
    a coeréncia de grande pensador
    é um debate sem limite como fazer a perfeita revoluçom
    é um debate sem limite como fazê-la perfeita.

    é muito definitivo
    umha janela tapiada na habitaçom
    é altamente agradável
    conhecer um valente que tenha valor
    de feito é habitual
    nom dizer nada novo na conversaçom
    é um debate sem limite como fazer a perfeita revoluçom
    é um debate sem limite como fazê-lo perfeito.
    levere leverelem.

    LeverelemMARFUL

    [gv data="nEcn3U37RaA" width="" height="350"][/gv]

     
    • eu 22:36 el 13 junio, 2007 Enlace permanente | Responder

      E pensar que te riches de min o dia que che pasei a ligazon do tren.. :D

    • nes 15:43 el 14 junio, 2007 Enlace permanente | Responder

      eres unha visionaria! Agora doume conta de que os dobarristas sodes o futuro.. jeje. Cuan equivocado estaba.. mais ó final conseguiches infectarme coa música gostosiña! :D

  • Andrés 1:20 el 23 May, 2007 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: Dende GZ, ,   

    Entrevista a Javi Vázquez 

    [ Actualización 23-05, 22:50h: título correxido ;) ]

    Logo da axuda da xente de AGNIX e, sobre todo, de Pedro, o master da Blogaliza, xa teño a entrevista a Javi Vázquez on-line. Javi é socio-fundador e actual desenvolvedor de negocio de IGALIA, empresa galega de software libre.

    A razón da entrevista é doble:

    • mostrar cómo dende Galicia se pode competir a nivel mundial nun campo tan complexo como o do software libre
    • denuncia-las accións que van en contra da nosa industria local e do benestar que pretendemos conseguir a través da sociedade do coñecemento

    A entrevista divídese en 4 bloques. Os seguintes:

    » IGALIA, a empresa. [00:00-14:40]

    Os 3 eixos que configuran a súa actividade: empresa de software libre, xestión cooperativa e forte tendencia á internacionalización (ver por exemplo iniciativa GMAE: IGALIA como membro fundador).

    » IGALIA e a comunidade. [14:40-23:30]

    De cómo afronta IGALIA o problema dos free riders (a traxedia dos comúns), ou qué lle devolve a empresa á comunidade. IGALIA como mumi, ou axente dinamizador na produción de software libre. Ver por exemplo Premio ó mellor PFC con soft libre e colaboración con GPUL.

    » O PEGSI e o mercado TIC galego. [23:30-31:40]

    Unha retrospectiva dende a experiencia de Javi do mercado galego das TIC e qué supón o PEGSI neste marco.

    » Os últimos pasos atrás. [31:40-50:17]

    Tamén falamos dos perigos e pasos atrás que se realizaron nestos meses e cómo iso pode influir no desenvolvemento de Galicia e no noso benestar.

    Espero a disfrutedes! :D

    [making off] Desculpade os meus excesivos tics e a rapidez coa que falo… cousas de conversar cunha persoa de alto standing! ;) Por certo, a metade da entrevista (minuto 30:50 + ou – ) tivemos que realizar un apaño, pois mentres a grabábamos sufrimos un pequeno percance co Skype. A próxima sairá mellor. [/making off]

     
    • Antón 12:56 el 23 mayo, 2007 Enlace permanente | Responder

      Moi boa a entrevista Andrés! hai que darlle difusión pq é realmente interesante.

      xa estou desexando volver á terriña a traballar, e atráeme moito a idea de montar unha empresa, pero antes teño moito que aprender aquí en Motorola. Por certo, na división onde estou as cousas serias (as que se venden) fanse con e para linux :-) , das ferramentas que uso só hai unha que non é de código aberto, de feito hai un grupo OpenSource na propia compañía. Realmente a estas alturas discutir a viabilidade (e en moitas ocasións a superioridade respecto do privativo) do software libre dende o punto de vista técnico e económico e algo, como dirías ti, arcaico.
      Por outra banda, a ver se me dá tempo para inscribir o meu PFC no concurso de Igalia :-)

      Apertas!!

    • Javivázquez 14:02 el 23 mayo, 2007 Enlace permanente | Responder

      Andrés: grazas pola entrevista! pero se eu de alto standing, como serán os de baixo… :) Ánimo e a seguir así!

      Antón: como que a ver se che da tempo a inscribilo? Home, tes que facelo! Inscribilo son so 5-10 minutos… ;) Por certo, en lugar de montar unha empresa… non che gustaría axudar empuxar unha xa iniciada? ;) Seguemos a crecer e a sumar xente ao proxecto

      unha aperta!

    • nes 18:18 el 23 mayo, 2007 Enlace permanente | Responder

      Canta razón Antón… mais sabes o que me intriga? Que da triada (aspectos técnicos, económicos e sociais)… os aspectos sociais do soft libre se deixen de lado case sempre cando se discute en círculos políticos. Sobre todo porque son decisivos para que os usuarios se apropien da solución tecnolóxica elexida. Xa sabes, empoderar, educar, dotar de liberdade.

      Algo que me gustou moito da entrevista foron as palabras últimas de Javi…

      “O que estamos a defender é unha sociedade baseada no coñecemento como actividade económica principal. Unha sociedade que desenvolva a súa calidade de vida, o seu benestar, ó redor da explotación dese coñecemento, da innovación e colaboración sobre el. E o soft libre é unha ferramenta que, de forma natural, se integra nese obxectivo, se alinea con esa estratexia para alcanzalo, porque responde a esa fórmula de colaboración e de traballo. Non é unha cuestión de defende-lo software libre, senón de defender unha sociedade baseada no coñecemento”.

      Sen dúbida unha conversa plagada de ideas clave… que tratarei de resumir en post posteriores.

      Javi, gracias de novo a vós pola cercanía… e por deixarme mostra-lo voso caso no blog. A conversa foi realmente gratificante!

  • Andrés 1:41 el 7 May, 2007 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: Dende GZ, ,   

    Un domingo no río Tambre 

    Apenas chegado á casa póñome a subi-las fotos do Proxecto Ríos.

    Guiados por Xosé “Rivers” Dixirei como maesse de ceremonias pasámo-lo domingo inspeccionando un tramo do río Tambre que temos asignado.

    O traballo consiste en elaborar unha relación da fauna e estado do río a partir dunhas táboas e fichas dadas. E acudimos á cita todo un equipo multidisciplinar: enxeñeiros químicos, industriais, forestais e de montes, unha doutoranda en física, un tecnólogo (e falo de TIC, claro), un veterinario, un periodista e unha pedagoga. Sobre todo para pasa-lo tempo xuntos, pois a tarefa era moi sinxela.

    Con esta experiencia interioricei cómo empoderar significa dotar de liberdade. Cómo a participación cidadá debe ir ligada á escalabilidade da proposta. Cómo a formación de redes precisa dos espacios informais. Ou o por que da necesidade de cultivar redes e non deseñalas.

    Resumindo, foi un domingo precioso! (sobre todo porque me quedei coa empanada :D )

     
  • Andrés 0:04 el 23 April, 2007 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: , Dende GZ, ,   

    Taller: a mañán do sábado 

    Última sesión do seminario de Novas Tecnoloxías e Comunicación. Taller realizado por Xosé Ramil, da Fundación Chandra.

    # 10:20h – 12:00h. Comezamos a sesión matinal repasando o feito o día anterior: cómo crear bitácoras e manter as estatísticas, as alertas de Google News para facer seguemento da entidade, de eventos ou palabras clave. Finalmente recórdase a creación da lista de correo para resolver dúbidas.

    (Más…)

     
  • Andrés 23:50 el 22 April, 2007 Enlace permanente | Responder
    Etiquetas: , Dende GZ, ,   

    Taller: venres, sesión tarde 

    Transcripción do seminario de novas tecnoloxías e comunicación. Venres 20 de Abril. Sesión da tarde. Facultade de dereito, USC.

    Xosé Ramil, periodista nos inicios do proxecto Vieiros, logo participa en Inicia (primeira iniciativa de PRISA en internet). Posteriormente, coordinador do proxecto Canal Solidario. Actualmente actúa como coordinador do proxecto Ekoos.org tamén da Fundación Chandra.

    (Más…)

     
c
crear nuevo post
j
siguiente post/siguiente comentario
k
anterior post/anterior comentario
r
responder
e
editar
o
mostrar/ocultar comentarios
t
ir al principio
l
ir a la página de ingreso
h
mostrar/ocultar ayuda
shift + esc
cancelar